Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Semana Galega de Filosofía

O socialismo de Marx e os avances da crítica ecolóxica conflúen en Löwy

Nova xornada en Pontevedra, que esta quinta feira contará coa achegas de Jacques Bidet, Ubaldo Martínez Veiga e Arcadi Oliveres.

Redacción - 08:00 08/04/2010
Löwy defendeu o ecosocialismo

Löwy defendeu o ecosocialismo

A Semana Galega de Filosofía continúa co seu percorrido. Esta cuarta feira, a xornada estivo marcada pola ecoloxía, con ponencias sobre da crise ecolóxica, a modernización do agro e o decrecemento.

Ao respecto do primeiro dos temas disertou Michael Löwy na conferencia A crise ecológica, crise da civilização capitalista: a alternativa ecosocialista. O francés, que viviu no Brasil durante a maior parte da súa carreira, debullou o concepto de ecosocialismo, "unha corrente de pensamento e acción que reclama ao tempo a defensa ecolóxica do ambiente e a loita por unha alternativa socialista".

En ruptura coa ideoloxía produtivista do progreso, esta corrente "representa unha tentativa orixinal de artellar as ideas fundamentais do socialismo de Marx cos avances da crítica ecolóxica, visando o combate por unha nova civilización, alén do reino do diñeiro, dos hábitos de consumo artificialmente introducidos pola publicidade", apuntou.

Agro e decrecemento

A modernización do agro. Dereitos das labregas e despoboamento rural
foi o título da palestra da sindicalista Lidia Senra, xa pola tarde. Comezou facendo un pequeno percorrido histórico, para vincular a plena industrialización dos modos de produción, co baleirado dos campos en Europa. Ademais, entre outra cousas, incidiu na invisibilización do traballo das mulleres e da paradoxal

Pechou a xornada desta cuarta feira, na quenda de noite, Joaquim Sempere, que evidenciou a imposibilidade do crecemento indefinido. "A opción é ou agardar pasivamente ou anticiparse e organizar a economía en función dos límites da biosfera e do Planeta", dixo. Isto é, a través do decrecemento: cun modelo enerxético solar, cunha produción e consumo máis frugais, cunha economía da recuperación e da reparación, entre outras cousas.

Bidet, Martínez Veiga e Oliveres, esta quinta

Na xornada desta quinta feira, Jacques Bidet presentará A hipótese metaestructural: o altermarxismo no debate actual sobre o consumismo. Pola tarde será Ubaldo Martínez Veiga quen fale sobre doutra das caras do prisma da situación laboral Traballo informal, economía mergullada e xustiza social. E para finalizar, Arcadi Oliveres ofrecerá outra conferencia das máis belixerantes Está a política ao servizo dos cidadáns ou ás ordes da economía?.

Por outra banda, representantes da Aula Castelao de Filosofía e do Seminario de Filosofía de Vigo leron un comunicado (.pdf/88 KB) onde amosan a súa preocupación polo "progresivo estreitamento, limitación de horizontes e falta de amplitude de miras cos que se concibe e se está a organizar a Formación do Profesorado por parte da Administración educativa".


3.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: