Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XXXVIII EDICIÓN

Iván García Campos, gañador do Premio Blanco Amor

A obra titulada “O imposíbel de desatar” é a primeira incursión na novela do autor coruñés, xa premiado por relatos curtos.

Redacción - 17:00 10/04/2010

Iván García Campos (A Coruña, 1974) foi elixido o gañador do Premio de Novela Longa Blanco Amor na súa trixésimo oitava edición pola súa obra “O imposible de desatar”. O xurado valorou “a coherencia e o equilibrio entre a forma e o fondo, e o retrato da cara oculta da sociedade actual, dos conflitos persoais, da soidade e incomunicación, a través de personaxes cargadas de humanidade”. Ademais, na súa acta subliñan o “carácter innovador” do autor no tocante ao estilo e ás técnicas narrativas”.

García Campos recibiu a noticia “con moita ledicia” e con sorpresa, segundo explicou a Vieiros. Esta é a súa primeira novela logo de recibir outros premios polos seus relatos curtos, como o Modesto R. Figueirido, o premio Ánxel Fole de Narración Breve ou Os Viadutos de Redondela. Porén, adianta que non por iso vai desbotar a narración breve para centrarse na novela longa: “eu son un autor de relatos”, di apelando a un escritor que dicía que “moitas novelas longas son relatos con moita palla”. “Cando teña unha historia para unha novela, volverei a escribir unha novela”, conclúe, “cando che gusta escribir o pracer está, sen máis, en escribir”.

O xurado do XXXVIII Premio de Novela Blanco Amor estivo integrado por Teresa Bermúdez Montes, María Xesús Nogueira pereira, Bieito Iglesias Araúxo, Carlos Figueiras e Xesús Constenla Doce, asistidos pola concelleira de Cultura de Poio, Silvia Díaz Iglesias, en calidade de membro sen voto.


4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: