Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A última fin de semana de novembro

A Coruña terá a súa feira cultural

O Concello prepara un evento que supla a carencia de Culturgal, que a Xunta declinou organizar este ano.

Redacción - 13:23 20/10/2009

A Consellaría de Cultura da Xunta anunciou o ano pasado que A Coruña sería sede permanente de Culturgal, a feira galega das industrias culturais. Pero o novo equipo, con Roberto Varela á fronte, rexeitou financiar a feira este ano por falta de orzamento. O Concello da Coruña non se resigna a quedarse sen o seu gran evento, polo que vén de anunciar a organización dunha “festa/feira de creación cultural” para o 28 e 29 de novembro.
 
A vontade da Concellaría de Cultura da Coruña é que no evento, que terá un orzamento moito máis modesto que o do Culturgal, haxa mostras dos produtos e traballos de todos os sectores culturais: editorial, audiovisual, música, artes escénicas, etc. Ademais haberá actuacións musicais, obradoiros e representacións teatrais. A concellería quere que sexa “unha festa da que a cidadanía se sinta parte”. Para iniciar ese espírito colaborativo piden propostas para nomear a feira, que se poden enviar a cultura@coruna.es.

Desde que a Xunta confirmara en setembro que non ía organizar o Culturgal este ano, sucedéronse as críticas e as propostas alternativas. A Asociación Galega de Editores e outras asociacións dos sectores culturais xa iniciaron os estudos para crear unha Fundación Culturgal, que asuma a organización do evento nos próximos anos. E en internet creouse unha plataforma que avoga pola celebración da feira e xunta voluntarios para facela posible.


4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: