Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
En substitución do falecido Gil Merino

A RAG acorda nomear académico a Henrique Monteagudo

O filólogo muradán ocupará un dos asentos vacantes na Real Academia Galega.

Redacción - 11:15 01/05/2010

"Desde 1996, a súa docencia e investigación véñense concentrando na historia social da lingua galega, a sociolingüística e a planificación lingüística. O seu prestixio dentro do campo da lingüística e filoloxías galegas traspasou as nosas fronteiras e fíxose internacional, cun amplo eco no mundo portugués e brasileiro". Sublíñao así a Real Academia Galega no seu anuncio de que o actual secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo, é o elixido para ocupar o espazo deixado na institución polo falecido académico Antonio Gil Merino.

Henrique Monteagudo (Muros, 1959) é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou e doutorou en Filoloxía Galega, e onde exerce como profesor desde 1982; foi tamén lector na University of Birmigham. Investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982 e membro do seu consello científico desde 1995. Investigador do Centro de Lingüística Geral e Aplicada da Universidade de Coimbra desde 2007. Nas súas liñas de investigación e publicacións tocou temas de filoloxía, historia da lingua e sociolingüística, ademais de editar textos de autores galegos, medievais e modernos (desde Martín Sarmiento e Rosalía de Castro a Otero Pedrayo, Castelao ou Ramón Piñeiro).


Conversa con Henrique Monteagudo: "A excesiva identificación do galego co nacionalismo é malo para o galego e malo para o nacionalismo" (21-10-2009)


2.64/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: