Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'Íspese e vai para o mar'

Ghit domingueiro para escoitar mentres cae o sol que chega da man de Shit Pony: 'Dagon'.

Redacción - 09:30 20/06/2010

SHIT PONY é o novo proxecto que comparten o artista multidisciplinar Snob Megalove e a musa punk Alex KoploBitch. Ningún dos dous sabe tocar instrumento ningún, así que desta volta enredaron ao Ionqui Estadella, afamado guitarrista de Power Metal Sinfónico, para que lles fixera o traballo sucio.

DAGON é o segundo single de SHIT PONY, un furolazo de Garaxe-Punk-Pop Lovecraftiano que nos fala de amor, praia e monstros mariños.

Co seu anterior single, SHIT PONY acadaron grande éxito no certame da canción violenta Berrobambán's Pressing Catch, sendo escollidos entre os gañadores co voto unánime do xurado. Snob Megalove e Alex Koplobitch son tamén integrantes de CREATIVOS CERO, a banda punk de culto que hai dous veráns puxera a bailar o Parlamento galego en pleno co seu "Antón Losada (Fiquei Namorada)".




Letra:

Dagon
Teño unha moza

Eu teño unha moza

Que naceu nun pobo

Que se chama Emboca

Anda nunha secta

Fai cousas estrañas

Ás veces eu penso

Que non é ben dada


Íspese e vai para o mar

Mergúllase ao caer o sol

Ela ofrece o seu corpo

Ao monstro mariño chamado Dagón

Ela ofrece o seu ventre a Dagón

Ela ofrece o seu sexo a Dagón


Teño unha moza

Eu teño unha moza

Que ten cara de peixe

E os ollos de tola

Non ten celulite

Pero ten escamas

Ponse moi cachonda

Cando vai á praia


Íspese e vai para o mar

Mergúllase ao caer o sol

Ela ofrece o seu corpo

Ao monstro mariño chamado Dagón

Ela ofrece o seu ventre a Dagón

Ela ofrece o seu sexo a Dagón


Todo isto e máis en A Polo Ghit 2010.


4.89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: