Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A FGC, "altamente subvencionada"

580 escopetas para matar 47 raposos

Participantes no 'campionato' de caza realizado en Meaño a pasada fin de semana foron sorprendidos pola Garda Civil violando a lei.

Redacción - 12:45 14/01/2010
Do Estado, só en Galiza se permite

Do Estado, só en Galiza se permite

Algúns dos participantes no 'campionato' provincial de caza ao raposo realizado en Meaño a pasada fin de semana foron sorprendidos pola Garda Civil violando a Lei que regulamenta a actividade cinexética no noso país, en concreto o apartado que protexe a seguridade do resto de usuarios do monte.

Denúnciao o colectivo 'Matar por matar, Non', que asegura que "se unicamente foi sorprendido ese grupo", é porque "o Seprona -o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil- está desbordado e carece de medios, tanto materiais como humanos".

Nun comunicado subscrito por diversas asociacións, consideran "incomprensíbel" que se permita esta actividade "mal denominada deporte". No 'campionato' de Meaño xuntáronse 580 persoas para "matar indiscriminadamente raposos" co pretexto de controlar a poboación deste animal, "co triste resultado de 47 exemplares abatidos e todas as nefastas consecuencias éticas e morais".

"É vergoñoso", prosegue a nota, que nestes certames "non se considere o prexuízo causado ao medio ambiente pola presenza de 580 escopetas para matar medio cento de raposos que despois se exhiben mortos e logo "tíranse ao lixo".

"Avultadas subvencións públicas" á FGC
Ademais, consideran que "non é de recibo" que a Federación Galega de Caza (FGC), como organizadora destes eventos, reciba "avultadas subvencións públicas, a última de 170 mil euros por parte da Consellaría de Medio Rural, mentres os nosos montes padecen un estado de abandono deplorábel".

Cómpre lembrar que estes 'campionatos' só se realizan en Galiza, algo que para os colectivos asinantes mostra "o desprezo polo territorio galego por parte da FGC e dos que os autorizan". "Non ocorre nada similar nas demais comunidades, onde non se permiten tales prácticas", finaliza a nota.

Protestas desde este sábado
Por outra banda, este sábado están previstas varias protestas contra o 'campionato galego de caza de raposo', que está programado nos montes da Cañiza. Tamén o sábado 30 de xaneiro haberá mobilizacións contra o 'campionato estatal' desta mesma 'modalidade', en Portomarín.


5/5 (19 votos)

Novas relacionadas


Comentarios (32)

Indixenanoapartheid #1 14/Xaneiro/2010 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Uns machotes, si señor.
A poboación que tiñamos que controlar é a dos brutos escopeteiros.

Benchosei #2 14/Xaneiro/2010 Benchosei
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Os gobernos da dereita xa sabemos o respeto que teñen polo medio ambiente, ningún. A mágoa é que a anterior consellaría do psoe tampouco fixera nada ao respecto.

Dani_Meralho #3 14/Xaneiro/2010 Dani_Meralho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

non se respetan nin eles. Filhos de cen mil pais. Iso é o que son.

Ala-Bueu #4 14/Xaneiro/2010 Ala-Bueu
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A cuestión non é que goberne a dereita ou a esquerda, o problema é que parte da nosa sociedade está podre. 580 escopetas? Falemos claro, 580 psicópatas... medo me dan, país de merda.

Raimundo #5 14/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



avacanomillo #6 14/Xaneiro/2010 avacanomillo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

eu propoño organizar para o mesmo día do campionato, o I CAMPIONATO NACIONAL DE CAZA DE CAZADORES. consistiría, como o seu nome indica, en saír ó monte armados a facerse con cantos máis trofeos millor...

Dani_Meralho #7 14/Xaneiro/2010 Dani_Meralho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Raimundo, machinho. Faite unha gaiolinha a saúde de quen ti queiras, que xa começas a falar parvadas por esa boca.

sozinho #8 14/Xaneiro/2010 sozinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parabéns aos ecoloxistas que fixeron a denuncia, ás persoas, que non sabemos quén son nin de qué organización son (recordemos que matar por matar non é unha plataforma de adhesión bastante circunstancial). A pesar da miña crítica desta situación, os meus ánimos para os seus impulsores, pois se hai froitos, a cohesión seguro será maior.

Raimundo #9 14/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #10 14/Xaneiro/2010 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#9
A favor das touradas, a favor da caça abusiva e cruel ... e logo ... parece que o raimundo deixa ver a sua face verdadeira ... el-nom haverá aqui outra conspiraçom antiespanhola dos catalães ...? ... mira tu ...

Dani_Meralho #11 15/Xaneiro/2010 Dani_Meralho
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

jajja,hispanico, seica vai ser iso...

Raimundo, meralho, non merallo ( a ver se lemos co olho da cara). Eu non són de cidade, e non son tempos de cazar porque sí. Asegúroche que a meirande parte dos "cascadores" sóbranlles os cartos como pra ir o monte a asasinar animais.

Ala-Bueu #12 15/Xaneiro/2010 Ala-Bueu
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#9
Hostia... non me digas que "os do rural" comedes raposo!? Tamén descoñecía que "os do rural" dependérades economicamente da caza, como os da costa viven en grande medida da industria pesqueira.

Biosbardos #13 15/Xaneiro/2010 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meaño de Pontevedra? Non che sabía que había raposos por esa zona...

Raimundo #14 15/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #15 15/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



opiloto #16 15/Xaneiro/2010 opiloto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se apontaram pós fascistas renegados de galiza e do galego que desgraçadamente ficam mas que raposos quanto melhor nos ira.

Raimundo #17 15/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Jatopardo #18 15/Xaneiro/2010 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Ao ver estas cousas pásanme moitas cousas pola cabeza. Un pensa como pode haber xente que se divirte matando seres vivos. Pensa en todos estes animaliños que foron asesinados por pracer... Un pensa moitas cousas e o único que se me ocorre dicirlles aos cazadores é: ¡Sodes uns cabróns!!!

Raimundo #19 15/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Jatopardo #20 15/Xaneiro/2010 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Mira Raimundo, eu son de aldea e dubido moito que andiveses polo monte a metade do que o pateo eu todas as semanas. E non me fai falta ir por ahí matando animais para coñecer a natureza. ¿Qué pasa, non podes pasear sen matar o que ves?, ¿estás enfermo? Dise que no monte só hai que deixar pegadas e sacar fotos. A ver se vos aplicades o conto.

Hai anos que deixee de comer carne, pero non lle pido a ninguén que tome a miña decisión se non quere. O que si esixo e que non se mate por pracer, ou sadismo, que nisto da caza van xuntos da man.

O de sádico tampouco é un insulto, é un epíteto.

Raimundo #21 15/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



tranqui #22 15/Xaneiro/2010 tranqui
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Amigo raimundo eu son de vila, dunha vila tan pequena, que con saír da casa paseo o meu can entre o rio e o monte, aínda non hai moito atopeime con unha corza e dúas crías, dende logo é como ver os golfiños no mar (si, tamén teño chalupa)dáche un subidón e volves para a casa un pouco mais amigo do mundo, como cada maña (as seis) o volver do traballo busco a parella de raposos que cada noite baixa o peirao (aínda están aí aínda seguen vivos). Penso que iso é vivir ca natureza e nada ten que ver co matar, coñezo cazadores e cazadores, xuntos van o bar despois de beber para o frío apodéranse do monte cada un na súa posta a disparar a todo o que lle pasa por diante (xa que es de Ferrol avísote) que non te tente o demo pasarte polo monte un domingo que os cazadores estes non len os teus comentarios e non distinguen.

BonKarallan #23 15/Xaneiro/2010 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#21 Xa vexo como comprendes aos animais. Vas paseando polo monte e de súpeto ves aí un raposo que con esa cara de súplica estache dicindo. "Veña dispárame e mátame. Non me sexas un señorito da cidade."

¡¡Un naturalista de carallo es ti!!

Estás tomando as pastillas que che recetóu o psiquiatra?

Mira Raimundo vete a darlle a "murga" ao celador do psiquiátrico, que non creo que che deixe a escopeta. Ti es moi perigoso. ¡¡Da Ghalizia Kanibal!!

Hispanico #24 15/Xaneiro/2010 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Entom, raimundo, xa comiches raposo?


A caça e a pesca fixerom-nos evoluir, claro, mas parece que houve uns qantos d’umha ponla de homo sapiens que nom as praticarom davondo, e o celebro se lhes entangarinhou, e derom c’os seus descendentes a escrever paridas polos foros da internet, moitos milénios mais tarde ... mira tu

Taitow #25 15/Xaneiro/2010 Taitow
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Se o problema e que os raposos van polas galiñas non sería moito máis humano que os 170 mil euros forán para que a xente do rural tivera uns galiñeiros en condicións?

BonKarallan #26 15/Xaneiro/2010 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Por certo, como saberán uns choriziños de Raimundo ou unha boa costeleta. Ímosllo a ofrecer a Hannibal Lecter, que seguro que está desexando comerllo.

Mira ti que querer acabar co Raposo de Arteixo. ¡¡Que van dicir os veteranos do Dépor!!

Nambuangongo #27 15/Xaneiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Raimundo, a carne de raposo bem boa que está. O que lhes acontece aos «moralistas» que te criticam é que são uns elitistas, uns senhoritos. Os caçadores mataram os 47 raposos por pura necessidade nutricional.

Ou seria por vê-los correr....fugir...cair....sangrar....agonizar.... que fermosa é a natureza!! ...só de pensá-lo já me ponho «torero»....

E logo, esfolaram-nos para lhes dar as peles aos pobres imigrantes que tanto frio passam....

Acaso não andam por Ferrol as pobres imigrantes com peles de raposo envoltas no pescoço? Pobrinhas elas, obrigadas a falarem a língua dos senhoritos...

mansdodemo #28 17/Xaneiro/2010 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

580 escopetas contra uns animais.......
Os brutos, os bestas son os das escopetas.
Con estas mentalidades, imos de cu.

Raimundo #29 18/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#22 tranqui, dende logo, hainos que por eles ametrallaban a todo o que estivera diante...

Pero hai quen colle o perro, sae ao monte, e caza uns coenllos... volta a casa... e come...

¿Que ten de malo? O qeu fai o can, o que fai o cazador... é, tamén, a nosa natureza...

E tamén, por desgraza... a do que é capaz de ametrallar a súa nai, se a ten diante...

E hai quen vai a tenda, e compra un par de coenllos, criados en granxas noxentas, e moi crueis... e come... que todo acaba no comer.

Raimundo #30 18/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#23 Bonkarallan, o raposo come galiñas... nos comemos galiñas... o raposo come as nosas galiñas... matamos ao raposo para comer mais galiñas... que están moi boas...

E outros van a tenda, e mercan galiñas de granxa... dunhas granxas noxentas e moi crueis... se soamente comeramos galiñas criadas nas nosas hortas... esa crueldade das granxas de polos (as de Coren)... nolas teríamos diante dos fuciños...

Pero teríamos que matar mais raposos...

Raimundo #31 18/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#24 Hispanico, non... como galiñas de horta... e para comelas, hai que matar aos raposos... que senon, cómenas os raposos...

Raimundo #32 18/Xaneiro/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#27 Nambuangongo, en Ferrol usamos pel arxentina de vaca, ou pel de visón de granxa galega... para andar quentiños...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: