Unhas xornadas repasan este martes e mércores en Pontevedra a evolución do noso cinema dende a estrea das tres primeiras longametraxes galegas de ficción. Vídeos no interior.
Fotograma de 'Urxa'
20 anos despois da estrea das tres primeiras longametraxes galegas de ficción, Continental, Sempre Xonxa e Urxa, organízanse unhas xornadas de reflexión sobre a evolución da cinematografía do país na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
O evento '20 anos de Cinegalicia' desenvolverase entre este martes e mércores. O crítico Miguel Anxo Fernández abrirá as sesións, cunha intervención sobre 'Cinegalicia, a posta en valor da cinematografía galega'. Fernández coordina as xornadas, xunto a Fortunato Rodríguez, e fora comisario da exposición que lles dá nome ás xornadas.
A proxección dos tres filmes será unha das partes fundamentais do programa, acompañadas de presentacións previas. Así, Continental, de Xavier Villaverde, estará presentada polo seu propio director e mais o coguionista Raúl Veiga; Alfredo García Pinal e Carlos A. L. Piñeiro farán o mesmo coa súa obra Urxa, mentres que Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa, daralle paso ao filme, en ausencia do finado director Chano Piñeiro.
Pepe Coira e Eduardo Galán, xunto con Raúl Veiga, intervirán no panel 'Vinte anos despois de Galicia'. O programa complétano os coloquios 'Outros formatos', 'Tres óperas primas en Cinegalicia', 'Cinegalicia, comeza a produción de longametraxes' e 'Realizadores galegos cara ao futuro'.
sempre me chamou a atención que, no caso de urxa, nadie reclamase as coincidencias entre o guión e a narración cortaziana el ídolo de las cícladas. ahora que o penso, e tendo en conta que vín o filme fai eses vinte anos dos que se fala arriba, até creo que o mentado guión visitaba con alegría e fruición outros lugares comúns da literatura e do saber popular que entonces recoñecín ( non sei si máis cortázar incluído ) e ahora non recordo con claridade.
moito cambiaron as cousas nestes asuntos dos dereitos de autor dende aquela época: a boa de anarrosa fusilou aquela cursilería por culpa dun colaborador sen escrúpulos, o finado rei do pop inspirouse vagamente nunha núa melodía de al bano dando como resultado que os seis primeiros compases son curiosamente idénticos entre ambas cancións e o mismísimo premio nóbel cela cargou ca cruz de san andrés de maricarmen formoso, non fose que ésta cansase. ahora ben, todo empequenece ao lado das cuitas de xavier alcalá logo do birbiloque de transformala cárcere verde no contra el tiempo ante o que tamén se parte o peito ángeles caso e o séu flamante premioplanetadoscenquilos.
será que a estas alturas de realife xa se nos tupiu a inventiva?