O novo traballo do cantautor ourensán contou coa colaboración de Uxía, Sérgio Tannus, Guadi Galego, Luís Tosar e Toni Lomba, entre outros.
Capa do disco
Emilio Rúa saca á venda o 25 de marzo o seu terceiro disco, Interior, no que explora novos rexistros nunca antes utilizados polo cantautor ourensán. O traballo, gravado na Casa de Tolos e editado por Pai Música, está producido por Uxía e Sérgio Tannus e conta, ademais, con colaboracións de luxo.
Así, participan na gravación artistas galegos e portugueses, como Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Reinterpreta temas tradicionais do folclore galego, como Lela, cancións de autores como Magín Blanco ou Sérgio Tannus, e ponlle música a un poema de Manuel Rivas.
O autor define o disco como "os dous mundos que hai dentro de min e non se entende o un sen o outro: a miña música e a miña terra".
Interior, de Emilio Rúa
Aínda qAlgúns dos que estivemos o pasado xoves 18 no concerto do Caixanova de Vigo xa
Aínda que saia a venta oficialmente o vindeiro 25, algúns dos que estivemos o pasado xoves 18 no concerto do Caixanova de Vigo xa nos fixemos con el.
Un disco de pop agradable de escoitar. A altura de calquera outro grupo ou cantante español. Si non é máis coñecido a nivel estatal é por cantar en galego (bravo por Emilio).
Continúa así. Polo menos os de aquí trataremos de apoiarte.
Sinto ser nota discordante nun tema tan necesario como é música en galego e normalizada. Eu tam´n estiven lá no Teatro García Barbón de Vigo e, a serio, non gostei nada de nada..............I´ms sorry..... diría que bastante insípido, tanto as letras como musicalmente.....durme vacas....
O feito de cantar en galego, non aporta calidade per se, sabémolo,nnon si??
e o "galego" empregado polo autor ao vivo....di muito do seu uso......
Pero dito todo isto co maior respeito e cariño....a serio.
Di Alenco: "..se non é máis coñecido a nivel estatal é por cantar en galego (bravo por Emilio). Eu digo: se é coñecido ou empeza a ser coñecido en GZ só é por empregar o galego....
Se ese concerto, se ese cantante fixese as letras en castelán, eu nin sabería del nin iría ao concerto.....
Opinións sobre arte, meus amigos, miñas amigas, nada escrito sobre iso..........
aeitoconxeito, non o sintas, fas moi ben en dicir o que pensas. O que falta por aquí son opinións como a túa ou a de alenco. Claras, e respectuosas.
Impórtame pouco se canta en galego, chinés ou arameo, o que me presta é a calidade. Neste caso Emilio Rúa está sobrado dela, é un artistazo, ah, curiosamente foi coñecido antes fora que dentro da Galiza(que raro que os galegos sempre teñan que emigrar), xa ten gañado certames en Elxe, Murcia, etc, etc, aquí por desgraza non hai oportunidades.
Moita sorte Emilio! Estou desexando escoitar teu novo traballo.
artistas coma iste ou coma Carlos Bau son un cancro para a música galega, música cantada en galego amable para gañar certames españois que amplifican o lamentábel da proposta, ostia e encima producido por Uxía....ó paredón directo!!