Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma da lei estatal de caixas

"Privatización pura e dura", denuncia a CIG

Cualifican de "decretazo" a decisión do goberno español, advertindo que "cercena" as competencias en materia económica e financeira de Galiza.  

Redacción - 13:50 09/07/2010
Tags: caixas CIG

"Dende a CIG facemos un chamamento á sociedade galega para defender o noso maior patrimonio empresarial, as caixas son as maiores empresas de Galiza, non permitamos que paguemos entre todos e todas o seu saneamento con recursos públicos para ser privatizadas, é dicir entregadas aos de sempre: aos empresarios amigos dos partidos de goberno". Deste xeito o advirten desde a CIG, ao respecto da anunciada reforma do marco lexislativo estatal sobre caixas de aforro.

Recordan desde o sindicado que xa ao comezo do debate sobre a reestruturación das caixas de aforros agoiraron a intención do goberno español de buscar a privatización. Acusan o PSOE de pilotar un escenario similar ao que no seu momento levou á concentración da banca pública no grupo Argentaria para posteriormente privatizalo. "É unha privatización pura e dura", aseguran, indicando por exemplo que o permiso ás caixas para convertérense nunha fundación que poida transferir a xestión financeira a un banco segue o modelo italiano de privatización deste tipo de entidades.

Subliñan que a crise económica actual ten a súa orixe "nun control público insuficiente dos sistemas financeiros, nun deixar facer ás entidades por parte dos Estados e dos Bancos Centrais, no noso caso dun incompetente Banco de España". E ao fío, insisten desde a CIG en que o recomendábel sería un control público e democrático da economía e do sistema financeiro. "No caso das caixas non debemos confundir o control público co control partidista exercido ata o día de hoxe", precisan. Poden ler a análise completa na web da CIG.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: