Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LNB

Apoio billardeiro a 'A polo ghit'

Este domingo en Conxo (Compostela) os palanadores disputarán o Play Off Nacional 2010 de billarda ao ritmo das últimas cancións do concurso musical de Vieiros.

Redacción - 19:15 27/05/2010

A Gran Muiñada 2010 xa ten os seus grans de millo para a histórica enfariñada dos Play Offs Nacionais de Conxo. Así o adiantan dende a Liga Nacional de Billarda (LNB) que volverán xuntar esta fin de semana á tribo billardeira en Compostela, desta vez ao ritmo dos últimos ghits de Vieiros.

Será o domingo 30M a partir das 11:30 da mañá. Os palanadores de todo o país enfrontaranse ao abafante sol que apuntan as previsións para suceder ao vitorioso Rubén Otero, que o ano pasado cimentou a súa hexemonía na final absoluta da LNB.

Dende a Liga Nacional queren facer explícito o seu apoio ó 'A polo Ghit' e xa anuncian que “o LNB Sound System pinchará a todo trapo os participantes nesta edición (xa van máis de dez) máis unha selección de temas de anteriores edicións.

Entre os actos paralelos tamén se prevé a convocatoria do concurso de microrrelatos billardeiros: "200 caracteres nos que apareza a palabra billarda ou calquera outra utilizada no país e no mundo para designar este deporte".

En Conxo xuntaranse os palanadores clasificados nas diferentes Conferencias espalladas por todo o país (Norleste, Noroeste, Sur e Centro). Velaquí os grans cos que xa se prepara a muiñada do domingo:


Conferencia Norleste
Equipos: Billardeiros Musicais , Os Outr@s.
Individual: Daniel, Markitos, Guille, Eric, Geni, Xermán, Andrés A, Jose, Franco, Reyes, Martinho , Martín.
Feminino: Geni, Reyes, Lola, Isabel, Lucía.
Varados: Daniel, Eric, Markitos, Antonio, Andrés.

Conferencia Noroeste
Individual:Roi (F. de S.), Anxo (Tar) , Lois (F. de S.) , Maceira (Xar), David (F. de S.), Rafa (Xar), Sergio (Xar), Leti (Xar), Jorge (Tar), Xose (F. de S), Miguel (Xar) , Xaquín (Tar) , Marica (Tar)
Feminino: Leti (Xar) , Marica ( Tar)
As franquicias : Filloas de Sangue e os Xarutos.
Varados:Roi (F. de S.)David (F. de S.)Lois (F. de S.) Sergio (Xar)Miguel (Xar)

Conferencia Sur
Equipos: Paquete Pinchas, Pincharango.
Individual: Lemos, Xan Rodiño, Celso, Salgue ,Luis,Davide,Chupi, Otero, Amil, L. Enrique, J. Otero, Dario,
Feminina: Fátima, María , Ana, Pauliña, Lorena.
Varados: Otero, Chupi, L. Enrique, X. Miguel , Darío.

Conferencia Centro

Equipos: FURABOLOS , TROULEIROS
En individuais:
1º IVAN------------------FURABOLOS
2º TOÑO----------------FURABOLOS
3º BASILIO-------------TROULEIROS
4º MARIO---------------XOGOS TRAD.
5º HUGO---------------TROULEIROS
6º JOSE------------------TROULEIROS
7º XAN------------------XOGOS TRAD.
8º XOSE MIGUEL-------GENTALHA
9º RUBEN LOPEZ-------TROULEIROS
10º CESAR----------------SP PONTRAGA
11º GUERRA--------------XOGOS TRAD.
12º XOSE ANTON--------FURABOLOS

Clasificación feminina:
1º CARMELA-----------TROULEIROS
2º BEGOÑA------------ TROULEIROS
3º YOLANDA-----------FURABOLOS
4º SHEILA----------------TROULEIROS
5º RAQUEL -------------TROULEIROS

Clasificación en varados
1º IVAN-------------FURABOLOS
2º HUGO------------TROULEIROS
3º BASILIO---------TROULEIROS
4º TOÑO------------FURABOLOS
5º XAN RODIÑO---XOGOS TRAD.
OU PABLO------------XOGOS TRAD.

-CONFERENCIA-USC ( Universidade de Compostela)
Pinto ( A Gentalha) , Rocha ( Xogos Tradicionais )

-ABERTO DA REPESCA [ ourense ]
Xosé Rodiño, Fran 13-14


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: