Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN OURENSE

Primeiros movementos para suceder a Baltar

O alcalde de Verín, Xoán Manuel Jiménez, non descarta encabezar unha lista alternativa á do fillo do aínda presidente.

Redacción - 11:00 17/12/2009

A pouco máis dun mes para a celebración do Congreso Provincial do Partido Popular (PP) de Ourense e coa confirmación de que Xosé Luís Baltar non será candidato, os diferentes alcaldes comezan a posicionarse e xa se albiscan algúns movementos de oposición a Baltar Blanco, até o de agora único candidato confirmado.

O alcalde de Verín, Xoán Manuel Jiménez Morán asegurou que "non descarta encabezar unha lista alternativa a Xosé Manuel Baltar Blanco" e considerou que "sería bo que houbese máis dun candidato para a elección". Con todo, subliñou que "haberá que agardar até o vindeiro luns para ver se oficializa algunha outra candidatura" e recoñeceu que xa recibiu o alento de algúns compañeiros de partido para presentarse: "sempre hai quen te anime", dixo.

Baltar Blanco avisa aos críticos
Pola súa parte, o fillo do actual presidente da Deputación, Xosé Manuel Baltar Blanco, confirmou a súa candidatura para suceder ao presidente provincial popular. Admitiu que xa empezou a recadar avais para a súa candidatura e lanzou unha mensaxe crítica co "baltarismo": "se existen críticos agora teñen a oportunidade de organizárense e presentárense, como xa a tiveron antes", advertiu.

Sinalou que "neste proceso non hai presións", senón que "é absolutamente libre" e considerou positivo que haxa outras candidaturas argumentando que "cantas máis propostas mellor para enriquecer ao PP de Ourense". Ao tempo garantiu que a súa "terá forza e potencia".

Mentres, outro dos destacados membros do Partido Popular, o ex-presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, amosou o seu apoio ao fillo do que fora o seu homónimo en Ourense. "Xosé Manuel Baltar ten o mesmo dereito que calquera outro a presentarse para presidir o PP ourensán e relevar así ao seu pai", dixo.


Ligazóns

3.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: