Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No blogomillo

Lembranzas dun seminarista: a "purificadora catarse" de Xabier Docampo

O escritor chairego publica na súa bitácora persoal unha serie de relatos sobre a súa infancia. "A memoria do sufrimento axuda a esconxuralo", conta.

Redacción - 12:50 26/05/2010

"Eu estiven no seminario diocesano de Lugo dous cursos (de1956 a 1958). Propóñome, coma nunha purificadora catarse, contar aquí algúns dos meus recordos daquel tempo en cinco post sucesivos dos que este é o primeiro e seguirei cada dous ou tres días. Durante máis de cincuenta anos permaneceron esas lembranzas ocultas agás para os meus íntimos, mais optei polo oficio da escritura e esta impídelle ao escritor a ocultación ou o disimulo, permítenos a fantasía, pero a cambio esíxenos a totalidade da vida, a memoria do escritor non pode ser outra cousa que a longa memoria de todos os individuos".

(...)

"Era daquela eu un neno traste, pero só un neno de dez anos cheo dunha inocencia que teimaban en romper. Recibín golpes e insultos sen conta. Vivín aquel tempo aterrorizado, encadeado a unha continua sensación de medo".
"O sistema era tan obscenamente inxusto que non se me puido borrar nunca da memoria que a carón de onde eu comía un día fabas e outro garavanzos, coma nunha condena interminábel, un compañeiro estivese a comer un prato de patacas con ovos fritidos porque 'pagaba extraordinario' ou almorzando unha cunca de leite onde eu bebía cascarilla feita en auga".

(...)

"Cando os meus pais me deron a oportunidade de non regresar ao seminario no curso 1958/59, foi o día máis feliz da miña vida".


Recomendámoslles o relato persoal de Xabier Docampo na súa bitácora: XabierDocampo.net.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: