Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vieiros da Escola

"Se nos dan un bo aplauso, voltamos pro ano que ven"

Regueifa apañada por Iara e Lucía de 4º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón

Redacción - 10:00 03/02/2010
Tags:

ATAQUE DO PINO
E logo ti quen ves sendo?
que non che coñezo a cara.
Eres daquí da parroquia
ou viñeches de pasada?

Eu non veño de pasada
son veciño da parroquía,
ando a facer na autovía.
Traballo por cuenta propia.

Das obras tiñas que ser
a min xa mo parecía
se traballas como falas,
temos leria coa autovía.

Das obras tiñas que ser
a min xa mo parecía,
se traballas como falas;
temos leria coa autovía

Aínda che está ben o conto,
criticar as miñas falas,
anda e cóntalle a esta xente
a ver ti, de que traballas?

Eu non traballo nas obras
o meu eche cousa ben fina,
traballo na parcelaria
e púxeronme oficina.

Pois tamén ta ben co cousa
coa nosa concentración
xa hai que mediron as leiras
e ainda non deron razón

A min non me metas presa
coa nosa concentración
que teño a cousa parada
mentras arranxo o PXOM.

Tería feito un chalet
se se arreglara o PXOM,
pero gastei os cartiños
en facer alegacións.

Vou mirar de darlle aire
a ver se chaga algún día,
mentras podes esperar
e rematar autovía.

Eu non che perdo o meu tempo
teño outro choio buscado
cando remate a autovía
serei locutor de radio.

Para locutor non tes prezo
eras bo para ler esquelas
que xa enterraron o morto
cando termines de lelas.

Non te me poñas celoso
que para ti tamén hai sitio.
Fai falta outro locutor
para arradiar os partidos.

Non nos vamos a enfadar
non paga a pena enfrontarnos
se queremos vivir ben
será mellor asociarnos.

Fálasme de asociación
e non me parece mal
se montamos unha tómbola
sacamos un bo xornal

Vamos dando a despedida,
marchamos de retirada
pois a xente que nos mira
xa se ve algo cansada.

Tes moita razón compadre,
eu xa llo noto tamén
se nos dan un bo aplauso,
voltamos pro ano que ven.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: