O sindicato asegura que se están a ocultar prazas ocupadas por interinos nun proceso que terá lugar este xoves 21.
As afirmacións do presidente da Xunta de que as prácticas caciquís quedaron desterradas parecen non seren certas. Unha praza de enxeñeiro técnico agrícola en Xinzo de Limia está a ser ocupada por un concelleiro do PPdeG en Barbadás, roubándolle a posibilidade de acceder a esta praza a persoas opositoras, segundo denunciou a CIG.
O sindicato afirma que estes feitos indican que o Goberno segue a beneficiar os seus cargos públicos en detrimento da xente que gañou o seu posto de traballo nunha oposición, nun exercicio "inaceptábel do nepotismo máis rancio" e considera grave que se premie unha persoa interina por riba dos dereitos das persoas funcionarias de carreira.
É máis, a CIG asegura que o 21 de xaneiro se van producir máis irregularidades, pois non se ofertarán todas as prazas ocupadas por interinos, no que considera "un intento burdo de ocultar prazas e beneficiar a persoas non sabemos en base a que criterios". CIG Autonómica exíxelle á Dirección Xeral da Función Pública que anule a elección de destino desta quinta feira e que oferte todas as prazas vacantes sen ocultalas de xeito espurio co obxectivo de beneficiar, como neste caso, un concelleiro do PPdeG.
Deberían introducir o caciquismo pepeiro coma costume galega nos libros de texto...
O caso dos engenheiros técnicos agrícolas nom é umha excepçom, coms os técnicos industriais tem acontecido algo semelhante (ofértam-se 7 vagas quando há dúcias ocupadas por interinos, e do rascunho inicial à listagem definitiva mudarom a maioria delas). Tambêm é certo que por lei nom se pode chimpar um interino que leve trabalhando de continuo desde janeiro de 2005, ainda que acho que este caso nom é o mais habitual...
Pois en caso de que o bipartito chegue outra vez ao poder, que fagan algo, non coma no goberno de Tourinho que deixaron a todos eses chupóns nos seus postos.
Se ganhamos no 2013...chuPPóns fora!!!!
Todo mintiras nel noevo PP no acemos eshasah coshash....
A ver... "a dedo", em galego, é qualquer cousa bem feita, com esmero e trabalho. Não españoleemos mais o nosso idioma, por favor. Saúdos para tod@s.
Zarrulheiro,
é que o posto está mui bem dado (por isso o de "a dedo"!).
É piada, é.
Pasádelle o vídeo do brasas este. Víñalle quenindiola a todos estes sem vergonha na cara.
http://www.youtube.com/watch?v...
E como é uq estas notícias n4ao são portada na COZ? sara sara (Doris day)..... "que la vita" é muito bela para esses que fazem do público seu
En este tipo de cousas o bipartito,deixou no nivel alto tamen, e unha enfermidade dos politicos galegos. UNHA DESGRASIA MAI
Iste homiño sempre trepando a base de amiguismo. Fixo falcatruadas cando era o presidente dos peritos e ningén lle dixo nada, fixo informes periciais como autónomo pro xulgado cando era traballador da Xunta e ninguén lle dixo nada, montou unha oficina técnica agrícola xusto enrriba da oficina de extensión agraria de xinzo donde traballaba como funcionario e ninguén lle dixo nada... e agora colócano no concello e ninguén lle dirá nada.