ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fernando Gomes

O presidente do FC Porto propón unha Liga Ibérica de fútbol

A integración da súa equipa xunto co Benfica e co Sporting sería un "aliciente", mais recoñece que diminuiría o nivel do campionato portugués.

Redacción - 12:30 16/11/2009
Fernando Gomes / Foto: A Bola

Fernando Gomes / Foto: A Bola

Fernando Gomes, administrador da SAD do FC Porto, recoñeceu esta fin de semana que a integración da equipa portista, do Benfica e do Sporting nun potencial campionato ibérico seria unha idea interesante, mais recoñeceu que iso diminuiría a competitividade a nivel interno.

"Seria aliciante, do punto de vista de receitas, mais hai regras extremadamente restritivas a ese respecto no fútbol europeo. O Real Madrid recebe, por ano, 135 millóns de euros, só de dereitos televisivos. O Barcelona 125 millóns e o FC Porto, nove".

Gomes recordou que o FC Porto, polo tamaño do mercado portugués, ten inmensa dificultade en loitar cos grandes da Europa, tendo, para iso, que investir, co fin de poder rendibilizar despois en resultados.

Admitiu, porén, que un escenario deste tipo "provocaría unha diminución da competición en Portugal", e lembrou que ás equipas escocesas Celtic e Rangers impedíuselles entrar no campionato inglés.


4,44/5 (9 votos)

Comentarios (12)

MCXOSE #1 16/Novembro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se non for polos cartos, este non proporía nada. Fernando Gomes vendido!. Dígoche a ti Fernandinho: e por que non falades castelán os do Porto? Así tamén vos entendería Maradona e Florentino Pérez ¬¬... vendido hostia!

Cuevillas #2 16/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A idea non é mala. Se os equipos galegos xogan agora nunha Liga ibérica xunto a outros paises: Cataluña, Euskal Herria, España; por que Portugal non vai poder? Faríanse conferencias de prensa en moitas linguas con subtítulos para os que non entendan.
Pero como están agora as cousas, e somentes pensando nos cartos, non se pode. Primeiro porque é unha mangancha, e segundo, que a FIFA non vai querer.

Hispanico #3 16/Novembro/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#2
Hom Cuevillas! Por fim dis algo com sentidinho! Parabens!

vermelhogz #4 16/Novembro/2009 vermelhogz
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

isto é espanholismo, nao tem outra visao.
cuevillas, as equipas galegas nao compitem numa liga ibérica, compitem na Liga Espanhola de Futebol, junto doutras equipas também espanholas.
nao disfarcem a realidade.
equipas galegas? quais? u-las? que eu saiba sao equipas mais espanholas do que outra coisa.

bcngz #5 16/Novembro/2009 bcngz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A idea é inviable polo nivel paupérrimo da liga portuguesa. Además ningún país europeo fusionou a súa liga con outra. Endexamáis terá o respaldo da Federación Española de Fútbol nin sequera da Federación Portuguesa. Aos clubes españois non lles interesará nin moito menos aos siareiros.

volvebreogan #6 16/Novembro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#2 pero que subtítulos..se nunca traducen o galego e o catalán porque son dialectos do castelán e o eúscaro tamén é un dialecto non o sabíades? Galiza,Euskadi e Catalunya teñen que crear unha liga propia, e deixar tirados aos españolitos do carallo..onde irían os españois sen barça,sen athletic,sen valencia, sen depor,celta,espanyol,mallorca,villareal,real sociedad etc etc etc etc..mirade a táboa de 2ª a aver cantos equipos españolitos quedarían..BOICOT AO FÚTBOL ESPAÑOL!

que pensan que se chegan a facer o partido de Galiza-Irán en setembro con 26º non ía a estar cheo Riazor?collóns e ven grandes teñen os siareiros que foron a Riazor un 29 de decembro co frío que fixo..

trasancos #7 17/Novembro/2009 trasancos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O Camacho "falando" portugués cando era treinador do benfica: http://www.youtube....

E aqui temos a Quique Sanchez Flores falando en perfecto portugués tamén no seu paso polo Benfica(este xa directamente nin o intenta):
http://www.youtube.com/watch?v...

Unha pequena síntese linguistica do que vería sendo unha liga iberica....máis español, mais español e mais español

alveos #8 17/Novembro/2009 alveos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

os escoceses do Celtic e Rangers propuxeron o mesmo en Inglaterra, pero xa lles dixeron que nainai. Recordade, no fútbol profesional non hai sentimentalismos patriotas que vaian. O que vale é a prata. Preguntadelle ao ser superior de chamartín o que lle parece a superliga europea en plan nba de cristianos, rooneys e etoos.

Por certo, romper barreiras 'nacionais' para xogar en ligas 'foraneas' non é nada novo: cardiff city, swansea city e wrexham (todos galeses) xogan en inglaterra; berwick (inglés) xoga en escocia e o andorra xoga na terceira española...

volvebreogan #9 17/Novembro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

vou defender a camacho fronte a quique sánchez flores..alo menos intenta falar o português,vale que faino de puta pena, e nótaselle que non é moi bo coas demáis linguas pero intentao..o outro estivo non sei se un ano en Lisboa e non aprendeu anda nin intentouno..

e o que dicides todos españolismo..pero é que fronte as galaxias madriles que fracasarán 'again and again', ligas ''menores'' como a escocesa ou a portuguesa teñen que buscar outras vías para acadar o éxito,parece mentira que sexan mega-empresas deportivas e sabendo que teñen problemas de chegar aos seus obxectivos e non pensen noutras alternativas...Eu penso que a posíbel solución podería ser o modelo athletic de Bilbao, canteira e máis canteira..o Porto ten unha moi boa canteira o que pasa é que prefire sempre fichar xogadores como fai o depor e agora xa por fin non tanto o celta, que o outro día estivo dándolle un baño de fútbol ao betis nos 45 primeiros minutos con 6 canteranos, ise sí é o futuro do fútbol, e non superleague nin parvadas desas..

tranqui #10 17/Novembro/2009 tranqui
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

vaia ohm, faise un reintegrata e salelle o Gomes este con isto!

Barcelos #11 17/Novembro/2009 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Faio só por diñeiro ou che cres que Laporta sería catalanista co Barça se Guardiola non gañase o triplete e os Pujol, Xavi, Pique fosen uns mantas?

GalaicoArxentino #12 2/Decembro/2009 GalaicoArxentino
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

unha pregunta, o de liga Iberica inclue a Andorra? xa que nas cumbre iberoamericanas ten sillon, pero liga iberica non se pode; o ex presidente brasileiro da FIFA dixo que Peñarol de Montevideo e Nacional de Uruguay tiñan que integrarse na liga arxentina; unha trabucada mais grande que o rio da prata, a mesme FIFA di que non podense facer Ligas interestatais; Mexico o queria facer con eeuu; resultado: o dono do guadalajara fixo outro equipo chamado chivas nos eeuu.Non podese, so nos caso de Gran Bretaña que é un mismo estado, pero eles prefiren ter cada un a sua liga, no rugby non é así, teñen a liga inglesa e a liga celta. Ou sexa, o que quere o presidente do Porto podíase facer fai 70 anos cando Castelao dicia que tiñamos que facer unha republica federable iberica e Galiza ser a ponte para a integracion da Galiza do sur e resto de Portugal...E si mellor facemos unha liga Galeuscat? e deixamos ao "madriz" fora?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: