Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CERTAME DE POESÍA

Lorenzo Baleirón, onde a poesía florece cada ano

Cando se cumpren 25 anos da morte do poeta, o Concello de Dodro convoca unha nova edición do premio que leva o seu nome.

Redacción - 12:45 03/06/2010
Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón

Ao igual que no caso do Fiz Vergara Vilariño en Sarria, o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón demostra que a pegada dalgúns poetas segue ben vixente na súa terra natal. O Concello de Dodro vén de convocar unha nova edición do certame literario, e xa son 23. Neste case cuarto de século de percorrido, o premio conseguiu converterse nun referente da poesía do país.

Este ano a convocatoria ten unha efeméride especial, xa que se cumpren 25 anos da prematura morte do poeta de Laíño. A pesar de que o seu pasamento chegou con pouco máis de 23 anos, ao pouco de se licenciar en Filoloxía Galego-Portuguesa, os versos de Lorenzo Baleirón conseguiron un espazo de seu (e ben grande) na poesía galega da primeira metade da década dos oitenta con obras como 'Os días olvidados' o 'Corpo e as sombras' ou o libro 'A morte presentida', publicado logo do seu falecemento.

A nómina de premiados no certame Lorenzo Baleirón é ampla e conta con nomes de poetas moi recoñecidos xa no noso sistema literario: Gonzalo Navaza, Helena Villar, Xabier Cordal, Xosé Miranda, Estevo Creus ou Rafa Villar son algúns dos nomes que gañaron edicións pasadas.

Nesta ocasión, o prazo para a recepción de traballos (obras inéditas entre os 500 e os 800 versos) está aberto até o 13 de novembro. O premio consiste na publicación do libro gañador na editorial Sotelo Blanco e nunha cantidade de diñeiro en metálico de 2.300 euros.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: