Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A través dun blog

Denuncian a destrución dun sartego catalogado na Laracha

O Concello non ten constancia dos feitos, que se produciron nun elemento patrimonial situado na parroquia de Soandres.

Redacción - 12:10 25/01/2010

Un blog larachés informa da destrución dun sartego catalogado por Patrimonio. O elemento protexido, situado no Priorato e que conta con inscricións en latín, quedou partido pola metade, como se pode comprobar na fotografía publicada n'O cortello da Laracha.

A persoa autora da bitácora culpa o párroco de Soandres e os políticos locais dos feitos, por non protexer e coidar do patrimonio como están obrigados legalmente. No concello da Laracha negaron ter noticia sobre a agresión sufrida polo sartego.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O sartego, antes (arriba) e despois da agresión (abaixo) / Foto: O cortello da Laracha
O sartego, antes (arriba) e despois da agresión (abaixo) / Foto: O cortello da Laracha