Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POESÍA

Un Día das Letras para desbotar a indiferenza

David Rodríguez achega os seus lapidarios versos ás Voces en Movemento coas que homenaxeamos a Uxío Novoneyra.

Isabel G. Couso - 11:00 13/05/2010

'Nacín vello de máis para gozar dos encantos lixeiros
ou para me rebelar pasando á acción'

David Rodríguez (Vigo, 1975) ofrécenos tres breves, mais contundentes, composicións do seu primeiro poemario 'Lapidarias. Os versos escuros' (Xeras 2010) para celebrar canda nós o Día das Letras Galegas. Acredor do I Premio de teatro radiofónico Diario Cultural e autor do blog O funambulista Coxo, rende o seu particular tributo a Novoneyra cos seus "versos negros", botando man das dualidades da mesma existencia: a acción fronte á inacción ou a propia morte fronte a vida, alicerces nos que se basea a súa obra poética (autodestrución e redención, linguaxe e silencio, dor e pracer, violencia e amor). Velaquí a súa poesía de mínimas construcións, mais poderosas imaxes.


Podes volver ler aquí os Especiais das Letras dos últimos anos:


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: