Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECOÑECE TER EMPREGADO "DESVÁN DE LOS MONJES"

Varela pide desculpas por ter mentido "inconscientemente" no Parlamento

O gabinete de prensa da Consellaría de Cultura sinala que o acontecido se debeu a un erro informático ao facer unha tradución dun discurso ao castelán.

Redacción - 19:33 08/03/2010

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, deu un paso adiante e pediu disculpas públicas por ter empregado “Desván de los Monjes” (por Sobrado dos Monxes) e “Toro” (por Touro) nunha intervención oficial na Feira Internacional de Turismo de Madrid. O seu gabinete de comunicación púxose en contacto con Vieiros a última hora desta tarde para dar a coñecer unha nota oficial na que Varela recoñece que cometeu un “erro”.

No comunicado explican que a intervención do conselleiro estaba escrita orixinalmente en galego e que o erro tivo lugar ao empregar un tradutor informático para pasar o texto ao castelán. Diante disto, o conselleiro pide desculpas “en primeiro lugar aos veciños de Sobrado dos Monxes e de Touro pola lectura errónea”. Do mesmo xeito, dende a consellaría sinalan que Roberto Varela se puxo en contacto ao longo da tarde cos deputados aludidos na súa intervención parlamentaria (na que negara o sucedido en Madrid) para darlles conta da súa rectificación.

A nota asegura que “a súa vehemencia na negativa débese a que conscientemente nunca se tivera referido ás localidades coruñesas con outro topónimo que non fose Sobrado dos Monxes ou Touro”.


2.73/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Declaracións nas que Varela di "Desván de los Monjes" e imaxes nas que nega telo dito