Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

Dagon e Moza, ghits da semana

O furolazo 'lovecraftiano' de Shit Pony seduciu os internautas durante os últimos sete días. Atrás del, chimpou con fortaleza a 'Moza' de KoGiTo.

Redacción - 12:45 28/06/2010
"Somos unha banda 100% de postureo, e estamos orgullosos", cóntannos os Shit Pony

"Somos unha banda 100% de postureo, e estamos orgullosos", cóntannos os Shit Pony

Chegaron á lista de A Polo Ghit 2010 xustiño ás portas do solsticio. Era o pasado domingo cando Snob Megalove e Alex Koplobitch nos presentaban a peza titulada 'Dagon', segundo single do seu proxecto Shit Pony. Autodefinido como "un furolazo de garaxe-punk lovecraftiano que nos fala de amor, praia e monstros mariños", o retrouso de verán dos Shit Pony gañou o favor maioritario na semana na que pechaba o prazo de recepción de cancións para o A Polo Ghit.

Aquí o que nos aclaran sobre as influencias neste 'Dagon: "A Sombra Sobre Innsmouth, de HP Lovecraft e a perralleira adaptación cinematográfica Dagon: A Seita do Mar, rodada en Combarro e ambientada na Galiza contemporánea".



E xa que logo, velaquí a lista de preferencias da última semana, antes de que os marcadores volvan a cero:

1.Dagon, de Shit pony

2.Moza, de KoGiTo

3.Tola atrás de ti, de Ses

4.A marajota, de O tren da unha show

5.Caña, caña e caña, de Skandalo GZ

6.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso

7.Máis non, de Paris Joel

8.Viva o Galego, de Zan Hoffman

9.Quimbumbia, dos Ulträqäns

10.O mundo vai, A voleo

10.Gladiador, de Os trabalhadores do comercio


En breve achegarémosvos as últimas pezas que desembarcaron na nosa caixa de correo nas horas previas a que pechase o prazo de recepción de pezas o pasado venres 25.


Todo en A Polo Ghit 2010


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: