Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Libro dixital

Google tamén terá a súa libraría electrónica

Editions, que abrirá no ano 2010, pretende ser unha alternativa "aberta" á tenda de Amazon.

Redacción - 12:40 16/10/2009

O negocio da venda de libros en formato dixital parece ter cada vez mellor futuro. Así se podería explicar o feito de que Google anunciou o lanzamento da súa propia "libraría electrónica" que, a diferenza da de Amazon, será aberta e apta para calquera lector de e-books do mercado. Google Editions estará dispoñíbel na primeira metade de 2010.

Segundo anunciou o director do departamento legal de Google, David Drummond, "o proxecto creará unha nova plataforma para os titulares dos dereitos de autor". Nun primeiro momento, terá no seu catálogo medio millón de títulos.

O anuncio, que tivo lugar na Feira do Libro de Frankfurt, serviu tamén para que Google aclarase a polémica relación actual que mantén con moitos editores pola dixitalización de libros que está a levar a cabo a compañía estadounidense. Está xa a traballar en modificar os termos dos acordos con editores no seu país, de xeito que cumpran coa lexislación. Porén, Drummond recoñeceu que no caso europeo será máis difícil e haberá que estudar cada caso segundo a lexislación estatal sobre copyright.


3.67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: