Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'Estalará teu peito coa verdade'

O cantautor Fuco Xabier agasállanos co seu ghit 'Meniños Bomba'.

Redacción - 11:00 15/06/2010

"A canción fala dese momento no que por vez primeira son os fillos os que vencen ós pais na disputa dialéctica. A mesma plantéxase coma se dun combate se tratase", conta Fuco Xabier sobre esta súa peza que chega a A Polo Ghit.

"Comecei tarde como músico, e deixeino cedo. Sempre, as cousas da vida, as circunstancias e as decisións. O caso é que agora volvo, con máis ganas que nunca e coa intención clara de (por riba de todo) disfrutar deste proceso. Paseniño vai collendo forma un proxecto en solitario que busca dar saída ás miñas cancións, e revisitar outros temas que me gustan e que o tempo foi deixando no camiño. Espero que vos guste", relata sobre a súa experiencia no eido musical. 



Letra:

Meniños-bomba
En pesadelos avanzan con decisión,
con paso firme, tras da vinganza,
Seu fondo ser foi nutrido coa esperanza
de verte caer baixo da lei do Talión. Son teus fillos.

Levan anos acubillando palabras,
acoutando un dialéctico arsenal.
Prestos a morrer matando
han loitar de igual a igual.

Conta pendente que hai que saldar.

Chega o día.

Saberás o que é crueldade nun bis a bis con sangue do teu sangue.
Estalará teu peito coa verdade, meniños-bomba, bomba, bom-ba.
Verás a ira nos ollos máis amados, caerás por fin, por fin, derrotado.



Treme o volcán mil anos silenciado,

espertarás, sen tempo a reaccionar,
plantarás cara ó combate,
xogarás esta final.
Pesos pesados, vanse enfrontar.

Primeira Rolda.

Caiche vencido coa mirada perdida,
corpo encollido, sintes intensa dor.
Co factor sorpresa en contra
aprendiche unha lección.
Agora sabes que criabas un traidor.

Bico de Xudas.

Saberás o que é crueldade nun bis a bis con sangue do teu sangue.
Estalará teu peito coa verdade, meniños-bomba, bomba, bom-ba.
Verás a ira nos ollos máis amados, caerás por fin, por fin, derrotado.

Desta volta hante mancar meu.
Arrolas polo chan.
Son meniños bomba, bomba....



Todo isto e máis en A Polo Ghit 2010


4.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: