Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
20, 21 e 29 de abril no Consello da Cultura

"Comunicar Cultura", debullando os desafíos do xornalismo cultural

Ramón Lobo (El País) abre este martes as conferencias que afondan en experiencias desde diferentes soportes e medios e políticas culturais en Europa.

Redacción - 09:00 20/04/2010

As xornadas “Comunicar cultura” están promovidas polo Arquivo da Comunicación do Consello da Cultura Galega para os días 20, 21 e 29 de abril.

PROGRAMA MARTES 20 de ABRIL
Os traballos serán inagurados o martes día 20 ás 9´30 horas polo Presidente do CCG, Ramón Villares, e o coordinador das Xornadas, Xosé López. Deseguido Ramón Lobo (El País) falará sobre “Panorama e desafíos do xornalismo cultural”.

Ás 11 horas expoñeranse “Esperiencias de información cultural na rede”. Intervirán: Xosé Pereira, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Ás 13 horas terá lugar a primeira sesión “Comunicar cultura nos medios”. Intevirán: Xosé María Palmeiro (Consello da Cultura Galega), Francisco Rodríguez Pastoriza, profesor da Facultade de Ciencias da Información (Universidade Complutense de Madrid) e María Pallier, directora do programa “Metrópolis” (TVE).

Pola tarde continuarán as reflexións “Comunicar Cultura nos medios”. Ás 17 horas falará Alfonso Armada (Fronterad). Ás 18´30 será o turno de: Manuel Gago (www.culturagalega.org), Roberto Noguerol (Vieiros), Alfredo Ferreiro (Algueirada S.L.) e Ana Romaní, directora do programa  Diario Cultural (Radio Galega).


PROGRAMA DO MÉRCORES, 21


A segunda sesiòn comezará ás 10 horas co tema “Comunicar Cultura na sociedade-rede” e as intervencións de: Victor Sampedro (Universidad Rey Juan Carlos), Carlos Elías (Universidad Carlos III) e Salomé Berrrocal Gonzalo (Universidad de Valladolid).

Ás 12 horas chegará o penúltimo panel sobre “Comunicar Cultura nos medios” cos intervencións de: Xosé María Palmeiro (Consello da Cultura Galega), Henrique Sanfiz (Radiofusión) e Xavier Otero (Radio Galicia-SER).

Ás 17 horas completarase esta temática coas achegas de: Camilo Franco (La Voz de Galicia), Xosé Ramón Pena (coordinador do suplemento “Faro da Cultura” de Faro de Vigo), Santiago Jaureguízar (El Progreso), Antón Lopo (Galicia Hoxe) e Iago Martínez (Xornal de Galicia).

Ás 19 horas, Jacques Guyot (Université Paris 8) falará sobre “Políticas culturais en Europa e información cultural”.

As xornadas terán o seu epílogo o xoves 29 de abril ás 17 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega coa conferencia “Diversidade cultural e converxencia dixital”, a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidad Javeriana de Bogotá e membro do Consejo Nacional de Cultura de Colombia.


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: