O auto xudicial entende que o traslado a Vigo sería un prexuízo para as menores, ao seren escolarizadas "en centros públicos con inmersión na lingua galega".
"Perigo de desarraigamento" ao matriculárense en centros públicos "cunha lingua distinta á aquela na que estiveron escolarizadas até o de agora". Este é un dos argumentos que esgrime un auto dun xulgado de Alcorcón (Madrid) para retirarlle a custodia das súas fillas a unha muller de Vigo. Así o denunciou a familia viguesa, quen lamenta que o feito de vivir en Galiza poida supoñer un impedimento para criar as nenas.
Proceso xudicial
A inaudita historia que agora denuncia esta familia iníciase cando a muller, de 45 anos e natural de Vigo, se separa do seu home, co que residía en Madrid. Nun primeiro momento, o xuíz decreta a custodia compartida. Porén, segundo denuncian, o pai deixa de facerse cargo da custodia e, por cuestións económicas e familiares, a nai decide trasladarse de novo a Galiza coas súas fillas. Dende ese momento, iniciáronse os litixios nun longo proceso xudicial, que aínda non concluíu, e que depara este auto xudicial que manda á nai das rapazas volver a Alcorcón ou ben trasladarlle ao pai a custodia.
O sorprendente é que o auto fala literalmente do prexuízo que sufrirían as pequenas ao seren escolarizadas en galego: "as menores estiveron escolarizadas dende hai moitos anos en Alcorcón para verse agora escolarizadas en centros públicos de Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega (...) que máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se apreza que teña outra utilidade práctica".
A familia, indefensa
O irmán desta muller e portavoz da familia, Manuel López Rodríguez, asegura que están a ser sometidos a "un auténtico calvario" por "querer vivir en Galiza". Acompañado do deputado nacionalista, Bieito Lobeira, compareceu diante da prensa para denunciar a situación e pedir a axuda das administracións públicas galegas. Así, xa solicitou a Xunta os pertinentes informes que demostren a integración das rapazas no seu ámbito escolar, en Vigo, onde levan xa máis dun ano.
"As nenas están perfectamente adaptadas e son felices", explicou ao tempo que subliñou que "non tiveron ningún problema co galego; é mais, a pequena sacou un 8,5 nesta materia e mesmo xa comeza a falalo". Ademais, apunta a que a maior das dúas rapazas, que este ano se enfrontará á Selectividade, está exenta do galego, polo que o feito de vivir en Galiza "non afecta de xeito ningún no seu currículo".
Pola súa parte, o BNG xa presentou unha proposición non de lei no Parlamento para que se adopten medidas que eviten este "grave caso de discriminación xudicial por razón de lingua". Bieito Lobeira cualificou a situación de "racismo lingüístico" e de "xenofobia" e puxo o acento na xurisprudencia que podería sentar este auto que "discrimina ás persoas polo feito de vivir en Galiza e polo feito de ter unha lingua propia", unha cuestión que non se tería en conta "se a denunciada se fose vivir a Zaragoza, por exemplo".
non se aprecia que o galego teña utilidade práctica????????
esto é incríbel¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
ao que non lle vexo utilidade práctica é a ser tan ignorante,ou tan malicioso
Isto é indignante. Non llelo hai que permitir. Os xuíces que dictaminaron esta sentenza son claramente racistas por razóns de lingua; que se non hai un termo que defina o racismo lingüistico haino que ir inventando porque desta xente por desgraza abunda no país dos Borbóns. Pero o importante do asunto é que nos están a discriminar a todos os galegos e galegas e a todos aqueles que se comunican en galego en todo o mundo. En Catalunya hai miles de pesoas que falan -ou entenden- galego, na Suíza, en Francia, Canarias etc etc. Isto NON SE PODE TOLERAR. É hora de facer unha manifestación, en Vigo sería o seu, na defensa da dignidade do noso idioma e desta muller e das súas fillas por optar por vivir no país dos mil ríos; no país do marisco, no país do leite, no país das castañas, no país do pan, no país do viño, no país da música, no país da troula; no país de todos nós, GALIZA. Que a respecten estes chingláns que traballan en Alcorcón de xuíces. Ou senón que traballen de camareiros no Porto ou en Lisboa, a ver se o galego só se fala "naquela comunidade autónoma". Putos racistas FACHAS españois. Putos franquistas que aínda quedades con esas pestilentes ideas; resesas e velenosas, que vos deixan a altura dos hongos. Cogomelos con toga e demais vestimentas tradicionais que só lles fai ser máis parvos. E non me importa o parvos que sexan sempre e cando respecten a Galiza a ao magno, ilustrísimo e excelso Idioma Galego.
O meu idioma. O de todos.
Nenas, vinde para Vigo, que aprenderedes dous idiomas de seu!
Isto não é o equivalente a uma sentença de prisão domiciliária???
Como é que isto é possível?
Libertação imediata da mãe e filhas!!
E logo? Sorpréndenos que chegamos a este tipo de pronuciamentos xudiciais? Éche a consecuencia do resultado eleitoral do 1 de marzo e de toda a campaña-bazofia antigalega (que tamén antigaleguista) dos meses anteriores por parte de medios nada progalegos (máis ben, nada pro nada).
Ánimo sempre á familia e a loitar en instancias xudiciais máis altas!!!
Unha última: por favor, nome, apelidos e titular de que xulgado este home?
Expulsión do xuiz do seu cargo agora!
Pode seguir "impartindo" un fulano racista e con estes xeitos, a traballar en Xustiza coma quen solta exabruptos na mesa o día de noitevella, espumante na man?
Un tipo destes, ou un que diga "no, es que la violaron porque iba provocando con un pantalón vaquero"?
Isto non é mínimamente serio.
Gustaríame ver actuar ao ministro, se iso fose técnicamente posíbel (que non sei).
Hai que botar XA a un Feijoo que non ampara a esta familia.
Hai que denunciar o acoso que sufrimos os cidadáns por parte da xudicatura fascista.
Hai que desbotar calquera colaboración con estas institucións nefandas.
Desculpade a simpleza, mas só se me ocorre isto: MANDA CARALHO!
E se a situação fosse a inversa, se o pai fosse de Vigo e a mãe levasse às filhas a um colégio de imersão linguística em castelhano em Alcorcón, o juíz também lhe retiraria a custódia?
TODOS SOMOS IGUAIS ANTE A LEI, NÃO É?
Não só é um ultraje a mãe e as filhas, também a todos os galegos e até aos próprios espanhóis.
A CRTVG, La Voz e Faro de Vigo dirán algo mañá deste caso?
"prexuízo que sufrirían as pequenas ao seren escolarizadas en galego"
Para prexuízos os que sufrín eu e moitos galegos e galegas ao escolarizarnos en castelán.
http://www.xornal.com/artigo/2...
Estaria em saber quem é esse "lumbreras" de juiz para lhe fazer chegar algúm escrito de agradecemento.
NÃO HA DUBIDAS, A CULPA É DO GALEGO.
"con inmersión nun sistema escolar en lingua galega"
En Madrid teñen un coñecemento da situación lingüística de Galicia que dá pena. Inmersión? Que máis quixeramos nós!
O que pasa é que para eles o simple feito de ter a meteria de lingua galega xa é imnersión. Eu a estes poñíaos a copiar cinco mil veces: "as linguas son unha riqueza", "as linguas son unha riqueza"....
Pero isto xa o saben, o que pasa é que se a inmersión fose en inglés...
Que xenialidade! E máis tendo en contra que o ministro de xustiza foi a unha manifestación a prol do galego hai menos dun mes.
Eu xa non sei que é a xustiza, nin que lles ensinan a este tipo de persoaxes na facultade.
Manda caralho com esse cole Os Salgueiros que se chamam Los Sauces, mas têm mergulho escolar em galego cerrado.
E isto não acaba aquí. O remate virá mais adiante. Olhem que propostas mais bonitas vai aprovar a suposta terceira força política espanhola no seu primeiro congresso o próximo fin de semana
http://www.publico.es/espana/2...
Não lhes chega com uma aplicação restritiva da constituição como faria/faz o PP. Estes querem muda-la. O nacionalismo espanhol sim que é insaciável. É possível que este partido ganhe muita força nas comunidades castelhanas e castelhanizadas, rompa o atual consenso constitucional e assim se acelere a desfeita do EE?
Acabo de decatarme de que é peor aínda, non só cuestións lingüísticas.
"en centros públicos con inmersión na lingua galega"
Se a nai tivera cartos para escolarizar ás súas fillas en centros privados, segundo a sentencia, estaría resolto o problema...
Este xuíz é un perfecxto ignorante, por unha banda as nenas non perden en absoluto o dominio do idioma no que se educaron que é o castelán, en Vigo poden falar o castelán sen problema algún, idioma dominante nesa cidade como todos sabemos. E por outra banda, cando di "...máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se apreza que teña outra utilidade práctica" non debe ter nin idea do próximo que esta o galego do portugués, o que lles permitirá ás rapazas poder comunicarse con uns 200 millóns de persoas máis.
Así que para este xuíz saber unha lingua máis supón un desarraigo, un sistema escolar onde (teóricamente) a metade das materias se imparten en lingua galego e a outra metade en lingua castelá chámase "inmersión en galego". Cando dicia Einstein que "é mais doado rachar un átomo que un prexuízo", e que "a estupidez humana e mais o universo non teñen límites, aínda que desto último tiña dubidas", debía estar pensando en persoas como este xuíz
Se a matriculase nunha escola que só ensinase en inglés non só non lle retiraría a custodia, senón que lle darían unha bolsa.
Estes deAlcorcón, como lle gañaron ao Madrid xa se cren que teñen dereito de "pernada".
Este xuíz, o que é, é amigo do ex-marido. Seguro que van de caza os dous, co xuíz Garzón.
#19, nao nos enganemos com isso de que O JUIZ FASCISTA E ASNO "non debe ter nin idea do próximo que esta o galego do portugués", qual foi a ideologia linguistica AQUI dominante desde a criação em 1971 do ILG? A de que nada têm que ver.
ESSE JUIZ DEVE DEMITIR-SE OU AQUI DEVERIA ARMAR-SE UMA BOA. ONDE PSdG e PPdG?
En Madrid ben se sabe que de estar tanto tempo ao sol quedoulles a cabeza atrofiada. O peor é cas rapazas acabarán igual de atrofiadas ca maioría de homínidos salvaxes que pacen por esas terras
Pois eu penso que as nenas, dado que teñen a oportunidade, van vivir moito mellor en Galicia ca na estepa castelá, onde non hai nada, lonxe da natureza, do verde, do mar, e da paz.
E ademais, outro factor favorable a que vivan aquí é que serán bilingues cordiais.
Dende logo aquel que diga que van estar mellor en Alcorcón ca en Galicia ten moi pouco sentidiño ou moita envexa. Ambas cousas moi malas nun xuíz.
Pouco se pode esperar dunha xustiza representada por estes individuos, non esquezamos ao respetable Fraga Mandián aquí na Coruña.
Se tivésemos un goberno galego digno de tal nome estaría xa nos medios poñendo a parir a este señor. Pero como o Feijoo quere facer carreira en Madrid, ten que estar calado.
racistas, fascistas e paletos, nem sabem outra lingua que não seja o espanhol
Como con xente mesetaria non se pode discutir por mor da súa escasa capacidade craneal e cerebral no tema lingüístico, hai que pasar aos feitos: denunciar ao xuíz diante do tribunal constitucional chegando ao supremo se fai falla; e empezar a xuntar sinaturas e movilizar a todo o nacionalismo. Averiguar tamén a direción do xuíz. Se a nai non vivirá tranquila sen a súa filla, o xuíz non poderá ter tranquilidade na súa. Algunha pintada na casa, ou que lle falte algún fillo do xuíz algunhas horas non estaría mal para comezar.
Isto é totalmente inadmissível e humilhante para tod@s os galeg@s. Não pode, nem muitíssimo menos, ficar assim. São precisas medidas urgentes.
Que vergonha.
Já dizia Castelao, vai três quartos de século: "¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!"
que vergoña!! que asco! bahh. Eu viñen por motivos estudantís a Valladolid nunha inmersión en castelán e non veño con memeces a protestar. Na Galiza en galego! Que problema hai?
vergonha!! isto nom pode quedar assim. Os Bieitos Lobeiras do parlamento que se molhem e que alçem a voz quanto mas alto milhor,que som os únicos(junto tod@s nos) que podem facer um pouco de ruído. isto ja é humilhaçom. manifestaçom de solidariedade em Vigo!
E esta sentenza nom seria recurrível ó constitucional por lesionar os dereitos inalienavéis da persona???????????
O meretíssimo paspalho já tem nome, Alejandro José Galán Rodríguez, O Faro dá a notícia fora da primeira página em "galicia"
http://www.farodevigo.es/galic...
Outro Ferrín Calamita máis.
Agora toca recurso. Case con toda seguridade anularán a resolución deste individuo.
O peor, é que na adxudicatura haxa xente con tal cantidade de prepotencia, prexuicos e descoñecemento da realidade da España non mesetaria-monolingüe.
O "auto", segundo parece, não tem nem pés nem rabo: Afirmar o que afirma o Galán esse acarreta simplesmente não só a violação de direitos fundamentais, como a livre circulação das pessoas, mas sobretudo a negação do ordenamento legal bourbónico (= espaÑol), em cujo nome ele dita o "auto". Vem a dizer o Galán esse que neste reino não existe legalidade nem, portanto, segurança jurídica, já que nas "Autonomías", na CAG, essa legalidade não é respeitada, ao impedir (na sua fantasia, com certeza) o cumprimento do art. 3.º da virginal "Constitución espaÑola".
Sinceramente, assim, de fora, o Galán nada tem de Galán e sim de pailão. Mas... é juiz independente!!!!
Ils sont fous ces Espagnols! (R. Goscinny)
so direi unha cousa
unhas cantas explosions e o que precisan istes de madrizzz
@karrabouxo: o teu comentario está absolutamente fóra de lugar e deberíaste desculpar
Polo demais, eu tamén quedei atónito coa ignorancia extrema da que fai gala xente que en teoría debería ser culta e provista dunha boa capacidade de raciocinio. Só espero que a sentenza poida ser revogada en instancias superiores.
"..Máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se apreza que (o idioma galego) teña outra utilidade práctica".. Ja!.. E logo o Brasil, membro salientábel do feixe de nacións emerxentes, alcumado polo acrónimo "BRIC" (tirado das iniciais de Brasil, India, China e Rusia), cuxo produto interno bruto xa é superior ao do Estado Español e se sitúa xa entre os nove meirandes PIB das nacións do mundo, en qué idioma ven falando, e en qué idioma vén facendo negocios?..
Xa postos a facer xurisdicción do que non son máis cuns prexuízos políticos xenófobos e un chisco imperialistas rancios, da variedade 'una grande libre', lembrarlle a ista señoría de Alcorcón non só o notoriamente inxusto, e dunha parcialidade SECTARIA, que vén sendo con "sentencias" da Xustiza (?) que vén de promulgar, tan claramente discriminatoria en base á lingua que fala unha das partes do pleito, senon que tamén, coma cidadán opina cun descoñecemento cultural e coa "finura" inteletual propia do que no meu país, Galicia, alcumamos con toda Xustiza (!) coma UN MARULO INTEGRAL..
Recurso xurídico xa, diante de semellante inxustiza e intolerábel aldraxe!.
E quero engadir que tamén creo que o dos "estoupidos" vén estando fóra de lugar, por completo, nun debate coma este, ónde os dereitos individuais máis básicos veñen de ser aldraxados dun xeito tan evidente..
"Utilidades prácticas", señoría?.
outra bastante rentábel, do idioma de Castelao, Mendinho, Curros, Rosalía, Cunqueiro e O' Rivas, que lle lembraría á señoría de Alcorcón: a de intermediario, negociador, representante ou sinxelo tradutor de Repsol, ou Cepsa, ou mesmo a empresa petroleira de Manuel Jove, perante autoridades políticas da 4ª potencia petrolífera do mundo, a república Popular de Angola.
deixadevos de patrañas, isto é o que hai e punto. Os españois son así, os españois chámanlle dialecto ao eúscaro, ao galego e mais ao catalán, os españois falan de que inventamos a historia e de que ''os nacionalismos periféricos'' apareceron a finais do século XIX e s.XX sobre todo, os españois din que a patria española naceu coa guerra de independencia contra os franceses, e de que ESPAÑA, esa gran nación que nunca tivo imperio naceu da unión de dúas coroas, porén, logo de escoitar isto eu pregúntovos...que esperades??
É unha vergonza? sí, é inxusto? sí, moito e seguro que esa nai estano a pasar moi mal, pero estas cousas son normais para eles, porque nós ''os diferentes'', os que queremos destruír ESPAÑA non somos máis que uns integristas radicais que defenden cousas inventadas e que tentan vivir do ''pasado'' e de aproveitarnos da riqueza de ESPAÑA, entón riqueza?,pasado?integristas?; El Mundo,la Cope,Conferencia Episcopal,Antena 3,Marca,Telecinco,PP,UPyD e a máis grave de todas..non superaron o franquismo e sabedes porque? porque eles con Franco vivían moi moi ben, e non falo por falar porque eu vivo en España.
Esixo unha comparecencia do Ministro Caamaña, que como ben se comentou máis arriba, estivo hai un mes nunha manifestación a prol do galego.
Isto fai supoñer que el admite que o galego ten máis utilidade a fins prácticos da que lle quere dar este xuíz, que é facha e ó mesmo tempo ignorante, na miña opinión.
Algúns galegos estamos fartos de que nos desprecen dentro e fóra da nosa terra.
Ao segador que sega nos Biosbardos:
O galego para a intimidade, não é? Pois escuta rapaz, o galego não é uma língua familiar, senão é uma língua social, social da sociedade na que se vive (e convive), porque se tu e os teus pais, irmãos, parentes e amigos que vivem na Galiza só falásseis Sânscrito, possivelmente os problemas de interrelação com os vossos vizinhos seriam importantes e as vossas vidas um tanto autistas.
Se calhar tu pensas como o juíz madrilenho, GBs e demais atrofiados, e pretenderíeis que fóssemos nós quem aprendamos o sânscrito em vez de vós o galego...
No que levas toda a razão é em que o juíz amais de xenófobo é mentireiro, pois a imersão linguística em galego na Galiza não existe. E sabe-o. Mas nem o mínimo contacto com "lenguas menores" admitem.
Também é coerente incorporar os foguetes valenciãos à tua festa, meu querido blavero. Esse valencià de seu que ajuda a entender o catalão...que inveja!!!
A mim a minha língua tem-me sido muito útil fora das fronteiras galegas. Bem mais que o castelhano. Palavra!!!
E ao juíz de Alcorcón também lhe teria sido útil, ainda que só fosse para saber dizer «shit» em inglês.
Bravo! Discriminación cultural e por sexo todo nunha sentencia. É sempre a mesma historia: un estado patriarcal prescribe a cultura "preferible" e castiga a decisión persoal dunha muller. Gustaríame saber o grao de misoxinia do xuíz. Iso de quitar custodias por razóns tan ambigüas recórdame aos vellos tempos, nos que as mulleres non tiñan dereito ningún sobre os seus fillos. E o da lingua, igual. Limitar a mobilidade dun cidadán desta maneira significa 1º) negarlle a unha muller a empezar unha vida nova lonxe do seu marido (se se trasladou sería por algo) e 2º) negar rotundamente a riqueza cultural. Por favor, que se abra xa un debate sincero sobre as culturas do estado español, isto é unha vergonza e un acto de violencia contra a liberdade persoal.
Penso que o xuíz emitiu dito auto o día que o Alcorcón lle meteu 4 ao Real Madrid. Ese día estaba borracho como unha cubav e estabao celebrando co ex-marido da nai das nenas.
¡Viva o Alcorcón C.F.!
Ben, e agora cando quedamos en Vigo para manifestarnos na defensa do noso idioma e desa nai e fillas???! FALO EN SERIO.
Valámonos de interrede e de Vieiros para facer algo.
Quen se apunta???!!!
...
#45. Concordo. Acho que seria mais operativo que fosse alguma das múltiplas plataformas em defesa da língua quem propusera uma data para a convocatória, já que tanto se apela ultimamente à unidade na defesa do idioma.
Se esta convocatória não se produz num breve período de tempo (3-4 dias), serei o primeiro em ir-me manifestar na data que se acorde no foro. Opino que se na vindoura segunda-feira, dia 23, não há propostas de datas para manifestação, será o momento de falarmos de datas no foro de Vieiros.
#46 ANGR, Eu vivo a uns 100 km. do Vigo, pero vou sen ningún tipo de preámbulo. E virá comigo probabelmente a miña parella. Ou sexa que se imos nós os tres xa podemos aguantar un cartaz de tres metros de longo por un de alto (+ -).
Se se van decidindo algúns "foristas" máis, benvidos! A ver se nos xuntamos polo menos dúas ducias de persoas. Sirvámonos desta ferramenta que é interrede e os foros!. Eu na finde podo ir sen problema, pois non traballo. E ademais aproveito para ir a unha tenda de produtos ecolóxicos que hai no Vigo para mercar unhas cousas (se non imos domingo; e se non non pasa nada).
Em (#35) Biosbardos ousa afirmar: «... De todalas formas sego sen ver o interés en demostra-la practicidade da lingua galega fora das fronteiras galegas e como dixen nas respectivas zonas asturians e castelanas,...»
...
COM.- Segue o que segue, segador, está a evidenciar que o seu é segar o galego, como o juiz Galán esse.
Se o reino bourbónico não impedisse que os galegos conheçam bem a sua língua, hoje todos saberiam que o Galego é língua extensa e útil no mundo. Mas o reino, que tanta propaganda faz do seu "español", mantém na ignorância... Pior, faz com que os galegos ignorem as possibilidades e valores da sua língua e cultura.
se de verdade o sistema xudicial no estado español é ¿XUSTO? e ¿LEXÍTIMO? e ¿LEGAL? este xuíz será INHABILITADO das súas funcións por cometer un acto ANTICONSTITUCIONAL, pois a constitución vixente di que ningún cidadán do estado será discriminado por razóns de LINGUA, relixión, ideoloxía... e tamén di que as outras linguas do estado (Galego, Euskera e Catalán) serán de especial protección e promoverase o uso destas, en tódolos organismos do estado. Non obstante, agardo que o poder xudicial tome as pertinentes medidas e Inhabilite a este xuíz, pois estas persoas que non saben diferenciar entre o que eles consideren e o que realmente teñan que facer non valen para desempeñar un traballo de semellante importancia, pois están xogando co futuro dunha familia. Ademais, o impresentable e retrógado xuíz, debe saber que cantas máis linguas coñezan as rapazas, mellor poderán comprende-la diversidade deste mundo.
http://www.senpelosnalingua.ni...
PERO NINGUÉN QUERE/SE VAI MANIFESTAR EN VIGO???!
Biosbardos, agradeço muito o esforço que fazes por me compreender, ora como bom lambuças que sou, nunca tenho suficiente. Quando terminares de vindimar, não estaria demais que colhas um manual de galego (na normativa que for, até na AGAL) e lhe pegaras uma visual. Daria-me por satisfeito só com que soubesses a diferença entre «te servise» e «che servise».
Eu tenho de reconhecer que também tive as minhas dificuldades para compreender o que escreves: sego (sigo), axunto (assunto), asturians (asturianas), castelanas (castelhanas/castelãs/castelás), ningún (ninguém), avergonza (avergonha/envergonha),... sem contar as gralhas na acentuação, na colocação do pronome, nem os castelhanismos admitidos pela RAG. Mas já ves, a pesar de eu falar um idioma estrangeiro diferente do teu, podemo-nos comunicar. Incrível, não achas?
Também concordo em que de não existir o [português = galego = galego-português = brasileiro = ...] estaria a falar castrapo ou diretamente castelhano. Mas não é o caso, e o galego, também chamado português, ainda existe, como podes comprovar.
Também não sei se tranoitas muito ou pouco (se queres um conselho, desfruta quantas noites de prazer resistas), nem sequer se falas castrapo, pois não tenho o prazer de te ouvir falar. Só podo afirmar que não sabes escrever corretamente em nenhuma normativa (nem sequer na RAG). Isso deveria, quanto menos incomodar-te, pois o analfabetismo (parcial ou total) fecha muitas portas.
Saudações.
PS: Quando esteja pronto o vinho novo, não esqueças dar a prova.
Deberían pedir ao xuiz aclaración de sentenza, máis que nada no que se refire a "utilidade" porque postos a ser finos, qué utilidade ten o castelán en si? e o francés? e o inglés?
Como se mide eso? Por número de falantes? Pola renta per cápita deses falantes? Polas estacións de metro que hai nas cidades con lingua x? Esto dá que pensar, porque postos a falar de "utilidades" os islandeses non deberían aprender islandés, nin os fineses suomi nin o xudeos hebreo,por que, fóra deles, quén o fala? Non sei, que llo propoñan, a ver que opinan..,.
Dicía o meu antigo profesor de literatura e escritor Xosé Agrelo Hermo que a cousa que máis o sorprendera na vida fora ver nunha viaxe á Coruña a un pobre falando castelán. Dubido que a chave do éxito neste mundo sexa falar unha lingua ou outra.