Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 24 e 25 de XULLO

O debate de ideas no Festigal xirará arredor do laicismo e da memoria histórica

Unha mesa redonda tamén tratará a problemática dos dereitos de autoría e a cultura libre.

Redacción - 13:36 13/07/2010

Durante a fin de semana do 24 e 25 de xullo o Festigal, ademais dunha festa musical, será, como cada ano, un espazo aberto para o debate e o intercambio de ideas na capital de Galiza. A organización ten programadas tres mesas redondas que achegarán luz sobre diferentes cuestións.

A primeira terá lugar o sábado 24 ás 18.30 horas. Baixo a lenda de “Cultura libre? Dereitos de autoría, creación e cultura galega” tomarán a palabra Xabier Seixo de Reditegal; Francisco Alvarellos de 'A Casa da Música'; Pedro Silva, de Blogaliza; Marcos Paino, de Komunikando.net; e a parlamentaria do BNG Ana Luísa Bouza.

A continuación (ás 20 horas) outra mesa debaterá arredor deste título: A quen beneficia o esquencemento? A voltas coa memoria histórica?”. Na mesma estarán presentes os historiadores Xosé Carlos Garrido, Dionisio Pereira, Lourenzo Fernández Prieto e a escritora Carmen Blanco.

O domingo 25 de xullo, ás 18 horas, preséntase dentro do Festigal a III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres e a seguir, ás 18.30 horas, celebrarase a última mesa redonda que leva por título “Relixión, laicismo e sociedade no ano Xacobeo”. Na mesma participarán o historiador Francisco Carballo; a xornalista Comba Campoy; o ensaísta Andrés Torres Queiruga; o historiador Anselmo López Carreira; e a deputada nacionalista Carme Adán.

Pode completar a información na páxina do Festigal


4.69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: