Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'Espabila, que a noite está a rematar'

Na cuarta feira chega o agasallo ghit dos KoGiTo, coa súa peza titulada 'Moza'.

Redacción - 10:15 16/06/2010

"Esta peza pretende ser unha oda a todas aquelas persoas que tiveron a ocasión de coñecerse e namorarse nas noites de festas de calquera pobo ou vila", cóntannos a xente de KoGiTo.

E desafían os KoGiTo: "Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar. Esa é a nosa proposta. Un consolidado grupo de once compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. Serás capaz de manterte completamente inmóbil?".

KoGiTo son: Isaac (gorxa), Natxo (Gorxa), Juan (Guitarra e Teclado), Saúl (Batería), Mario (Baixo), Valen (Guitarra), Rubén (Percusión), Carlos (Saxo Tenor), Adrián (Saxo Alto), Bruno (Trombón) e Manu (Trompeta).




Letra:

MOZA!

como me gustan as noites de festa
licor coas mozas e as gañas de desfrutar
aquela baila cos ombreiros espidos
xira que xira, berrando e erguendo as mans

con estas van catro veces que eses ollos
no meu camiño esta noite vanse atopar
non será a quinta sen que eu a ti me achegue
xuntos bailando as estrelas quero tocar

moza! cólleme a cintura
e non me deixes parar de xirar

abraiado pola túa mirada
meu corpo, corazón! vaite ir buscar
mentres vou escorregando entre a xente
pensando en nós bailando en horizontal

vai rapaz que xa non é sen tempo
espabila que a noite está a rematar
que si ti non me vas dando candela
isto non vou poder aguantalo máis

moza! cólleme a cintura
e non me deixes parar de xirar

como baila, como desfruta
non me deixes sen xirar


Todo isto e máis en A Polo Ghit 2010


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: