Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR TENENCIA DE EXPLOSIVOS

O Tribunal Supremo condena a catro anos de cadea a dous independentistas

Eleva a pena imposta anteriormente pola Audiencia Nacional e considera probado que Santiago Vigo e Sánchez Gorgas pretendían atentar contra unha inmobiliaria.

Redacción - 18:50 31/05/2010

A Sala Segunda do Tribunal Supremo (TS) elevou de un a catro anos de cadea a condena de dous independentistas galegos, José Manuel Sánchez Gorgas e Santiago Vigo, como coautores dun delito de tenencia de explosivos. A sentenza considera un feito probado que ambos os dous pretendían atentar contra unha inmobiliaria e un edificio en construción en Portosín.

O TS admitiu así o recurso que presentara a Fiscalía contra a sentenza da Audiencia Nacional, que en 2009 condenara a Sánchez Gorgas e Santiago Vigo a un ano de prisión como autores dun delito de danos en grao de tentativa, con finalidade terrorista. A primeira sentenza aseguraba que "os detidos tiñan a intención" de colocar un explosivo xunto as instalacións dunha inmobiliaria dentro dunha campaña que levaba a cabo Resistencia Galega contra a especulación urbanística. Porén, o Supremo entende que non se podía aplicar neste caso o delito de danos en grao de tentativa xa que "este plan non chegou a ter comezo de execución", xa que foron interceptados antes pola Garda Civil.

O que si está probado, segundo o Supremo, é que reuniran os explosivos necesarios para realizar un atentado, polo que deberon ser condenados por un delito de tenencia de explosivos. En consecuencia, imponlles a cada un a pena de catro anos de prisión.


1.5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: