Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA O “TODO VALE”

'Galiza non se vende' insta o goberno español a recorrer a Lei do Solo

Fixeron entrega de diferentes escritos dirixidos a catro organismos estatais co obxecto de que presenten un recurso de inconstitucionalidade contra a lei galega.

Redacción - 10:45 11/06/2010
Galiza non se Vende denuncia que a Lei do Solo é "un todo vale" ao servizo dos intereses dos promotores, construtores e multinacionais.

Galiza non se Vende denuncia que a Lei do Solo é "un todo vale" ao servizo dos intereses dos promotores, construtores e multinacionais.

A rede Galiza non se Vende, que suma máis de 60 colectivos de defensa do patrimonio natural, cultural e paisaxístico de Galiza, vén de poñer en marcha unha campaña contra a última reforma da Lei do Solo (Lei 2/2010, de 25 de marzo), aprobada hai dous meses e medio.

Este venres, entregaron diferentes escritos na Delegación do Goberno en Galiza (A Coruña) co obxectivo de que presenten un recurso de inconstitucionalidade contra esta lei. Piden a súa suspensión polo Tribunal Constitucional porque entenden que infrinxe moi gravemente a Constitución e o resto da normativa ambiental e urbanística superior (sentenzas do Tribunal Constitucional, Directivas Ambientais, Lei de Costas ou lexislación estatal).

Diríxense así ao presidente do goberno español, á ministra de Medio Ambiente, ao ministro de Política Territorial e ao Defensor do Pobo. Denuncian así as mudanzas “claramente inconstitucionais e insostíbeis” introducidas na lei galega que entenden que “persegue a marbellización do litoral galego” e “unha enorme desprotección e destrución do territorio”. Explican que non é máis que “un todo vale consensuado cos concellos que só reponde aos intereses dos promotores, construtores e multinacionais, así como doutros intereses privados”.

Ademais, tamén emprazan ao Ministerio de Medio Ambiente a que “tutele a costa” e, tendo en conta que xa elaborou informes desfavorábeis contra esta Lei, “que adopte as medidas legais e constitucionais necesarias” para impedir a destrución do litoral galego, así como a “protección integral e definitiva da franxa costeira dos 500 metros, dos espazos protexidos da Rede Natura e dos lugares de interese cultural, social e paisaxístico do litoral”.


4.44/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: