O aeroporto de Santiago recibiu un 9,2% pasaxeiros máis que hai un ano e converteuse no terceiro cun maior avance do Estado Español.
Nun contexto xeral de descenso de viaxeiros, o aeroporto de Santiago de Compostela, Lavacolla, foi o único de entre os galegos que experimentou un incremento. 159.902 persoas optaron por este terminal, un 9,2% máis que no mesmo mes de outubro do ano pasado, segundo os datos difundidos por Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA).
Ademais, Lavacolla situouse como o terceiro aeroporto do Estado Español que rexistrou un maior incremento. Só foi superado, en termos relativos, polos terminais de Reus (un 55,7% máis) e Santander (un 13,5% máis). O contexto xeral do Estado deparou un descenso do 9,3%.
Mentres, tanto Peinador (Vigo) como Alvedro (A Coruña) experimentaron unha caída no número de viaxeiros do 14,8% e do 1% respectivamente. O primeiro contabilizou 90.606 pasaxeiros no pasado mes de outubro e o segundo outros 92.702 viaxeiros.
Finalmente, se falamos de operacións, os tres aeroportos galegos rexistraron un total de 4.428 no pasado mes de outubro, das que 1.635 corresponderon a Lavacolla (un 8,6% menos); 1.389 a Alvedro (un 3,9% menos); e 1.224 a Peinador (un 17,5% menos).
Ollo, Reus e Santander son aeroportos con voos de baixo custo. Aumentemos eses voos de baixo custo en calquera dos tres aeroportos galegos e incrementará o número de pasaxeiros.
Non hai porque apostar só por Lavacolla e deixar de apostar por Alvedro e Peinador. Hai que mellorar os tres e sobre todo as comunicacións coas cidades de Galiza.
Converter Lavacolla no gran aeroporto central e internacional e mellorar as súas comunicacións ferroviarias con Santiago, Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra e tamén a Galiza rural, como teñen os grandes aeroportos internacionais e converter Alvedro e Peinador en aeroportos de voos de baixo custo, como o son o de Reus e Xirona.
BonKarallan, a realidade de Cataluña non ten nada que ver coa galega, polo que non vexo cómo se pode trasplantar o seu modelo a Galicia. Non sei por que non pode haber un só aeroporto, o de Lavacolla, pero iso si, ben comunicado co resto das cidades de Galicia. Se ti chegas desde A Coruña a Lavacolla en media hora, ¿para que queres un aeroporto en Alvedro? ¿E ti cres que Peinador é operativo tendo a 50 quilómetros o Sá Carneiro?
O feito é que na actualidade xa hai tres aeroportos operativos así que non hai motivo para eliminalos. Do mesmo xeito que se defende un aeroporto central poderíanse defender dous aeroportos na Coruña e Vigo e eliminar o de Lavacolla.
Non sobra ningún aeroporto, Vigo e A Coruña teñen potencial sufuciente como para precisar conexións rápidas cando menos con Madrid e Barcelona (e desprazarte 40 minutos até Santiago non é unha boa opción). Ademáis, mesmo se desaparecesen Peinador e Alvedro tampouco é que Lavacolla fose a ser un aeroporto xigantesco...
#3 condedecotobade, ¿e logo que facemos? ¿seguimos así? ¿Cal é a túa proposta? A miña é moi clara. ¿Como potenciamos Peinador e Alvedro? O tren de alta velocidade está aí. Non coñezo ningunha parte do mundo que teña a situación nosa. O aeroporto do Porto inclúe máis poboación que toda Galicia xunta. E agora xa andan a prolongar o metro ate Povoa do Varzim. Eses si que van ter unha boa comunicación con un único aeroprto.
Pois iso, ¿cal é a túa proposta? De momento só propós seguir así. Claro que é unha proposta, pero a min non me parece a adecuada. O tren vai dar máis dun desgusto.
O país é un desastre co minifundio, coma sempre. Tres universidades (!!!, e cada unha con sucursais noutras cidades) cando unha chega, e sobra, e xa é gasto de máis para o país. Tres aeroportos (!!!!, cando o que se debera facer é 1 aeroporto decente e apoiado, e o resto que desaparezan ou se busquen a vida sen un peso de diñeiro público), o AVE queren facer que pare en tódalas corredoiras...
Así, como de costume, nen se organiza nada ben, nen se optimizan os recursos (escasos) que temos nen puntas de ghaita...