Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa de 'La Vanguardia'

O apoio á independencia en Cataluña, na cota máis alta dos últimos tres anos

O arredismo medra máis entre os votantes dos partidos unionistas. Un de cada dez votantes do PP apoia a secesión.

Redacción - 13:00 20/05/2010

O 37% da cidadanía catalá está a prol da independencia, mentres que o 41% a rexeitan. Este é o principal dato que se pode extraer da enquisa publicada polo xornal La Vanguardia, e que sitúa ademais o apoio á independencia na súa cota máis alta dos últimos tres anos.

En novembro de 2008, tal e como explica o centro de estudos Ciemen na súa publicación Nationalia, a distancia entre arredistas e unionistas era do 14%. Mais destaca que a medra no amparo á secesión se dá principalmente e maioritariamente entre os votantes de partidos non independentistas.

Así, por exemplo, entre os do PSC pasouse do 22% hai dous meses ao 35% actual, a suba máis significativa. E nos simpatizantes do PP a secesión é rexeitada polas tres cuartas partes dos consultados, aínda que un 10% se manifesta a favor.

Nos de CiU a porcentaxe está en torno ao 40%, tanto dos que a apoian como dos que a rexeitan; nos de ERC, única formación onde o amparo é maioritario, sitúase no 80%. Por último, entre os votantes de ICV-IU prodúcese certo decrecemento: un 41% está agora a favor e un 51%, en contra, xusto o contrario que hai dous meses.


4.83/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: