Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

O Xacobeo Blusens ficha o internacional croata Damir Rancic

O clube de Compostela aposta polo aleiro para mellorar a capacidade de anotación e intentar salvar a categoría .

Redacción - 13:40 08/04/2010

Damir Rancic esta é a última aposta do Xacobeo Blusens para intentar eludir o descenso da máxima categoría do baloncesto. O clube compostelán confirmou que o escolta croata, de 26 anos de idade e 1,97 de altura, vestirá a súa camisola. Rancic, que procede do KK Zadar, foi internacional co seu país en todas as categoría e destaca polo seu tiro a distancia.

A fichaxe súmase á de Paul Davis que pechou este mércores un acordo co Xacobeo. O pivote de 2,11 de altura e 25 anos de idade chegou procedente do Maine Red Claws (EUA). A directiva do único clube galego na ACB intenta reforzar o equipo con estas dúas incorporacións e evitar o descenso de categoría cando faltan seis xornadas para rematar a tempada.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: