Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Reportaxe en Público.pt

O portugués medra na rede, ponse de moda na Europa do Leste e busca novos espazos

Mudanza estratéxica do Instituto Camões co obxectivo de acrecentar o seu valor no mercado global de traballo.

Redacción - 10:00 13/06/2010

"Fálase moito dos máis de 200 millóns de falantes de portugués, mais para unha política da lingua eficaz aínda hai moito a facer", expón Carlos Reis, reitor da Universidade Aberta e autor dun estudo de 2008 encomendado polo goberno portugués co obxectivo de deseñar estratexias para a promoción da lingua e cultura portuguesas.

"Falta recoñecer que o tema da política da lingua non pode ser unha moda estacional para adornar cimeiras e falta entender que a dispersión de esforzos é desastrosa en termos de bo aproveitamento dos recursos humanos e financeiros", afirma este especialista. Ao tempo, Reis non deixa de reclamar máis recursos humanos e financeiros para o Instituto Camões coa fin de convertela "nunha gran institución, concibindo e articulando unha política da lingua de modo que se poida ir máis alá da xestión corrente do ensino do portugués no estranxeiro".


Recomendámoslles a ampla reportaxe que publica esta quinta feira o diario portugués Público: O Português quer estar nos liceus estrangeiros ao lado do Inglês e Francês


4.72/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: