Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións presidenciais en Colombia

Santos imponse claramente a Mockus, mais haberá segunda volta

O líder do oficialista Partido de la U converteuse no triunfador da xornada co 46,56% dos votos, 25 puntos máis que o líder ecoloxista.

Redacción - 11:00 31/05/2010
Juan Manuel Santos, este domingo

Juan Manuel Santos, este domingo

O candidato gañador da primeira volta das eleccións presidenciais en Colombia, o líder do oficialista Partido de la U Juan Manuel Santos, e o segundo nas votacións, o candidato do Partido Verde Antanas Mockus, fixeron nos seus primeiros discursos logo de se coñecer os resultados electorais unha serie de xestos aos candidatos minoritarios para obter o seu apoio na segunda volta, que se desenvolverá o 20 de xuño.

Santos, que se converteu no gran triunfador da xornada co 46,56% dos votos, 25 puntos máis que Mockus, tendeu a man aos candidatos dereitistas Germán Vargas Lleras, da formación Cambio Radical, e Noemí Sanín, do Partido Conservador. O primeiro é máis proclive a apoiar a candidatura de Santos, aínda que aclarou que a formación aínd anon definiu a súa postura.

"Hoxe fago un chamado á unidade nacional, a unidade que hei de promover e pór en práctica durante o meu Goberno, sen distinción ningunha de partido ou de personalismos. O meu Goberno será un Goberno de inclusión, será un Goberno de todos os colombianos", afirmou Santos en declaracións a axencias internacionais.

Pola súa banda, Mockus, que as enquisas situaban en pé de igualdade con Santos e que finalmente obtivo 25 puntos menos, afirmou que a súa oferta electoral aínda é válida e que aínda poden gañar as eleccións, para o que pediu "unha alianza cidadá de partidos". O líder ecoloxista afirmou, no entanto, que non se tecerá sobre a base da concesión adiantada de cargos a determinados líderes políticos. "Aquí non hai nada para repartir, só principios e ideais que partillar", dixo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: