Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Mufest 2009

"Bloqueo" gaña o Festival de Cinema Feito por Mulleres

Convidámolos a ver a peza audiovisual que recibiu o primeiro premio do certame organizado pola asociación Andaina.

Redacción - 11:25 23/11/2009

Bloqueo, a historia dunha moza atrapada nun sistema burocrático "case tan surrealista como o que vivimos", dirixida por Margherita Morello e protagonizada por Rula Blanco e Loli Barbazán, levou o primeiro premio do Festival de Cine Feito por Mulleres, MUFEST, organizado pola Asociación Andaina de Mulleres a pasada fin de semana.

O segundo premio foi para Bata por fóra, muller por dentro, de Claudia Brenlla. E o terceiro galardón levouno 5 Recuerdos, de Oriana Alcaine e Alejandra Márquez. Ademais e, subliñando o "nivel e calidade" das obras recibidas, o xurado decidiu outorgar dúas mencións especiais ás obras Deconstruction of Memory, de Ramona Rodríguez e Tómate o teu tempo, de Sabela Pernas.

Poden ver ao completo a produción gañadora no espazo en Vimeo de Oroboro Films: Bloqueo.


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tráiler de "Bloqueo", de Margherita Morello, gañadora de MUFEST

Fotograma de "Bata por fóra, muller por dentro", segundo premio no MUFEST
Fotograma de "Bata por fóra, muller por dentro", segundo premio no MUFEST