O novo decreto sobre o galego no ensino estabelece que os pais voten en que lingua queren as aulas de Infantil. En Primaria e Secundaria nais e pais elixirán a lingua para cada materia co límite dun terzo para galego, castelán e inglés.
Ao Goberno case lle dan as uvas antes de presentar o decreto de linguas para o ensino non universitario. O presidente do Goberno, Alberto Núñez Feijoo, fixo pública a súa proposta perto das oito da tarde. Na tribuna da sala de prensa, á súa dereita, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Sentado entre os xornalistas, nun segundo plano, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
As intencións do executivo xa son públicas. Dende había semanas as filtracións falaban dun modelo de “tres terzos” (galego, castelán e inglés) e así é o modelo que se presentou este mércores. Porén, a principal e substantiva sorpresa foi a participación dos pais na elección do idioma para cada materia. E aí, tanto presidente coma conselleiro fixeron especial fincapé: “Por primeira vez dáselle voz ás familias para que inflúan coa súa opinión”.
Pero como e que decidirán os pais?
Os pais decidirán en votación cal vai ser o modelo lingüístico do centro escolar. Iso farase no momento de formalizar a matrícula. No Ensino Infantil a consulta será anual mentres que no resto dos niveis a elección terá lugar cada catro anos.
-Ensino Infantil (0-5 anos): Os pais decidirán cal será a lingua vehicular nas aulas.
-Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato: As familias escollerán o idioma das materias na proporción dos terzos. No caso de Primaria, Matemáticas e Sociais non poderán ser as dúas impartidas no mesmo idioma (unha terá que ser obrigatoriamente en galego e outra en castelán).
-FP: Cada centro garantirá “a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais”
Que pasa cando non hai profesores con competencia suficiente en inglés?
En caso de que os centros non poidan ofertar un terzo das materias en inglés, os consellos escolares elixirán as materias dese cupo de xeito proporcional entre galego e castelán.
“Pasamos dun modelo monolingüe a un trilingüe”
Feijoo levaba estudada a intervención diante dos medios. O presidente fixo fincapé na idea de que fronte a “imposición” o novo decreto pretende levar a “normalidade da rúa” ás aulas. Para el, o decreto logra a cadratura do círculo e pode ser un modelo a moi longo prazo. Segundo Feijoo, a proposta do Goberno ofrece catro “garantías esenciais”: “equilibrio total entre galego e castelán e introdución dunha terceira lingua”; que os alumnos se poidan expresar nas aulas en calquera das dúas linguas oficiais; que os pais teñan capacidade de decisión; mesma competencia entre galego e castelán ao remate de cada etapa.
Pola súa parte, Vázquez insistiu en que para elaborar o borrador do decreto tívose moi en conta a consulta que impulsou hai meses Educación. Como novidade adiantou que se establezerán mecanismos para que os pais e nais do alumnado participen nas actividades dos equipos de normalización de cada centro.
Tempo de consulta
Feijoo reiterou que nas vindeiras horas váiselle remitir o borrador ás forzas políticas con presenza no Parlamento, á Real Academia e ao Consello da Cultura. Segundo el, é hora dun esforzo para evitar situacións de conflito e lograr “un decreto de todos”.
E seguimos co tema da imposición....a parte de ignorantes, sodes repetitivos. Se queredes acabar co galego, ou vos avergoñades, decideo claramente. Que hipócritas.
Pela derrogação do artigo 3 da Constituição espanhola: NÃO QUEREMOS TER A OBRIGA DE SABER EJPAÑOL.
ESPANHÓIS GO HOME!!
Uxio:
Por qué carai falas sempre en nome dos galegos?
Ademáis, todos os teus párrafos feden a consigna barata.
Ti o que estás é completamente asimilado ideolóxicamente a un españolismo de pacotilla, localista e trapalleiro.
Olla, éche o español (e as súas ideoloxías) o que nos manten aos galegos nesta mediocridade mental que ti habitas con tanto orgullo.
#4, non lle deas tanta caña ao rapaz, xa bastante ten con que nin en fin de ano lle dean vacacións no PP
A PUTA RÚA!!, A PROTESTAR!!, BERRAR!!, NOM PODEMOS DEIXAR QUE ESTOS NOXENTOS FILHOS DA GRANDE PUTA FASCISTAS OPUSINOS, EXTERMINEM O NOSO IDIOMA MILENARIO DO POBO GALEGO.
A PUTA RÚA EN XANEIRO XA!! NAS VILAS, POBOS CIDADES...PAREMOS O EXTERMINIO
A PUTA RÚA XA TODOS E TODAS!!!
Consenso Uxío? que consenso? o de PP + UPyD + Ciudadanos + Falanjes varias? chamaslle a iso recuperar o consenso? Desde logo hai que ler cada cousa!
sempre digo, e nunca cansarei, de dicir, que a nosa loita comeza polos nosos filhos. por ensinarenlle a nosa cultura e tamén os prexuizos dos que moitos que viven na Galiza tenhen contra ela. O saír a rúa está ben, pero a loita ten que xerminar dende a casa, e dende o berce.
Uxio: eres igualiño que o teu partido. Si tanto pensa o Partido Podre, que hay imposición do Galego, como dis ti, porque o teu partido fai a xuntanza no nadal?. Non dixeron que gañaron as elección por a imposición do Galego dos nacionalistas?, que axente non quere imposicions. Pois Non entendo porque ten medo a reacción da xente. Non sei porque ti fas o chamamento en Vieiros, para decir a xente que o Partido Podre, va recuperar a liberdade para todos nos e non van a deixar que impoñan o Galego. Non tes porque ter medo, que a xente esta a prol de ti, que a xente está a prol da liberdade.
Quizaves é unha grande tristura que algúen, rebrido, que se fai chamar "Uxío", utilice o concepto de " imposición do galego" cando aos meus pais, inda no 1981, non os deixaban rexistrarme con ese nome... por ser un nome galego
Seguro que o teu nick non é verdadeiro....
E unha vergoña o que está facer Feijoo, fuxindo da xente dun lado para outro, aprobando un decreto en plenas vacacións de Nadal e todo para arrastrarse diante dos amos de Madrid.
A sociedade galega ten que espertar e ir decididamente cara o soberanismo e a independencia, para deixar de lado todo estes escravos patéticos.
10: Non, este "Uxio Villamar" éche un bilingue destes que nos seus ratos libres vaille de troll nos foros galeguistas adoitando diferentes personalidades políticas...
Que noxo das pailán!
uxiovillamar:"...O decreto cumprirá co compromiso de Feijóo de convertir o galego en nexo entre habitantes e non como elemento de confrontación".
Pois mal vamos, se o primeiro que facemos e quitarlle galóns a prol do castelán...para que sexa nexo de unión,teremos que coñecelo e utilizalo na vida diaria e se Gloria Lago dedcide "que los nenes de los coles de Vigo no lo aprendan" non sei eu que nexo de unión van ter estes cos nenos do meu pobo que falan galego porque o mamaron.
Eugenio,compañeiro,vai face-la cea para mañá e ponte tranquilo, que de tanto falar de imposición ao final va-lo crer e ainda vas ter unha desgraza....bo ano
Dani meralho,
Dis bem, a loita tem que xerminar dende a casa e dende o berce, ok, pero nestes intres hai que respostar as agresións desta mafia antigalega, na rúa, porque se deixamos que a PUTA REALIDADE DO NOSO POBO, nola conten a tvg, a coz de galicia, correo gallego, etc IMOS VOS DE CARALHO...POR QUE ESTES XORNAIS INDA QUE MINTAN E MANIPULEM, TEÑEM MOITOS BORREGUINHOS QUE SE CREN TODO SEM PESTANHEAR, E LAMENTABELMENTE CREAN OPINIOM, ou como cres que ganharom as eleccións os ultrahabichuelas?, ti cres que forom polos bífidos do GB, pois nom, foi a campanha da coz e dos medios ultramadrilenhos entre outros, que calau entre os borreguinhos anteriormente mencionados.
A loita está na rúa, internet, asociacións, movilizacións...HAI QUE DESENMASCARAR A ESTOS ULTRAS...
ÁNIMO E A LOITAR!!, A PUTA RÚA!!, NIM UN PASO ATRAS!!...TENHEN O PODER NÓS A RAZÓM. A D I A N T E !!!!!! (vou beber un grolinho de auga,pertas)
a participación foi moi boa, a ver se dan os datos,pero para seren convocada así case que de un día para outro había bastante xente..
orguio galego!!
Se queremos unha sociedade realmente bilingüe débese potenciar activamente o uso do galego, por suposto dende a liberdade de cada un de falar no idioma que queira, pero con compromiso. Se existe algún idioma no Mundo que endexamáis intentou aniquilar a outro e sempre foi respetuoso ese foi o galego e os galegofalantes.
Eu son castelanfalante debido ó meu entorno (vivo fora de Galicia), pero por enriba de calqueira matiz ideolóxico a defensa da lingua e cultura galegas SEMPRE.
Na miña opinión o "conflicto lingüístico" foi un invento de certos sectores sociais, e de habelo para min serían dous:
- Sangría e perda constante de galegofalantes, perda do prestixio natural que lle corresponde ó galego. Moitos rapaces hoxe en día non o saben usar correctamente.
- A vergoña das clases de inglés: Todos os que estudamos no ensino galego pasamos anos e anos estudando inglés e saimos do Bacharelato sen saber falalo.
Isto, aínda que moitos queirannos enganar, non é normal. Así que adiante, defender o Galego é defender a Liberdade !
A concentração / manifestação desta tarde teve um grande valor pelo seu caráter unitário. Não toda a gente que foi ao Obradoiro e a São Caetano o fez por concordar com a plataforma "queremos galego"; ali havia académicos da Academia Galega da Língua Portuguesa que não tinham problema em estarem ao lado de académicos da RAG. Ali estavam os membros da plataforma cívica "Sei o que nos figestes nos últimos 525 anos"; gentes de toda a Galiza que, apesar das condições climáticas e do escasso tempo da convocatória, foram por milhares a defenderem a nossa língua própria e comum, sim, comum de todos os Galegos, dos que a falam e também dos que não a falando sentem que forma parte do seu património cultural.
Non a imposición da asignatura de física, nin a de matemáticas e historia. Os pais pedimos libertade para opinar e quitarlles os traballos aos pedagogos, asemade tamén pedimos libertade para poder ter un consultorio médico, o que queira vir que veña. E xa por último e amparándome nesa verba tan fermosa, pedimos libertade para darlle uns latigazos a quen non pense coma nós. Ante todo libertade.....
Cando eu estudaba a cota do galego tamén estaba no 33% e impartíanse en galego a asignatura de galego e moi rara vez algunha outra, por iniciativa propia do profesor. Este modus operandi supoño que se manterá.
De tódolos xeitos isto non ten pés nin cabeza, se hai 10 materias por curso, e se dan 4 nun idioma, 3 noutro e as outras 3 noutro, incumpriríase o decreto en dous casos. Se os pais votan dar en galego historia e resulta que o profesor é de Valladolid e non ten idea de falar galego, que pasaría*?
Que porcentaxe de profesores están capacitados para dar a materia en inglés? Un 33% (nin de coña)? Podería darse o caso de que un dos poucos profesores que soubera inglés fora designado polos pais para dar as clases en galego sen saber falalo ou escribilo. Que pasaría entón*?
*Que se impartiría a clase en castelán.
cando os pais que queren cos seus filhos estuden en galego os deixen sen escolarizar, entón irán pra atrás con toda a desfeita que esta facendo o parvo do Feijoo.
Vexamos: 1/3 das aulas en Galego, outro en castelán e o terceiro terzo en inglés.
Si hai pais que se queixaban que os seus fillos non entendían as matemáticas por estar en galego, agora que llas dean en inglés.
A miña filla está en cuarto de primaria e ela mesma me di que non sabe inglés dabondo para que lle dean ningunha materia en inglés.
Canto inglés sabe un neno de 7 ou 8 anos (por non dicir de 12) para seguir clases de matemáticas, ou coñecemento do medio nese idioma?. Quizá Feijoo teña reservada a ximnasia, plástica e a educación para la ciudadanía.
Esta é a zunia contra o galego destes feixistas, nem eles acreditam nesse "borrador", do que se trata é de asfixiar o galego. Lorenzo SIPAIO.
Adeus "convivencia".
CONFEDERAÇÃO COM PORTUGAL, COM GRÃO BRETANHA, OU INDEPENDÊNCIA!!
Patriotas galegos, hai que convocar sen perda de tempo unha FOLGA XERAL, que pechen os colexios, as tendas, o transporte, a administración e as fábricas. Galiza ten que parar e dar batalla ao feixismo.
pero q listo es cuevillas,claro que sí, imoslles picar as rodas aos profesores que empreguen o castelán, como a prensa favorece aos galeguista, seguro que non din nadiña..
33%? todo en castelán, se con 50% non se cumpría imaxinádevos agora, e o do inglés e unha chorrada porque os profesores non están preparados para falar en inglés e menos os rapaces...
meu deus folga xeral o 21 para comezar, e ese mesmo domingo 24 todos na praza do obradoiro e así todas as veces que sexa necesario até que tiremos aos feixistas do governo da Galiza.
Non lle sigades o conto a Cuevillas que é un troll a intoxicar.
Ben!! Así os nosos fillos non estudarán "Coñecemento do Medio", senón "Knowledge of the Middle" !!
Biba!
E tí que votaches nas últimas eleccións?
¡Non ás IMPOSICIÓNS da extrema dereita!!!
Pois veño moi satisfeita, enchoupada, pero contenta. Se fomos capaces de reunir en dous días a tanta xente, agora con calma, seremos quen de botar abaixo este ataque á nosa lingua, á nosa identidade.
Ánimo e a seguir, batalla a batalla, gáñase a guerra.
Saúdos
Feijoo: La liaste parda!!
Mr Bean: You´d create a problem where none was!!
Sr. Faba: Armachela bóa!!
Gabino, se vai por min... Dígoche que era ironía.
Chegou o momento de calar com tanto barulho e monstrar o que significa DESOBEDIÊNCIA CIVIL.
Alguém está disposto ou haverá que tragar 3 anos mais?
#32 Ragoles, claramente fanche falla unhas clases de inglés; do bo, non do de cota.
PP = MORTE DA LINGUA GALEGA
Imos ver:
Os profesores de inglés son profesores de lingua inglesa, non de matemáticas...
... Os profesores de matemáticas, son profesores de matemáticas, non de inglés, e non están obrigados a dar unha asignatura nun idioma no que non foron preparados.
Quen carallo vai dar as clases EN inglés?.
Polo tanto:
"En caso de que os centros non poidan ofertar un terzo das materias en inglés, os pais elixirán as materias dese cupo de xeito proporcional entre galego e castelán."
E dicir, 50% en Galego, 50% en castelán de novo....(!)
Certamente era previsible: garantir que os centros concertados (vai sendo hora de que desaparecesen, privados e algúns públicos poidan facer o que queiran. Déixase nos centros un caos organizativo infumable se se quixese garantir realmente a liberdade lingüística, pero non é iso o que se persegue.
Se lemos detidamente a noticia de arriba:
“Pasamos dun modelo monolingüe a un trilingüe”
Feijoo levaba estudada a intervención diante dos medios. O presidente fixo fincapé na idea de que fronte a “imposición” o novo decreto pretende levar a “normalidade da rúa” ás aulas. Para el, o decreto logra a cadratura do círculo e pode ser un modelo a moi longo prazo. Segundo Feijoo, a proposta do Goberno ofrece catro “garantías esenciais”: “equilibrio total entre galego e castelán e introdución dunha terceira lingua”; que os alumnos se poidan expresar nas aulas en calquera das dúas linguas oficiais; que os pais teñan capacidade de decisión; mesma competencia entre galego e castelán ao remate de cada etapa.
O modelo monolingüe ao que se refire non é o mesmo modelo monolingüe da realidade de moitos centros, verdade? Parece Xesucristo, multiplica as linguas e converte a realide noutra. Como se pode poñer coa mesma carga horaria unha lingua non oficial e logo falar de introdución dunha terceira lingua? Os alumnos non se poderán expresar nas aulas nesa terceira lingua? Como non se pretende competencia na lingua non oficial se se imparten o mesmo número de horas lectivas nesa lingua? Cal será a competencia curricular das materias impartidas nesa terceira lingua?
Alenco, iso de 50/50 de novo sería se tivese sido algunha vez... pero pola miña experiencia pódoche dicir que non eran poucos os centros onde a lingua galega era algo así como un idioma estranxeiro.
Cuevillas, que saibas que por unha vez voteite positivo, non por que esta de acordo contigo, en algo si que estou, sinon por facerme rir, esa parte da invitación a pinchar as rodas dos coches dos mestres que se neguen a atender preguntas en galego édivertidisima, moi boa.
Caros, como castellano y español, estoy ingratamente desilusionado. Estos del PP "renovado" son los nacionalistas espaÑoles, amantes honestos de España, de la España UNA, GRANDE Y LIBRE?
Y para conseguirlo reducen el conocimiento de la lengua nacional del reino bourbónico en beneficio de la lengua inglesa, lengua del colonizador?
Porque, si es cierto que rebajan la estimación y competencia de la lengua gallega, no es menos cierto que rebajan también la estimación y competencia del castellano o enspaÑol, como digo, en beneficio de la lengua inglesa. Esta va a acabar siendo la preferida en la estimación (tal vez no en la competencia) de los padres biempensantes de la "Galicia" hecha a imagem y semejanza de los "frijoletes" y sus "frijoletados".
Pero no se dan cuenta que, al rebajar, al despreciar el "gallego", su "galego", están también rebajando y despreciando el castellano o espaÑol?
Galicia Bilingue, u os cambiáis el rótulo y pasáis a nombraros "Galicia Trilingue" o, si sois gente y gente española, impedís esta "desfeita" que el "frijolete" y los suyos pretenden inferir a la lengua nacional del Reino, por la que vosotros habéis luchado tanto.
EspaÑa, UNA y no tres!!!!
Que pasa se ningún profesor e director lle fai caso a isto?
Comezarán os expedientes por causa da lingua?
Em (#19) fillotolo exige e exige muito bem: «Non a imposición da asignatura de física, nin a de matemáticas e historia. Os pais pedimos libertade para opinar e quitarlles os traballos aos pedagogos, asemade tamén pedimos libertade para poder ter un consultorio médico, o que queira vir que veña. E xa por último e amparándome nesa verba tan fermosa, pedimos libertade para darlle uns latigazos a quen non pense coma nós. Ante todo libertade...»
:::
COM.- Tens toda a razão. Mas eu continuaria... Continuo: Liberdade para pagar ou não pagar os impostos. Já está bem de que o estado nos imponha nada. Não tem, constitucionalmente, que fomentar a liberdade? Por que nos obriga a circular pela direita? É que pretende que todos pensemos e nos conduzamos como o PP? Por que temos de apagar os celulares nas sessões de cinema? É que procura que não nos comuniquemos com liberdade?
............................
Ah, "frijolete", "frijolete", o apelo à liberdade pode ser-vos de rendimento num momento, mas a longo prazo acabareis negando a liberdade mesmo que agora proclamais...
Que acontecerá nos centros em que os pais escolham que todas as matérias se ministrem em Galego, salvo a língua castelhana? Ides proibir esse exercício cívico de liberdade?
Por outro lado, para que estais no governo? Só para cobrar? É que sois incapazes de entender as leis do reino e cumpri-las fielmente, que tendes de acudir ao que os pais ocasionalmente reclamem? Porque este ano este pais podem exigir A. Mas ao ano seguinte os outros pais podem exigir -A. E os professores terão de obedecer aos pais antes que aos seus diretores ou ao seu "Conserje de Educación"? Onde se viu tal desmesura!!!!
Cantado, un modelo que amola os que non estamos dacordo con este engano, no que non vai haber inspectores, coma no decreto fraga, e aos bífidos do carallo.
O comentário #34 é uma pergunta.
A peçonha está aqui, agora cumpre o antítodo.
Que aconteceria se os professores bateram com a liberdade de cátedra e a objeção de consciência (isso que tão bem sabem fazer os do PP)?
Que aconteceria se os diretores, associações de pais, conselhos escolares se negaram a acatar este decreto (No a las imposiciones, berravam eles)?
Que aconteceria se os pais se negassem a comprar livros em castelhano? Iria o Feijó a decretar a sua gratuidade?
E se nos ponhemos farrucos, que aconteceria se os nenos galegofalantes abandonam as aulas de forma total e massiva em sinal de protesta?
Mil propostas e mil ações são necessárias. Esta é uma catástrofe cultural. Contestemos a este seu chapapote!
Chegou o momento de acordar. Que cada um demonstre o seu compromisso e responsabilidade.
Estão a jogar com o futuro e a cultura dos nossos filhos. Os efeitos vão ser irreversíveis.
É unha pena, porque se a sociedade galega tivese conciencia linguistica lusófila poderíase dar 33% en galego, 33% en portugués e 33% en castelán. Nunca tivo o reintegracionismo un marco mellor. Porque non convencedes á xente para que escollan portugués?
One plus three equals four, six point five times two is thirteen, nine divided by three equal one point five, twenty-two minus five equal nineteen....
Isto é o que lles espera aos rapaces que non entendían as matemáticas en galego, por culpa duns governantes absolutamente irresponsables.
(Non vos preocupedes, non me vou pasar ao inglés, eu seguirei a dar as miñas clases en galego)
One plus three equals four, six point five times two is thirteen, nine divided by three equal one point five, twenty-two minus five equal nineteen....
Isto é o que lles espera aos rapaces que non entendían as matemáticas en galego, por culpa duns governantes absolutamente irresponsables.
(Non vos preocupedes, non me vou pasar ao inglés, eu seguirei a dar as miñas clases en galego)
One plus three equals four, six point five times two is thirteen, nine divided by three equal one point five, twenty-two minus five equal nineteen....
Isto é o que lles espera aos rapaces que non entendían as matemáticas en galego, por culpa duns governantes absolutamente irresponsables.
(Non vos preocupedes, non me vou pasar ao inglés, eu seguirei a dar as miñas clases en galego)
One plus three equals four, six point five times two is thirteen, nine divided by three equal one point five, twenty-two minus five equal nineteen....
Isto é o que lles espera aos rapaces que non entendían as matemáticas en galego, por culpa duns governantes absolutamente irresponsables.
(Non vos preocupedes, non me vou pasar ao inglés, eu seguirei a dar as miñas clases en galego)
One plus three equals four, six point five times two is thirteen, nine divided by three equal one point five, twenty-two minus five equal nineteen....
Isto é o que lles espera aos rapaces que non entendían as matemáticas en galego, por culpa duns governantes absolutamente irresponsables.
(Non vos preocupedes, non me vou pasar ao inglés, eu seguirei a dar as miñas clases en galego)
Arzaya, porque não só depende de nós. E há muita gente interessada em que a «consciência linguística lusófila» seja «consciência linguística lusófoba».
Senão como explicas, que ainda afirmando que o galego é uma língua diferente do português, pouca gente se moleste em apreender sua ortografia («duas línguas» ao preço de uma). Compara com Estremadura. Achas que é lógica a mentalidade galega?
Mas tempo ao tempo, que as coisas estão a mudar (e muito) quanto a isso.
Pero a quén queren enganar?
O profesorado non está suficientemente preparado como pra dar un 33% das sinaturas en inglés. Entón ó final será como antes: 33% en galego, 33% en español e 33% en castelán. O 33% en galego xa vexo vir que vai ser testimonial, por que coma agora o galego non fai falla pra facer oposicións na Galiza, pode vir un andaluz que non teña nin idea de galego, polo que voltaremos á parvada aquela de ter os libros en galego e dar apuntes, explicacións e exames en español.
Sempre Vigo e Coruña na cabeza do antigaleguismo, que carallo terán na cabeza eses cidadáns que pensan que o galego "é de montunos"... Paletos españolistas... Por certo son de Vigo e veño da Logse, sei do que falo e ben sei coma os profesores pasábanse polo forro a obriga de dar a clase en galego; e tamén sei coma a xente xoven de Vigo rexeita o galego por puro prexuizo e rematan os estudos sen saber falalo.
Desculpas pola repetición do meu conentario anterior, saíron quintillizos sen querer! Agradecería aos administradores de Vieiros que eliminasen os catro sobrantes
E de toodo isto a culpa teñena os medios de comunicazón. Déronlle importancia a un colectivo de merda no que máis da metade son de fóra e viñero a manifestación vergoñenta esa en autobuses, un colectivo que é amigo da Falage, que xa da que pensar... E os medios sacando na manifestazón provocativa como se fose un acto de liberdad. liberdade... Como unha verba cun significado tan bonito póde ser usada como pretexto para facer o contrario, que noxo. E as políticas de dereita, miña nai... Son iguais cas de Goebbels, a propaganda de repetir unha mentira tantas veces que remata sendo verdade. Como uns carcas dereitistas xuntaron todas as súas criticas (impositores, fascistas, opresores, etc..) e as usaron na nosa contra. Imposición do galego ou nazi-onalistas e que sóa a retranca, a escarnio, non me fodades... Onde esta o 33% de galego no Faro de Vigo ou na Voz de Galicia? Onde esta o 33% e galego no etiquetamento dos produtos? Onde esta o 33% de galego na sanidade ou na xustiza? Non sei, a min isto e que me volve tolo, a dereita española está a facer co nacionalismo o mesmo que fixo o nazismo co comunismo: Unha enorme campaña mediática pra demonizar un movemento "incómodo". Logo preguntaránse por que os nacionalismos case sempre acábanse por radicalizar... Non me fodas, se estades a bater en nós que carallo imos facer? Defendernos e loitar polo noso, é lóxico. Hoxe é un día triste pra Galiza...
Para #55 MiguelGZ, nin o profesorado está preparado para impartir un 33% en inglés nin o alumnado de primaria secundaria ou bacharelato está preparado para que entender o 33% das materias en inglés, é unha lingua que apenas entenden e non utilizan, é unha lingua que aquí non se fala.
#58 e que é unha tomadura de pelo, ben sabemos os que non nos deixamo manipular polo que digan os medios ou os políticos que ese 33% de inglés en realidad é un 33% adicional de castelán...
Bom. Atila regressou a Galiza. Mas não devemos ficar por aí. Esta gente, a despeito do dano que estão a fazer, passará. O seu governo é reversível. Isto é o que devemos transmitir se não queremos que nos devore a raiva. Darão com os fuzinhos na Terra e será cos nossos votos. Isso sim. Quando esta gentelha perda o poder, cumpre fazer como eles fazem. Vingança e aniquilação do contrário: desmantelamento das suas redes e Vozeiros. Cuspe para os colaboracionistas sipaios, lorenzos e lixo intelectual semelhante...Restauração e contrução nacional.
AGORA É QUE VAMOS A SÉRIO. NÃO PODEMOS JOGAR MAIS A PERDER.
Tendo en conta que este presidentiño basea o seu poder nunha maioría parlamentar que só dispón dun deputado máis que a oposición e que os seus escanos foron acadados con sete mil votos menos que a suma total dos obtidos polas dúas organizacións políticas que conformaban o anterior executivo, podemos dicir que o PP ten unha chea de posibilidades de perder o mando en non moito tempo. Xa que logo, temos que nos poñer todos a traballar arreo, empregando sen complexos os seus mesmos métodos se fose preciso, para desaloxalos do poder canto antes. Manifestémonos, protestemos, falemos mal deles en calquera lugar e circunstancia, esixamos que a oposición realice ben e duramente o seu traballo; fagamos que espabile xa. Non limitemos a batalla ó terreo da lingua. Impidamos que teñan acougo. Eles fan hoxe un decreto -que está aínda por ver se vai adiante-. Nós poderemos facer outro máis cedo que tarde se facemos ben as cousas.
A manifestación improvisada que vimos de facer foi un bo aviso.
FRIJOLES E O PROXENETA DA GALIZA
E O "TERRACULA" DO GALEGO!
Eu sabía que o galego e o español poden ser linguas vehiculares no ensino, é dicir, pódese aprender calquera materia nunha ou noutra lingua e a cantidade dunha ou doutra será sempre tema de discusión.
O que descoñecía, e recoñezo a miña ignorancia, é que o inglés podía ser lingua vehicular no ensino, nin sei de leis que o avalen. Pódese, coa actual lexislación de tipo orgánico, superior a calquera decreto, ensinar algunha materia en inglés? Eu non só penso que non se pode, tamén penso que sería obrigado poñer semellante estulticia nos tribunais de xustiza.
De calquera xeito... que se podía esperar dun conselleiro que confunde "idiosincrasia" con "idiosincracia? Pódese esperar "idiotez", e do seu xefe nin sequera iso. O do xefe é moito peor, se estivésemos nun réxime nazi, xa sei quen comandaría o "Goberno de Vichy", trasladado á nosa terra.
#58, e máis tamén #59: ..e con toda probabilidade, tendo en conta os precendentes, mesmo periga o cumprimento do 33% en galego, en moitos centros.. De certo que os artelladores de esta inicua arteirada administrativa contra o idioma do País, contan con iso. Lembrade a "praxis" dos quince anos da era Fraga en moitos centros públicos e concertados, e o desleixo (por no falar de "sabotaxe" puro e duro do Plano de Normalización Linguística) máis absoluto no cumprimento da normativa de horas lectivas en galego, asemade do suministro de material educativo, en tantos e tantos centros..
A miña pregunta é: Si o trilinguismo é co Portugues, e non co Ingles? 33% en Castelán, 33% en GAlego e 33% en Portugues mais o Ingles como asignatura obrigatoria. Porque non. Non falan Portugues 300 millons, nos cinco continentes?. Non din que non é a mesma Lingua? Asi se pode dar as matemáticas en Portugues, dan moito proveito, para facer boas relacions comerciais co veciño Pais mais con Brazil e Africa.
que vergonza de ver este decreto español
que ledicia ser galega,vendo como o noso pobo ergue cada vez máis a cabezo para reclamar o seu
que pena non estar ali hoxe
pero non faltarei ...............
1º. Os pais e mais non teñen que decidir a lingua vehicular no ensino. É o Goberno -a Xunta- quen debería decidir este particular aspecto do currículo, para o ben do país, para actuar a favor da recuperación e dignificación lingua propia, para actuar en contra do esmorecenmento e da morte da lingua propia. "Debería", mais evidentemente, a realidade non e esa no que atinxe ao actual goberno da Xunta.
2º SE NON ACTUAMOS CON DECISIÓN, O GALEGO MORRE !!(e ao Feixoo impórtalle ben pouco).
3º A realidade vai ser:
.- Cando non haxa profesorado para dar aulas en inglés, na maioría dos casois daranse en castelán.
.- Nin o 33% nin o 50 % de galego se cumpriu nunca, nin nunca a Xunta actuou con decisión neste sentido e deixou pasar todo. Agora, vai ser igual: en moitos centros a materia de galego e, como moito, se cadrar, outra máis en galego.
4º É intolerábel!!! Nunha sociedade democrática e cun pobo verdadeiramente educado isto é intolerábel!!!
Eu estou A FAVOR DUNHA FOLGA XERAL INDEFINIDA!!
pois como no meu centro non saian as sociais en galego,xa me vexo incumprindo,aínda que me alegraría por a miña amiga que da matemáticas
vaia,Irene,ou eu ou ti............
nunca tal disparate pensei;en vez de poñernos un trono aos poucos que queremos traballar na nosa língua..........
e para o do inglés non teño palabras;parece unha broma macabra;o problema é que disque as bromas teñen que facer gracia,e eu a esta non lla vexo por nengures
Ah, e tamén:
Mesma competencia en galego que en castelán???
Como pode falar así o presidente, sabendo a realidade (suponse que a coñece) canto a competencia lingüística na mocidade en lingua galega? E por que será? Por imposición do galego? Ou pola omnipresenza do español? Ou pola falta de apoio -auténtico, decidido- da Xunta ao desenvolvemento de espazos e dimensións para a total normalización da lingua e da cultura propias?
Xa non merecía a miña consideración este Feixóo, pero a partir de agora menos aínda; non lle hei de crer nin unha palabra das que lle saian pola boca (nin das que escriba).
Todos nos sabemos que o final impartirase o 33% galego e 69% castelan (a suma do 33% castelan e ingles).
Voltamos o modelo fraguista que consistia en impartir so en galego lingua galega e ciencias sociais (cando menos asi foi cando eu estudei).
Co conto da "liberdade de escoller" queren acabar coa normalizacion do galego non ensino. Pq todos nos sabemos cal vai sair lingua vehicular (a que ten mais presenza na sociedade, empresa,medios de comunicacion,etc).
Isto e todo menos bilinguismo e cumprir coa Lei de Normalizacion Linguistica. O unico decreto que garantia o biliguismo foi o que fixo o bipartito, pq garantia un minimo de 50% en galego.
Pero esta xente engana, enganou co conto da "imposicion do galego" (valendose de plataformas e medios afins) e enganaran agora coas palabras "liberdade de eleccion" e "trilinguismo" (cando non vai existir nin unha cousa ni a outra). O DECRETO DO MONOLINGUISMO ESPAÑOL.
Ay se o nacionalismo tivera un Feijoo de seu...
Chega, gaña as eleccións por maioría, fai o que quere pero que pareZA que o fan todos, por que o decreto polo que di arriba quere consultalo coas forzas políticas para que sexa de todos.
Publicao en Nadal, algúns pensarán que é para que a xente non se movilice e el dirá que non, que é para apurar o ano porque sonche moi traballadores, e a xente creerano.
Logo fai un decreto que é incríble. ¿Imaxinádevos que os rapaces sairan dos colexios aprendendo galego, castelán e inglés? Pero non só iso, e que ademáis non che é un Inglés Básico que era o que se buscaba antes é un Inglés avanzado porque podes acabar sabendo os ósos en inglés por exemplo. E os estudantes que asistan a Francés ou Alemán? Arroz con Leite! Os cidadáns galegos vanse poñer a cabeza na capacitación lingüística, dentro dunhas décadas cando chege o veraneante británico de turno a taberna poderá falar con todolos paisanos como se estivera no Reino Unido
Agora ben, ula xente que saiba Inglés para impartir a súas respectivas materias? ulos rapaces que poidan entendelas?
Estamos pois ante outra vez un decreto de 50/50% Hahaha
Porén, el é Feijoo a el non lle dirán que quere impoñelo galego senón que é un adiantado, un visionario! Emulando a Laporta, estamos ante o TRIGOBIERNO Mira que ben agora, un partido tricapacitado e non coma antes que necesitaban ser dous para gobernar!
Falan de liberdade pq saben que a lingua elixida polos pais sera o castelan. Se fose o contrario,se os pais elixiran maioritariamente o galego (coma acontece en Catalunya) non falaria de liberdade, falaria de obriga de impartir metade nunha lingua e metade noutra como esta a pedir o PP en Catalunya (donde se imparten todalas asinaturas en catalan).
Este é o unico goberno autonomico que vai contra a lingua propia. Nin Camps en Valencia, nin o PP cando gobernou en Mallorca, nin o bipartito PPSOE en Euskadi estan a perseguir desta forma a lingua propia no ensino, administracion, oposicions,etc.
Por exemplo o decreto do bipartito era un calco do que fixo o PP en Mallorca e garantia o mesmo numero de horas en galego que as que se imparten en catalan en Valencia.
Eu propoño que todolos pais a prol do galego renuncien a escolarizar os seus fillos se o goberno non lles garante o ensino totalmente en galego ou cando menos o mesmo numero de horas que se impartan en castelan (50% como o decreto do bipartito).
Veremos enton se se sentan ou non a dialogar ou seguen indo da man desa minoria de fachas galegofobos.
Pq lembremos que todo isto fixoo o PP por motivos electorais, para non perder o voto desa minoria galegofoba ante a chegada de UPyD (que antes non existia).
Pidolle os sectores galeguistas que votan PP que presionen tamen dentro do partido ou que castiguen electoralmente estas politicas antigalegas. Non podemo permitir que unha minoria fascista acabe cunha lingua de seculos, que é ademais o patrimonio mais importante que temos o pobo galego.
#74
Rafael Cuiña (PP) ou o Ministro de Xustiza Francisco Caamaño (PSOE) non son precisamente nacionalistas galegos e estiveron na historica manifestacion de Queremos Galego en Compostela contra a derogacion do actual decreto do galego.
Estades errados se credes que contra estas politicas antigalego estamos so os nacionalistas galegos, a prol do galego esta a maioria do pobo que non esta disposto a ver morrer a lingua propia desta terra (incluidos moitos castelanfalantes que lle queren a nosa lingua). Feijoo cada dia engana a menos xente, xa a maioria dos galegos saben que este individuo so busca usar a Xunta para facer carreira en Madrid.E dalle igual se ten que levar por diante lingua, caixas galegas, rios (hidraulicas),etc.
Rafael Cuiña (PP) e Francisco Caamaño (PSOE) na manifestacion de Queremos Galego denunciando as politicas contra a nosa lingua.
http://www.youtube.com/watch?v...
OS CASTELHANOS NAS SUA CASINHA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
**FEIJOOY DESINERADOS**
1000 PRIMAVERAS MAIS
Lévese este decreto ós tribunais. Non se sosterá en pé.
O decreto vai contra o estatuto galego, a Lei de Normalizacion e tamen a Constitucion española. E totalmente ilegal, ademais de antigalego e irrealizabel (a parte do ensino en ingles).
A Constitucion no artigo 27 fala do dereito á educación como un dereito de tódolos cidadáns, e da obriga dos poderes públicos de garantir o dereito á educación mediante “unha programación xeral” elaborada con participación dos “sectores afectados e os centros docentes”. Só aparece unha referencia aos pais no tocante á educación relixiosa e moral.
Resumindo o goberno galego ten a obriga de GOBERNAR e crear un programa xeral, e non deixar todo en mans dos pais, producindo asi a discriminacion dos que queden en minoria na votacion que seran obrigados a ser escolarizados integramente na outra lingua. Negandoselles asi os nenos galegos coñecemento por igual das duas linguas oficiais.
#74 non te trabuques, o que vai levar nos fuciños nas próximas eleccións vai ser o PP, que entre os pepeiros que van morrer de vellos e os que se arrepinten de votalos pola tremenda camapaña antigalega que están a facer, estou seguro de que as próximas eleccións perden. E iso de que temos o 84% en contra dame a risa, en realidade non terías que contar ó PSdG como contrario ó BNG, sen embargo vos sí que tedes o 50% da Galiza en contra (PSdG+BNG) e o remate desta lexislatura seguro que teredeis moito máis do 50% en contra. Ides desaparecer da Galiza, só hai que ver como estaba o PP fai 20 anos e como está agora. Só hai que ver o fracaso de votantes do PP entre a xuventude. Uns cantos anos máis e seredes partido extremista minoritario. O único que pode facer Feijoo é aproveitar estes 4 anos pra desfacer e escarallar Galiza como de sempre se fixo dende a dereita, por que a partires das próximas eleccións en moito tempo non van voltar a cheirar o poder nesta terra.
Penso que todo esto hay que velo en positivo. Xamais tanta xente alporizouse a prol do Galego. Polo tanto penso que é unha oportunidade para todos nos. Presentase unha vez na vida.
É a primeira vez que a xente ve o Galego como un valor engandido, non como un pesadelo. Crea moitos postos de traballo, que da identidade, que protexe o noso traballo e protexe a nosas empresas (M.X. Porteiro). que como din no Clube Financiero de Vigo-Galicia Bilingue, é unha barreira para os de fora, O que xamis dirán é que unha protección para nos.
Nos non temos a dificultade co Castelan, eles ten a dificultade co Galego.
Bo ano Galego para todos, e adiante que vamos a gañar.
Pois eu acho que como "borrador" está bem (BORRAR: v. intr. Defecar; v. pron. Sujar-se, defecando) É umha boa CAGADA.
#74
E eu duvido que ti "xexas" galego.
Os que nom servides pra rem “xodes“ os “bilingues“, que nom “xodes“ mais ca semi-analfabetos monolingues. Se queredes ca os vosos filhos “xexam“ tam burros coma vós nonem “precixabades“ de mudar o decreto. Tal coma estava dava pra perpetuar a vossa “burrixe“.
VAI PRA MADRI, BURRO!
O Sr. Feixoo tiña acougado nos miolos, facer isto, e o fixo.
Non escoitou a moitos, non cavilou ben.
Fixo caso aos "bífidos", aos da "imposición do galego", aos "cegatos mentais".
Bueno, é a realidade que tristemente hai, é o que amargamente temos todas e todos.
Está moi ben desfogar, dicir o que hai dentro de nós......máis ¿que facer si outro millor non hai?.
Cavilemos con frialdade.
Sr. Feixoo, pense en ir deixando o seu cargo vostede e mailo Lourenzo.
¡Fíxoa boa1.
Animo e bo ano a todol@s galegos, chegan tempos de luita que nos farán mais grandes.
A ineptitude e o afán de agradar a españa,van condear a este retrasado mental de feijoo ao fracaso absoluto e algún dia soio nos lembraremos del, como aquel asasino cultural que tentou acabar ca nosa identidade coma pobo.
MAIS QUE NUNCA UNION!!!TODOS A RUA QUE A LUITA CONTINUA!!!
Isto es the pussy!
Eu want to elegir o peiteado dos profesores, their perfume, los contidos de gymnastics, a cantidade de fish que pescamos, o modelo de car dos consejeros e ser a citizen libre, liberado e líbrido!
to la rúa!!!
O que é para escachar a rir é o das clases de inglés. Manda carallo!!
Where is Gaviotero? I need his comments in this confused time.
Estou totalmente de acordo no dito mais arriba por luisfoz.Eu nom pudem ir por enfermidade, mas nom hei faltar noutra, mália a saber todo isso das plataformas e demais leas. O importante é regir e penso que Frijolito vai dar machetada em cerne duro.Em quanto ao da greve no ensino estou certo da sua necesidade, mas acho que temos que mobilizar-nos outros sectores numha grande mobilizaçom que paralice a Galiza.
Nom sou nem fui nunca nacionalista, simplesmente amo esta língua e por isso ontem fui a esta manifestaçom, onde havia muita gente coma mim, amante desta língua por riba de tudo. E o meu protesto estará sempre aí quando ataquem esta língua pessoas tam miseráveis como Feijoo ou Vázquez. Unirei a minha voz à dos companheiros que concordem na defesa do idioma, mas depois nom os votarei. Essa é a força da autêntica democracia, porque o idioma é um património que ultrapassa formações políticas, também as do Partido Populista.
#39 rasgulkje o de 50/50 era con recochineo. Nunca existiu na práctica, por iso facía ese comentario como que agora era Feijoo o que o conseguiría.
Na Galiza so se debería falar un idioma, o galego. O castelán entón sería o nexo de unión entre todos os habitantes do Estado español.
Os gobernos (xunta e central) o único que fan co "bilingüismo armónico" e fomentar a xenreira entre nos.
Em (#75) diz Gaias: «#74, Rafael Cuiña (PP) ou o Ministro de Xustiza Francisco Caamaño (PSOE) non son precisamente nacionalistas galegos e estiveron na historica manifestacion de Queremos Galego en Compostela contra a derogacion do actual decreto do galego.»
...
COM.- O ministro é ministro e não faz parte do "parlamentiño", mas o Cuiña (e outros que parecem ser críticos com estas falcatruadas "frijoleteras") sim está no "parlamentiño": Bem fácil o têm; deixem o grupo popular em minoria...
É uma grande coincidência que esta proposta surja na mesma altura que o acordo ortográfico vai começar a ser implementado a sério em Portugal. Os dois jornais semanários (Expresso e Sol) vão começar a ser escritos pelas novas normas,assim como alguns jornais diários. A aplicação plena do novo acordo nas escolas portuguesas será uma realidade em 2010/2011. O diário da república portuguesa será impresso segundo o mesmo acordo já em Janeiro. Isto quer dizer que Língua Portuguesa terá uma grafia mais ou menos comum a partir de 2010. Não está na altura do Galego definir o seu papel fundamental neste processo?