Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Terceira edición

A Coruña Son xa ten finalistas

Avante!, banda de rock do val de Loureda, foi a preferida dos internautas, únicos que decidiron os dez grupos escollidos.

Redacción - 11:30 05/05/2010

A terceira edición do certame de creación de canción popular A Coruña Son chegou á súa fin. Despois de case un mes de votacións na web do concurso, xa se coñecen os 10 grupos que recibiron máis apoios populares. A banda que levou máis votos este ano 2010 foi Avante!

Procedentes do val de Loureda, Avante! colocaron tres dos seus temas como os máis votados: Galiza Metal, Nostalgia de ti e Ponto e final. O resto dos 10 grupos máis votados son Esdrúxulas, Batital, Os John Deeres, Fucoxabier, Javier Ferreirós, Qronopios, Esquíos, DuploSon e Oito Destinos.

Os dez seleccionados terán, como premio, a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración, onde traballarán as súas propias composicións. Ao remate dese obradoiro participarán nun concerto, previsto para o 15 de maio. Gravarán, ademais, un disco colectivo e terán dereito a hospedaxe durante o período de preparación.

A Coruña Son é un certame organizado polas concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do concello coruñés.


3.88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: