Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE SÁBADO

A Real Academia Galega elixirá a Méndez Ferrín como presidente

A candidatura do escritor, a única que finalmente se someterá a votación, conta co apoio previo dunha ampla maioría de académicos.

Redacción - 17:13 22/01/2010
Tags:

Logo de máis de dous meses de especulacións, este sábado a Real Academia Galega elixirá ao que será o seu presidente durante os vindeiros catro anos. Por vez primeira na historia desta institución centenaria, unha figura do nacionalismo de esquerdas será a cabeza visíbel da Academia. A pesar de que até última hora houbo prudencia, ningún outro membro da RAG optou ao posto. Dende había semanas era evidente que Méndez Ferrín contaba co apoio da maior parte dos académicos. Unha boa proba é que até o propio presidente saínte Xosé Ramón Barreiro avalouca, canda Xosé Luis Axeitos e Ramón Lorenzo a candidatura.

O proceso de elección comezará ás 12 horas deste sábado. Ferrín precisará 15 dos 28 votos (a maioría absoluta) para ser elixido nunha primeira votación. Aínda que é moi previsíbel que aconteza o primeiro, unha minoría simple de votos afirmativos abondaría nunha segunda elección que se celebraría na mesma sesión.


3.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: