Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"É vostede culpábel de crimes de guerra"

Un xornalista intenta 'arrestar' a Tony Blair no Parlamento Europeo

David Cronin, colaborador de The Guardian, agarrouno dun brazo e convidouno a ir á comisaría de policía máis próxima tal e como estabelece a lei.

Redacción - 19:00 23/03/2010

"Mr Blair, this is a citizens' arrest". Isto foi o que lle espetou o xornalista irlandés David Cronin, da axencia Inter Press Service e colaborador de The Guardian, ao ex primeiro ministro británico Tony Blair nun incidente acontecido este luns no Parlamento Europeo e do que se fai eco Euobserver.

O citizens' arrest ou "arresto cidadán" é un termo xurídico co que se denomina a detención realizada por unha persoa que non pertence ás Forzas de Seguridade dun estado e que recolle a lexislación de varios países do mundo, especialmente os anglosaxóns.

Cronin achegouse a Blair cando este se dirixía a explicar o seu traballo como enviado especial para Oriente Próximo aos europarlamentarios. Nese intre, o xornalista agarrou o seu brazo e díxolle: "Señor Blair, este é un arresto cidadán".

Non tardou en ser bloqueado e empurrado por un gardacostas, mais deulle tempo a recriminar ao Blair o seu papel na invasión e ocupación militar de Iraq. "É vostede culpábel de crimes de guerra", díxolle, ao tempo que o convidaba a o acompañar á comisaría de policía máis próxima (tal e como estabelece o citizens' arrest), acusado de war of agression ("crime contra a paz", termo que se incluíu no Estatuto de Roma que rexe o TPI).

Campaña desde The Guardian

David Cronin, que nin foi arrestado nin retido polos membros de seguridade do Parlamento Europeo, declarou a EUobserver que se inspirou nos intentos de "arresto cidadán" do presidente de Cimbabue, Robert Mugabe, por parte dunha activista en 1999 e 2001.

Ademais, desde o propio xornal The Guardian, o columnista George Monbiot está a facer unha campaña a prol da detención de Tony Blair, cunha colecta de diñeiro incluída na web Arrest Blair. Non é a primeira vez que se intenta. En xaneiro, logo de comparecer na comisión de investigación sobre a invasión de Iraq, outra activista probou sorte sen éxito.


4.33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: