Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O sexismo na lingua (e III)

13:05 09/05/2008

Remataba o artigo anterior avogando por un cambio cara a unha sociedade máis igualitaria. E se queremos o cambio cómpre cuestionar aqueles aspectos opresivos da vida cotiá de mulleres e homes que se presentan como naturais, e desvelar que en realidade son construtos culturais e sociais discriminatorios. É dicir, cómpre identificar os mecanismos de opresión, e a linguaxe (a que usamos todos os días de xeito inconsciente e aprendido) é un mecanismo de opresión: éo porque pode ‘alienar’ as interlocutoras e facerlles sentir que un enunciado non se está a referir a elas (ademais de confundir aos e ás oíntes con enunciados ambiguos), e éo porque pode sobre todo ser un dos factores que contribúe a que as mulleres se vexan a elas mesmas dun xeito estereotipado ou negativo, o cal inflúe abofé nas expectativas sociais de mulleres e homes, no que consideran que poden ser ou facer. Así é como o estudo da linguaxe ten unha importancia vital para os feminismos e para a loita pola igualdade, porque o feito de explorar criticamente a linguaxe é por suposto un xeito de desnaturalizala.

Para camiñar cara a este cambio hai que considerar a linguaxe respecto do seu uso, e non como un obxecto de estudo estático. E por iso, cando propuña diferentes estratexias para usar un galego non sexista (neutralización/xeneralización por unha banda, e especificación/feminización pola outra), tamén dicía que estas estratexias son xustas e gañan exactitude a nivel lingüístico na medida en que fan unha representación simétrica dos sexos na linguaxe e representan na lingua a diferenza sexual que existe no mundo. Pero sobre todo, as estratexias son útiles a nivel cognitivo na medida en que nos fan reflexionar sobre o que dicimos e en como o dicimos, sobre o que pensamos e en como o pensamos/conceptualizamos/construímos con palabras. Pois, aínda que o significado non é algo inherente aos signo lingüístico (senón unha perspectiva posíbel e non excluínte, froito da negociación en cada contexto comunicativo), o certo é que a tendencia desta negociación móstrase acorde á ideoloxía dominante.

Isto que veño dicindo en realidade non é nada novo. Dende os 70 a nivel internacional (con Robin Lakoff e Dale Spender como pioneiras) e dende mediados dos 80 a nivel estatal, lévase argumentado moito e ben sobre a necesidade e conveniencia dunha linguaxe non sexista, do que hai abondosa bibliografía. Con todo, semella que o camiño cara á igualdade é longo, e abonda escoitar conversas da rúa para que non caiba dúbida de que cómpre insistir. E por iso insisto.

Claro que, ao mesmo tempo, avogar por este cambio social tamén dende a linguaxe, implica ir contra a ideoloxía dominante. E isto pode ter dous efectos moi distintos: 1) pode facer espertar conciencias e consciencias até agora ben domesticadas e submisas, pero 2) tamén pode levar a que se reforce a dominación ante o que se considera unha ameaza contra a orde estabelecida, e por iso dende determinados círculos se fomenta unha oposición contra esta linguaxe inclusiva. A oposición, á súa vez, tamén ten dous signos diversos: a) na minoría dos casos, pode tratarse dunha oposición lícita contra a linguaxe non sexista que parta de presupostos doutras correntes da filosofía da linguaxe e da sociolingüística –non todas as persoas temos que pensar do mesmo xeito!– , aínda que dende o meu punto de vista os argumentos críticos que utilizan son rebatíbeis e rebatidos con éxito pola lingüística feminista nas súas múltiples caracterizacións –filosofía, sociolingüística, pragmática, semiótica, análise crítica do discurso, etc– apoiándose nas evidencias das probas empíricas; b) na inmensísima maioría dos casos trátase dunha oposición baseada en meras opinións (non argumentacións sólidas) que terxiversan de forma malintencionada os obxectivos da linguaxe non sexista, e que ademais difunden falsos mitos co obxectivo de confundir á opinión pública, aproveitando as influíntes columnas de opinión dos medios de comunicación. Pois disto último hai moito. Desculpen que bote man de exemplos en castelán, pero non podo evitar mencionar a Ángel López e a súa consideración da linguaxe non sexista como “rasgos puramente epidérmicos” que só reivindican aquelas persoas que viven na “ingenuidad neoplatónica” (Gramática Femenina, 1991); a Javier Marías e a súa definición de “una mojigatería, una ridiculez, una cursilería” (El País, 20/3/1995); a Manuel-Luis Casalderrey e a súa referencia a “lenguaje feminista coñazo” (La Voz de Galicia, 15/11/1995) ou “chorradiñas lingüísticas” (La Voz de Galicia, 3/8/2004, día que se publicaba no DOG a Lei de Igualdade); a Joan Busquet e a petición para que “los instigadores de tan peregrinas copulaciones (...) dejen de marearnos, de manera tan contumaz como inútil, con torpes apareamientos y otras tretas lingüísticas” (El Periódico, 25/11/2006) ; ou a Miguel García-Posada e o seu terror por “violentar la gramática e ir contra el sentido común” (El País, 20/03/1995), aínda que cómpre preguntarse quen/que fixa o que é o sentido común nunha sociedade... Disto hai moito, si. Demasiado. Chámase apropiación e neutralización, e temos exemplos ben recentes, como cando Fraga acabou facendo súa a proclama de Castelao ‘mexan por nós e dicimos que chove’ nas pre-eleccións do 2005, ou como aínda hoxe o patriarcado difunde a idea de que feminismo é o contrario de machismo (quen teña aínda dúbidas que consulte o dicionario). E abofé que esta terxiversación confunde á opinión pública. Se non, non se explica unha como é que tanta xente acabe por dicir paradoxos e absurdos como ‘eu non son machista nin feminista, só quero a igualdade’.

Economía da linguaxe e outras críticas contra a linguaxe non sexista
Este ‘novo’ machismo lingüístico do século XXI que terxiversa o sentido mesmo da linguaxe non sexista reduce a linguaxe non sexista a aquela que enche o texto de arrobas, barras, trazos, parénteses, palabras inexistentes ou duplicacións, entorpecendo o texto e creando unha linguaxe antinatural e afastada da gramática. Porén, nada pode crear unha linguaxe antinatural porque a linguaxe en si mesma nunca é natural, senón un construto social e unha cuestión de hábito. É curioso que tanto moleste o símbolo @ en galego para incluír a mulleres e homes en determinados contextos (a nivel persoal confeso que é a estratexia que menos utilizo –non sendo en sms– porque coido que hai outras mellores, pero iso non quere dicir que non sexa un recurso máis á nosa disposición), mentres que noutras linguas como o inglés o símbolo @ estea por todas partes para substituír a preposición ‘at’ (pois a súa pronuncia é idéntica) sen que moleste. Ao final vai ser que o molesto non é o símbolo, senón as mulleres.

Di tamén este machismo lingüístico baseado no descoñecemento que a linguaxe non sexista racha co principio de economía da linguaxe, e volvo á tan citada frases de ‘a cadela e o can son a e o mellor amiga e amigo da muller e do home’. Catro apreciacións: 1) A linguaxe non sexista non consiste para nada en crear frases deste tipo que invitan á ridiculez, senón a frases que fagan pensar na representación de mulleres e homes na lingua como podería ser ‘o can é o mellor amigo das persoas’ ou ‘o can é o mellor amigo do home e da muller’. Non se trata de repetir todas as palabras da frase con flexión de xénero, senón de duplicar o grupo nominal da frase porque a nivel cognitivo é o que máis poder evocador ten en crear unha imaxe mental determinada. Cómpre tamén determinar un criterio simétrico para a orde de aparición dos elementos, rachando coa orde social que nos levaría sempre a colocar o masculino primeiro, e este criterio pode ser por exemplo o alfabético (‘nenas e nenos’, ‘nenas/os’, pero ‘autor/a’, ‘autor ou autora’). E cómpre tamén seguir un criterio simétrico tamén para estabelecer a concordancia, e este criterio pode ser o de proximidade co grupo nominal (‘mañá chegan as nenas e nenos indios’, pero ‘mañá chegan o autor e autora india’). 2) A economía lingüística non é unha regra que estea sempre presente nas linguas porque, de feito, a linguaxe sexista é a primeira en non seguir o principio da economía da linguaxe! Son frecuentes os enunciados sexistas como ‘muller ministro’, ‘mulleres escritoras’, ‘mulleres panameñas’, ou frases como ‘trinta inmigrantes e unha muller chegan ás costas’, ‘cada vez hai máis mulleres enxeñeiras’, ou ‘mulleres soldado’ caendo no sexismo pola insistencia innecesaria do termo muller, que acaba facendo que a muller sexa, por riba de calquera outra cousa, muller. (Aplíquese lei de simetría!). Tampouco respecta a economía lingüística, nin é simétrico, utilizar o nome de pía diante do apelido para referirse a mulleres, como vimos antes, en enunciados do tipo “Ana Patricia Botín reúnese con Pizarro”! (Cómpre ou ben pór só o apelido nos dous casos, ou ben incluír o nome en ambos casos tamén). O caso é que eu non ouvín aínda a primeira queixa polo incómoda que é a non-economía da linguaxe nestes casos! Así que, unha vez máis, aquí temos a dobre vara de medir. 3) Xa teño falado de que o xénero lingüístico non é unha simple categoría gramatical, senón que cando o referente son persoas, sexo e xénero converxen e adquire así valor semántico (agás nas moi contadas excepcións dos epicenos). Porén, moitas das persoas ‘fieis’ á Academia da lingua que acusan á linguaxe non sexista de ser contraria á economía da linguaxe, tamén insisten en que o xénero non ten sentido específico e que pertence ás obrigas estruturais da linguaxe. Caen así nun evidente paradoxo, porque se o xénero lingüístico é só unha cuestión gramatical que non achega ningún significado, a súa propia existencia iría en contra da economía da linguaxe! 4) O argumento da economía en si mesmo resulta moi cuestionado noutros ámbitos, xa que tal criterio podería servir para xustificar a eliminación das linguas en favor dunha soa (pero xa sabemos que neste caso se defende a variedade como forma de riqueza e de valor dunha comunidade). E 5) Por se alguén cre que dicir ‘can’ é discriminatorio coas cadelas, cómpre entender que os nomes de animais si son epicenos –o rato, o sapo, a xirafa, a rata, o cervo, a ra– e non son discriminatorios porque os animais non pensan con palabras, é dicir, a nosa linguaxe non é un organizador cognitivo das súas acción e por ese motivo non está relacionado coa súa discriminación social por razón de sexo. E por unha vez concordo con Joan Busquet (iso si, para ridiculizar a súa propia ridiculez) e confirmo que “la invasión de gatos callejeros que sufren los vecinos de algunos descampados incluye naturalmente a las gatas”. Pois ben, fica claro xa que estes argumentos rozan o absurdo, malia o empeño dalgúns por seguir coando onde poden ridiculeces que buscan a complicidade social para burlar e distorsionar o sentido mesmo da linguaxe non sexista: véxase o exemplo castelán de Javier Marías “Los empleados y las empleadas madrileños y madrileñas están descontentos y descontentas por haber sido instados e instadas, y aun obligados y obligadas, a declararse católicos y católicas, o fielos y fielas a otros credos...”. Co doado que sería dicir ‘As empregadas e empregados madrileños están descontentos porque se lles instou, e mesmo obrigou, a declarse católicos ou fieis a outros credos...’!!!!

Así mesmo, atácase á linguaxe non sexista dicindo que ‘crea’ palabras que non existen para nomear especificamente a mulleres, como ‘a xuíza’ ou ‘a chanceleira’. No entanto, a regra da inversión demóstranos que non pasa nada por crear palabras en masculino para que funcionen como xenéricos do tipo ‘o modisto’ (malia existir xa previamente unha palabra neutra, como ‘o modista’), ‘o enfermeiro’ (malia ser maioría enfermeiras na profesión), ou que se diga ‘o cociñeiro’ malia que en termos porcentuais quen cociña (fóra dos programas de televisión) son mulleres. Estas si que axiña se volven ‘normais’ e ‘naturais’ na lingua.

O politicamente correcto
Ademais, en xeral, todas estas críticas obvian o papel da linguaxe na contribución a unha sociedade máis igualitaria, e acusan á linguaxe non sexista de ser simplemente unha cuestión que fica no terreo do ‘politicamente correcto’ (PC). Sen entrar a fondo nas orixes mesmas do termo (que a grandes trazos se podería situar en grupos de esquerdas dos 70 que utilizaban o termo para ironizar sobre a rixidez e intransixencia dalgúns dos seus postulados), hoxe en día considérase que o ‘PC’ consiste nunha linguaxe chea de eufemismos e nunha serie de regras lingüísticas esaxeradas que se utilizan para non ofender a ningún colectivo supostamente minoritario ou en situación de inferioridade social, co fin ‘epidérmico’ de evitar conflitos. E ter que dicir que “los ciegos son invidentes, los cojos son minusválidos, los subnormales disminuidos psíquicos, los mongólicos síndromes de Down y así sucesivamente, en un intento de suavizar sus males por la vía de modificar sus nombres” parece molestar moito a algúns, como o escritor castelán Julio Llamazares (El País, 20/01/2007).

Con estas frecuentes e mediáticas opinións acaba creándose unha oposición contra estas expresións ‘PC’ por seren contrarias á liberdade de expresión, e por extensión parece que implicitamente se acusa á linguaxe non sexista de ser contraria tamén á liberdade de expresión. O problema é que se confunde (e faise decote) o obxectivo do supostamente ‘PC’ (un xeito de non ferir sensibilidades) co verdadeiro obxectivo da linguaxe non sexista e da linguaxe non discriminatoria en xeral (pensar/construír a realidade con outras palabras). E case sempre que se abre un debate sobre sexismo na lingua se acaba mencionado o ‘politicamente correcto’, coma se de sinónimos se tratase (lembremos o título daquela suxestiva reportaxe ‘Unha nova batalla contra a discriminación ou o enésimo artificio politicamente correcto?’). Confúndense, pero a realidade é outra. O ‘PC’ e a linguaxe non sexista non son para nada a mesma cousa, e de feito ningún/ha feminista defendeu nunca a adopción da linguaxe non sexista por ser politicamente correcta!! Non se trata (non canso de repetilo) de ser eufemista, nin se trata tampouco de impoñer ou prescribir cambios nas palabras para non ‘ferir’ sensibilidades. Do que si se trata é de cambiar o repertorio de significados que transmite unha lingua, de reflexionar responsabelmente sobre o que se di e sobre como se di para cambiar de perspectivas e contribuír así, dende o interior de cada persoa, a subverter a realidade patriarcal. Por isto, utilizar nestes contextos o termo ‘PC’ é un xeito de trivializar o debate sobre as prácticas de linguaxe non sexista. Reducir a linguaxe non sexista ao mero ámbito do ‘PC’ é un novo intento de apropiarse, de desacreditar e de ridiculizar as políticas lingüísticas a prol dunha sociedade máis igualitaria.

Planificación lingüística & planificación de xénero
Unha última reflexión. Dixen antes que a linguaxe é un mecanismo de opresión na que se xeran sempre unhas relacións de poder e de dominación. E a isto, dependendo do ámbito do que se trate, dáselle unha ou outra relevancia. Cando o dicimos as e os feministas axiña se nos desacredita. Pero cando o din outros estamentos lingüísticos, as relacións de poder opresoras intentan compensarse. Como ben explica María Jesús Fariña neste artigo (páx. 62) [http://www.contaconelas.org/materiales_files/LIBRO_universidad.pdf ] con frecuencia foméntanse prácticas para galeguizar áreas de coñecemento (sobre todo nas novas tecnoloxías), pero dáse o paradoxo de que estas novas ferramentas tecnolóxicas perpetúan a linguaxe sexista reproducindo contidos ancorados nos prexuízos do pasado: “cliquéase, chatéase, faise delete sen pensar na presión de ningunha normativa, pero particularizar o feminino é custoso, vai contra as normas lingüísticas e queda fóra das prioridades”. De feito, particularizar o feminino segue a provocar reticencias entre aquelas e aqueles axentes de planificación lingüística preocupados pola promoción das linguas minorizadas en comunidades heteroglósicas, que defenden que o galego é un estandarte de tradición e daquela debe amosar resistencia ás imposicións foráneas (como por exemplo, a linguaxe non sexista) para evitar a inseguridade lingüística (decote arraigada) nas e nos falantes. Non obstante, a consecución dun galego non sexista tería importantes aspectos vantaxosos, e non só para a sociedade galega (que deste xeito sería máis igualitaria) senón tamén para a propia lingua, pois invitaría a examinar cuestións de dominación, de violencia simbólica, de hexemonía e de imperialismo lingüístico.

Os paralelismos que se poden estabelecer son moi numerosos e produtivos e, dende logo, a planificación lingüística pode ir perfectamente acompañada da planificación de xénero. Na encrucillada xénero e nación, eu escollo AS DÚAS!

4,33/5 (18 votos)


Comentarios (36)

lourentia #1 hai 2 dias lourentia

Parabéns polo artigo

ranciadas #2 hai 2 dias ranciadas

Demagoxia barata e estupidez feminazi, non sei cando estas feministas entenderán que o sexista non é a linguaxe senón a postura da persoa. Dáme noxo ler un texto cheo de arrobas ou de os/as por todos os sitios do texto, ao cabo xa nin o leo. Encántanme iso de copiar dos españolistas o de "xóvenas". Pero, tampouco di a autora que cando é unha cuestión negativa nunca empregan o feminino. Nos telexornais falase sempre dos terroristas de ETA, pero nunca de "a terrorista" de ETA. Por que será? Que as parvadas de María Teresa Fdez. de la Vega teñamos que compartilas os demais. Lembro unha vez que fun a unhas xornadas feministas e era o único home, mirábanme como un becho raro e quedei abraiado cando unha conferenciante francesa só lle faltou dicir que había que matar os homes.
Canta muller vive do conto do feminismo e da descriminación mal chamada positiva, igual que a cuestión da paridade (opinar o contrario é incorrecto). Supoño que o colectivo gai tamén terá algo que dicir e as outras opcións. E xa non falemos da lei de violencia de xénero, das denuncias falsas, da inexistencia de custodia compartida, etc., etc.
Así que Olga moita pseudofilosofía universitaria pero o artigo adoece, como os anteriores, de sensatez.

Lidor #3 hai 2 dias Lidor

ranciadas, sensatez non é o que che sobra a ti neste caso. Se non sabes nin que a linguaxe é sexista, a estas alturas da vida... E terás que ir á farmacia para ese problema de noxo polas arrobas.

crunha #4 hai 2 dias crunha

Pois a min o da arroba tampouco che me gusta nada. Non sei, disque frases como "a cadela e o can son a e o mellor amiga e amigo da muller e do home" non é o que se pretende, que o que recomenda a linguaxe non sexista sería, por exempo "o can é o mellor amigo das persoas", pois que se me explique por que "o can" e non "o can e a cadela".
Conste que estou de acordo en quitarlle carga sexista á lingua, pódese utilizar persoas en vez de homes, etc. pero ás veces estamos chegando ao absurdo.
Como se dixo no anterior debate tamén habería que solucionar o tema de que no galego o feminino teña as veces caracter de superioridade, de máis grande que o masculino, por exemplo a machada e o machado, este último máis pequeno ca o primeiro.

Xeonllo #5 hai 2 dias Xeonllo

Estou de acordo en que se debe loitar contra a linguaxe sexista, mais hai moitas maneiras de entendelo e de facelo. Por exemplo, non se debe empregar como sinónimo de "valeroso" ou "valente" a expresión "ter collóns", a non ser que sexa cunha intención cómica, aínda que moitas veces non se entende a intención. E moitísimas cousas máis.

Tamén quero dicir que cando se fala de que facer estas cousas é unha superficilidade que entra no "politicamente correcto" eu penso que se entendemos como "politicamente correcto" o que está socialmente ben visto en cada época, profundizarmos nesta cuestión do papel que representa cada sexo na sociedade e a súa consecuencia ligüística non só non é politicamente correcto senón que é case revolucionario; é transformador.

Outra cousa que quería comentar é o desacordo con que haxa que marcar o feminino en determinadas palabras que non teñen sufixos de xénero marcado para o masculino. Se non se di "xuízo" mais si "xuíz", o que resulta discriminatorio é dicir "xuíza". Hai que reivindicar o xénero non marcado como igual para ambos sexos. O mesmo con palabras como "alcaldesa" ou "poetisa", entre moitas outras. Non deberían existir, e o feito de que existan é linguaxe sexista. Dicir "a xuíza" é o sexista, e non dicir "a xuíz".

As linguas menos sexistas son aquelas que non teñen ningún sufixo de xénero, que non é en absoluto necesario. Para falarmos de homes (en realidade "varóns", porque "home" é o nome da especie, apropiado polo xénero masculino) ou mulleres non é necesario que as terminacións dos adxectivos que se lles atribúen termine con sufixos diferentes. Nese sentido, o inglés é unha lingua moito menos sexista que o galego ou o castelán. E teño entendido que o árabe é moito máis sexista, levando o sexismo ata o pronome persoal de segunda persoa de singualar, como se nós dixesemos, en vez de "ti" ou "tu", "tia" ou "tua". E non cabe dúbida de que iso se corresponde co que é a sociedade nos países de influencia árabe e relixión musulmana: moita máis discriminación entre os sexos na sociedade. Paralelismo coa lingua, porque a lingua non é unha cousa que sae porque si, ao azar.

mazairas #6 hai 2 dias mazairas

Para crunha:
Para facer referencia as persoas, o xenérico é sempre masculino. No obstante, para facer referencia ós animales, o xenérico algunhas veces é masculino (o rinoceronte, o búfalo, o rato) e outras veces á feminino (a cebra, a rata, a ra). Mancha chover na Havana.
A parte desto, copio un cacho do artículo que creo que non liches ben: "E 5) Por se alguén cre que dicir ‘can’ é discriminatorio coas cadelas, cómpre entender que os nomes de animais si son epicenos –o rato, o sapo, a xirafa, a rata, o cervo, a ra– e non son discriminatorios porque os animais non pensan con palabras, é dicir, a nosa linguaxe non é un organizador cognitivo das súas acción e por ese motivo non está relacionado coa súa discriminación social por razón de sexo".

crunha #7 hai 2 dias crunha

Grazas polas aclaración mazairas, de todos xeitos segue sen convencerme a cousa. O exemplo do can eu non o vexo así.
Outra exemplo. Cando digo que "debería haber igualdade entre todos os homes", pois é certo que podo dicir mellor "que haxa igualdade entre todas as persoas". O que xa non me parece correcto e falar de "igualdade entre todos os homes e mulleres". Cando escoito algo así penso: e os nenos? e as nenas? ou estase a falar de igualdade entre os dous sexos?

ranciadas #8 hai 2 dias ranciadas

Lidor, sei perfectamente o que é linguaxe sexista, e se queres receitóche algún medicamento para calmar. Xa vexo a túa sensatez insultando coa "medicación". Do máis baixo e sen argumentos.
Pois eu tamén quero o cambio nos animais e nos vexetais, que teñen todo o dereito do mundo: o xoaniño e a xoaniña, o piollo e a piolla (non sei se Olga será capaz de distinguir o xénero tan rápido ao ver o tal becho), o toupo e a toupa, o cebro e a cebra, o porcoteixo e a porcateixa, o xirafo e a xirafa, o rinoceronte e a rinoceronta, o elefante e a elefanta, o xabarín e a xabariña, etc., etc.
E que facemos cos hermafroditas como algúns peixes (ou peixas), ou cos coscos ou coscas hermafroditas imcompletos? Ou son terceiro xénero?
E coas plantas ídem de ídem, o cánabo femia ou a cánaba, o piñeiro e a piñeira, a maxaeira e o mazaeiro, indescriptíbel e ABSURDO.
Tampouco me gusta o de "as persoas", quero tamén "os persoos".

malpocado #9 hai 2 dias malpocado

Pobres dos que tenham que tragar a tese de doutoramento... uf!

sophia #10 hai 2 dias sophia

Parabéns polo artigo, e noxo por algúns comentarios de homes que escreben eiquí. Tamén os compañeiros de Simone de Beauvoir cando publicou "O Segundo Sexo" reaccionaron con brincadeiras e non pouca violencia. Moito ánimo a tódalas mulleres intelixentes coma Olga, ás que se atreven a denunciar situacións inxustas e linguaxe discriminador, ás que aportan ideas e non se resignan a vivir nun mundo feito por homes e pra os homes.Malia os homes e as mulleres machistas, que tanto mal fan.

Telleiro #11 hai 1 dia Telleiro

Parabéns á autora do artigo.Aos que cotifan en comentarios precedentes pregaríalles unha segunda e mesmo unha terceira lectura,e de vagariño.

ranciadas #12 hai 1 dia ranciadas

Sophia argumenta e deixate de paioladas e telleiro podes ler cantas veces queiras o artigo.
Por certo, por que pon primeiro "as empregadas" e despois "os empregados", acaso iso non é unha descriminación? Por que o xénero feminino vai primeiro? Isto dáme a razón de que o único que buscan xente como Olga é sustituír o machismo imperante polo feminismo modernista e chupiguai e absurdo de Zapatero e a súa prole, o chamado por certas feministas norteamericanas, o feminazismo.
Tanto machismo, tanto machismo, pero se a Galiza non foi e é unha sociedade matriarcal? Que é que as mulleres están libres de transmitir o machismo na sociedade aos seus fillos? Ou frases como se estás na cociña ou limpando "quita de aí que ti de iso non sabes"?
A realidade non é a linguaxe, senón o comportamento da persoa, condundimos todo, todos e todas, todos/as e tod@s.
Razón ten o foreiro que pon o que teña que ler a tese boa a leva.

OBSERVADOR #13 hai 1 dia OBSERVADOR

O melhor dos três artigos e muito bom mesmo. Parabéns à autora.

Só indicar-lhe que deveria ver com igual clarividência as cousas da língua. A linguagem é importante, sim, e para além a língua é espelho da linguagem. Concordo em que Javier Marías é um pedante machista sem remédio. Mas os da RAG, como bons espanhóis, não lhe ficam atrás...

ranciadas #14 hai 1 dia ranciadas

Observador, e os portugueses (xa que criticas a RAE e a RAG) como solucionan a linguaxe supostamente sexista? Quen es ti para chamar a xente da RAG españois? Non esbardalles tanto. Seguro que xente como Ferrín, Darío Xoán Cabana, e moitos máis de españois teñen máis ben pouco. Pero para argumentar dunha cousa non fai falla desacreditar outra. Ou acaso Lisboa fai todo ben? Ou a AGAL? Non hai españois en AGAL? Eu coñezo varios.

mazairas #15 hai 1 dia mazairas

Xeonllo:
Dices que como xuiz é neutro e por tanto xuíza é sexista. Entón, andaluza tamén é sexista (porque que eu saiba o masculino é andaluz, non andaluzo)?

Xeonllo:
Dices que as linguas menos sexistas son aquelas que non teñen ningún sufixo de xénero, que non é en absoluto necesario. Eu penso que non ten porqué ser sempre así. Álvaro García Meseguer en ‘¿Es sexista la lengua española?’ conclúe que o inglés é máis sexita aínda que o español , porque en inglés idioma o xénero só se lle atríbue a persoas (non a cousas), e entón cando dis unha frase con ‘every passenger should take his luggage’ falas claramente dun home.
Pero más alá de todo esto, se o obxetivo é cambiar a forma de ver o mundo, entón está claro que si interesa en galego marcar en femenino aquelas palabras que teñan masculino, porque así fanos pensar que no mundo somos a metade homes pero tamén son metade mulleres. E como a sociedade é sexista, un neutro faranos pensar en home. Eu son feminista, e piquei co acertijo ese de Pérez do outro artigo.

mazairas #16 hai 1 dia mazairas

Nalgunhos destes comentarios hai moito do que xa denuncia a autora. Os persoos (facémolo masculino xenérico tamén se queredes) contrarios á linguaxe non sexista que escriben comentarios aquí dan meras opiniós sen fundamentar (algún persoo chegou a dicir que a linguaxe non sexista lle dá noxo). Son opiniós iguales ás de toda esa peña española que cita a autora do artigo. Pero o más simpático é que os persoos, por encima, aínda teñen o morro de acusar a outras persoas que fan comentarios e á propria autora dicindo que non argumentan! Esto é o mundo do revés.

ranciadas:
Por certo, a min as verduras tamén me dan noxo (esto é opinión). Pero cómoas porque o médico me dixo que me eran boas para a saúde (esto é argumentación e coñecemento científico).

ranciadas:
Ten razón telleiro de que che viña ben ler outra vez o artigo. Meu filliño, aínda estás preguntando por que a autora pon primeiro "as empregadas" e despois "os empregados"... Dicho a autora ben clariño no artigo. E tamén che explica que é a súa opinión. Le, anda. Que perigo esta xente que non sabe ler pero pensa que si sabe.

ranciadas:
O da sociedade matriarcal en Galiza é outro das falsidades do patriarcado. Nun matriarcado gobernan as matriarcas. En Galiza gobernan os patriarcas, petrucios, caquices, ou quen ti queiras, pero todos homes. Se tes interese infórmate. E se non, sigue vivindo na ignorancia.

ranciadas:
É ben triste que queiras o cambio para animais e plantas sen antes preocuparte pola túa especie. Pero que se lle vai facer. Xa sabemos que as pobres piollas teñen triples xornadas laborais e tamén merecen estar presentes no noso imaxinario colectivo. Vaia exemplo das cos teus ‘argumentos’, para pedirlle logo a outros que argumenten.

mazairas #17 hai 1 dia mazairas

malpocado:
Pois a min xa me gustaría ler a súa tese de doutorado. Seguro que aora ten para sustituír os exemplos de Reverte, Busquet e Javier Marías por algunhos dos indesperdiciables comentarios deste foro. Que interesante...

malpocado #18 hai 1 dia malpocado

Suponho que com sisudos estudos como este acabaremos vendo mais casos como o de Rinoceronte, o livro "The Curious Incident of the Dog in the Night-time" e a tradutora que vai por livre, e tam lista é, que sabe mesmo melhor que o escritor como deve ser reescrita a história.

Se opinar en contra deste artigo é um signo de machismo, estamos aviados.

ranciadas #19 hai 1 dia ranciadas

mazairas recoméndoche que leas de novo o artigo, a min non me tes que dicilo. O perigo es ti que pensas que es posuídor/a da verdade absoluta, que sodes os/as peores (non sei o teu xénero, perdoa se es hermafrodita).
Se soubeses algo de antropoloxía galega, a min non me vas dar leccións nesta materia desde logo. Desde pequeno vin como as mulleres no rural eran as que mandaban, o dos patrucios era todo fachada pero realmente quen decidía os tratos, os temas da casa, etc. era a muller e se aínda me tocas máis non era nada extraño que utilizasen o aspecto sexual como medida de presión (claro isto non é politicamente correcto dicilo). Galiza foi sempre un matriarcado, o que é falsísimo como unha moeda de tres euros é que sexa patriarcal, iso é un inventiño do feminazismo e de certo independentismo que aínda vive na época da revolución bolchevique. E dentro dese poder das mulleres había moito machismo e aínda existe e transmíntenllelo aos fillos. A ver négame isto!!!

Sobre "as empregadas e os empregados" vese que non che dá de máis o miolo, porque a autora refírese a outra cousa e o que digo eu é completamente distinto, porque non pon "os empregados e as empregadas", ou é que tamén existe unha posición privilexiada na lingua polo feminino EN PRIMEIRO LUGAR como adoece a autora, con poñer "os empregados" sábese perfectamente que se inclúen todos (sexan homes, mulleres, gais ou transexuais) e que na linguaxe adopta un rol totalmente neutro. Se estou a falar da gaivota, pódese sentir ofendido a gaivota macho, porque "gavioto" é a cría, non?. Do mesmo xeito tería que dicirse "dentisto", por que "dentista"? Tanto machismo como feminazismo son os dous extremos do mesmo. Pero para argumentacións xa están as túas, que son "cum laude", ala! baixa un pouco da burra que Modesta xa subiu.
Concordo completamente con malpocado se coidar que este artigo é moi frouxo e a min paréceme unha perda de tempo, xa é un signo de machismo, o contrario, podo pensar, que é un signo de feminazismo (termo definido polas feministas coherentes norteamericanas e algunhas europeas). Deberías ler un pouco máis a autoras como Carolyn Hannan sobre a perspectiva de xénero e despois falamos.

Para o que non o saiba:

Feminazi o hembrista es aquella persona (no siempre mujer, aunque suele ser lo más frecuente) que postula una postura análoga al machismo pero con el sexo femenino como protagonista. Las feminazis no creen en la igualdad, sino que luchan por sacar ventajas para las mujeres a costa de empeorar la situación de los hombres. Las verdaderas feministan no comparten esta postura, ya que tienen un sentido más profundo de la justicia social, y repudian las actitudes ventajistas.

ranciadas #20 hai 1 dia ranciadas

Por certo, mazairas, se tes tanta preocupación pola linguaxe, deberías coidala un pouco porque as túas estruturas son moi españolas.
"doutorado" non é, sería TESE DE DOUTORAMENTO. "algunhos" non é normativo (é dialectal), pon "algúns", e despois se queres "algúns/unhas" e xa me dirás como poñes a arrobiña entre estes dous termos.
Creo que é un gran problema este da linguaxe na sociedade de hoxe, até se resente a miña hipoteca (ou o hipoteco).

mazairas #21 hai 1 dia mazairas

Discrepo absolutamente con #19, como podes imaxinar.
Pero, de verdade, saes con cousas das que xa se falaron nos 250 comentarios do artigo 2, p.ex. o de dentisto, que che extraña tanto? acaso non se dice modisto e todo o mundo tan feliz? Ou p.ex. decir que "con poñer os empregados" sábese perfectamente que se inclúen todos", que quedou claro no anterior artigo, con moitas razóns, porque eso é mentira. Nunha charla organizada por Vicepresidencia no meu centro fixeron un pseudoexperimento no que decían "o noso equipo gañou o partido, pero ningún xogador marcou un gol", e os douscentos e pico nenos e nenas que había no auditorio non entendian. Así que xogador non inclúe a todas as persoas, só inclúe os varóns.

Eu xa teño lido a Hannan e moitas e moitos autores (aquí non protestas pola orde? ou mellor moitos e moitas autoras?) sobre perspectiva de xénero. Así que por poder xa podo falar. Pero xa me cansa, porque o que che tería que decir a ti xa o teño dito tantas veces... É como explicarlle a un castellano naciolista-español o que significa o nacionalismo periférico. Teño cousas mellores que facer.

E o meu sexo, se queres que sexa hermafrodita, adiante. Pero xa vexo que con moita atención non lees. Si non lees os comentarios con atención, igual tampouco liches o artigo... E desde logo non as tres series do artigo, e moito menos os enlaces que hai postos. Porque arriba, no meu comentario #15, decía eu "porque así fanos pensar que no mundo somos a metade homes pero tamén son metade mulleres".

Claro que é util a definición de FEMISTAS ou FEMINAZIS que se fai dende o feminismo, xustamente para deixar claro que ser feminista non é o oposto a ser machista (como tan ben se ocupa de trasmitir a sociedade conservadora na que vivimos, porque eu ata hai pouco tiña 'medo' de decir que era/son feminista, non foran pensar que era un tolo...). Pero eu non lle vexo o feminacismo a este artigo en ningures. Irradía feminismo.

En #20 tes razón. Perdoa(de) polos meus erros de galego, que intento mellorar. Para a túa pregunta teño resposta: algún(ha)s.
Boa tarde.

Lidor #22 hai 1 dia Lidor

ranciadas, que sabe de todo, cando está no hospital chama por un médico se pensa que ten algo grave, pero cando quere que lle traian unha aspirina pregunta se non hai unha enfermeira de garda, e seguro que lle encantaría ter un despacho con secretaria, pero el será o xefe. Tes co feminismo un ton violento e perdoavidas que recorda a Fraga Iribarne, un pouco de respecto, por favor.

Xeonllo #23 hai 1 dia Xeonllo

Mazairas:

Efectivamente, eu penso que tampouco se debería dicir "ANDALUZA", xa que non existe "ANDALUZO". O que ocorre é que iso non é fácil cambialo. Non é posible de súpeto nin moito menos. O feito de dicirmos "ANDALUZ-A" e non marcar xénero en "ANDALUZ", atribuíndoo ao masculino, é unha evidente mostra de sexismo que reflicte unha realidade social. Se non fose así, "ANDALUZ" serviría tanto para o masculino como para o feminino. E se o sexo dominante fose o feminino, "ANDALUZ" sería só para mulleres e "ANDALUZ-O" para homes. O caso de palabras como "XUÍZ-A" é moito máis doado de evitar porque o emprego de "XUÍZ" tamén para o feminino é tamén normal e hoxe en día non está arraizado dabondo o emprego exclusivo de "XUÍZ-A".

Con respeito ao teu segundo punto, no que te dirixes a min, direiche que non comparto o punto de vista que expresas, aínda que sexa tamén a opinión de Álvaro García Meseguer. Os argumentos para dicir que as linguas sen marca de xénero non son menos sexistas non me parecen nada convincentes.

OBSERVADOR #24 hai 1 dia OBSERVADOR

Ranciadas: tu escreve como quiseres. A mim importa-me que o pessoal que sabe do que fala, como a Olga Castro, se exprima do melhor jeito possível. Ela é de fala lusófona, o seu artigo (bem escrito) poderia ter uma difusão muito maior e não ficar na fronteira (machista) do Reino Bourbónico.

Celso #25 hai 1 dia Celso

Sem ler nenhum comentário ainda (agora começará a liorta ;-) ) :

Parabéns, Olga, por este artigo. O melhor da série. Claro, contundente, directo, meta-discursivo (suponho que estão por aí alusões ao debate anterior, não é?).

Como dizes, o que amola a muitos (masculino não inclusivo: varões) não é a reforma da língua. Aceitam outras mudanças facilmente. O que amola é que seja nas aras da identidade feminina. É assim de transparente.

Às vezes esta atitude veste-se de faramalha teórica. Às vezes, de pura retórica fácil, fáceis jogos de palavra que não é blasfémia praticar, mas que não acrescentam nada ao debate.

Quanto ao idioma na Galiza propriamente, haveria muito que falar sobre a posição estrutural das elites que Constroem a Língua. Que são, varões ou mulheres? Quem foram tradicionalmente? Que relação tem a construção da Língua Galega com a intensa camaradagem masculina do nacionalismo galego desde o s. XIX até praticamente hoje?

ranciadas #26 hai 1 dia ranciadas

Mazairas, é evidente que discrepamos, e que? Supoño que aí está a liberdade de expresión e de pensamento de cadaquén. Eu non intervin no I e II capítulos (podes repasalo), pero si os lin porque quería facer a reflexión no terceiro que supoño que será o último e o que me pareceu máis frouxo. Levas a cuestión ao mundo do fútbol, un mundo que sabes evidentemente moi masculino, que problema hai en que poña xogadora? Evitas completamente a cuestión do matriarcado. E se tes mellores cousas que facer (típica frase de desprezo) fainas.
Eu tamén vexo que ti non les (non *lees”, de ler en galego). Vale a metade mulleres, a metade homes, onde respetas os gais, lesbianas e transexuais. Se se fala de homosexual está referido só a homes, ou hai que poñer a homosexuala. E a transexuala? Eu contrapuxen feminacismo a machismo, non a feminismo, pero considero que a autora en moitas afirmacións non é feminista, senón feminacista.
Boa noite.

Observador: Non te vaias polas “ramas”, quixera saber como resolve o português este feito. Até agora non vin ningunha referenza dos reintegracionistas.

Lidor: a estupideces non respondo.

OBSERVADOR #27 hai 23 horas e 27 minutos OBSERVADOR

Ranciadas, súbdito fiel, se Olga Castro escrevesse na forma internacional da nossa língua, a nossa língua (internacional) se veria afetada pelos seus textos, cousa que não pode ser má nem para ela nem para a língua. Assim, Olga contribuiria a melhorar a língua de mais de 250 milhões de falantes e ESCREVENTES (isso sem contar com a quantidade de estudantes da nossa língua de falas não-lusófonas).

Assim, o seu artigo fica em exclusivo para Os regionalistas galegOs, quase nenhum deles mulher, e muitos deles cegOs e surdOs às opiniões da Castro, como fieis e inoperantes súbditOs bourbónicOs.

mazairas #28 hai 18 horas e 32 minutos mazairas

ranciadas:
Para empezar, a min o capítulo III paréceme o mellor dos tres. Irreprochable. Convincente. Excelente.
Ahora vou por puntos:
-Discrepar non me parece malo en absoluto. O que pasa é que resulta absurdo participar nun diálogo no que as partes non se escoitan.
-Pero ti dis: "Levas a cuestión ao mundo do fútbol, un mundo que sabes evidentemente moi masculino, que problema hai en que poña xogadora?". Non entendiches para nada o que eu dicía no meu comentario. Puxen un exemplo real que pasou no meu centro, e ninguén de 200 nenos e nenas entenderon que xogador puidera ser tamén xogadora nin sequera cando intentaban resolver esta adiviña.
De feito, non habería ningún problema en que puxera xogadora. O único que este exemplo mostraba era que os masculinos non se entenden como xenéricos, algo que tú si decias en #21.
-Ti dis: "Evitas completamente a cuestión do matriarcado". Pero home, que máis queres que che diga? Claro que Galicia é un matriarcado. Por eso cando eu era neno e viña coas notas da escola á casa, miña mai non mas firmaba nunca ('espera a que veña o papá'). Por eso miña avoa e tantas mulleres nunca puideron abrir unha conta bancaria ao seu nome, se non poñían o do marido (ou o do pai). Por eso tampouco valían igual os cartos dunha muller que os dun home para mercar algo. Por eso, porque vivimos/viviamos nun matriarcado, nos tempos de non-dictadura as mulleres non podían votar (nin siquiera durante anos de república). Por eso as matriarcas se deixan matar pola violencia machista. Por eso as matriarcas cobran menos ca nós. Pero que inxenuo son. Claro que vivimos nun matriarcado. Viva o matriarcado galego!
-Tú decías "Vale a metade mulleres, a metade homes, onde respetas os gais, lesbianas e transexuais. Se se fala de homosexual está referido só a homes, ou hai que poñer a homosexuala. E a transexuala?". Si, a metade mulleres e a metade homes. Categoría social de xénero. Se marcas a alguén polas súas opcións sexuais, entón ademais de gais, lesbianas e transexuais non podes esquecer os e as heterosexuais. Se queres inventarte unha palabra como homosexuala, faino. Pero xa existe lesbiana. Pero ti inventa, e logo protesta por outro lado porque os feministas non respetamos a economía da lingua. Es igualiño que o Javier Marías e company, rapas. Non tes argumentos e solo che queda ridiculizar con cousas absurdas.
-"Eu contrapuxen feminacismo a machismo, non a feminismo". E eu tamén, ho. O que che digo eu, que perdo o tempo escribindo. Feminacismo como oposto a machismo (é decir, creer que un sexo é mellor que o outro). E feminismo como sinónimo de igualdade social. Non entendo a que ven o que teu comentario, chico.
-Tú decías: "Pero considero que a autora en moitas afirmacións non é feminista, senón feminacista". Pois lendo os artigos de Olga Castro en Vieiros, a min o que me queda bastante claro é que é feminista. Eso de chamala feminacista lévalo decindo desde o principio. Podes facer unha lista enumerada de razóns argumentadas? É como se eu che digo que considero que Merkel é homófoba. Terei que explicalo, sinón como si digo misa. E tú non explicas.
-Tú decías: "E se tes mellores cousas que facer (típica frase de desprezo) fainas". É que dígoche as cousas e non entendes o que che digo, así que para eso, non digo nada.
-Desculpa(de) polos erros en galego, que xa sei que teño. Estou neso.

paupau #29 hai 14 horas e 22 minutos paupau

a Olga

se queres unha sociedade mais igualitaria debias comezar por non facer trampa.Hai un filme ("O home que subiu unha cuiña e baixou unha montaña"), no que uns escoceses deben "aumentar" a altura da sua "cuiña" que o goberno ingles a recoñeza como "montaña".Levan montons de area,e ao final consegueno. Se a solucion fose verbal o filme non teria sentido-nin graza.
Javier Marias ten nisto mais razon que un santo-e fai ben rirse de quen o merece.

Aqui cheira a progresia de metacrilato.É o suxo traballo da socialdemocracia: ocultar o que hai: clases, opresion ,discriminacion-de homes e mulleres.A cambio,o pensamento light.Todos y todas.
E o peor é a compracencia do coro dos apoloxetas.Como se unha puta @ fora acabar coa prostitucion,a degradacion e mercantilizacion do corpo da muller,co despido laboral das embarazadas.
O rollo de Olga faille o xogo ao Capital.Inconscientemente, pero faillo.

Celso #30 hai 12 horas e 33 minutos Celso

Y olé!, paupau.

Olha uma cousa: E Os testículOs grandes não lhe farão o jogo ao Capital também?

paupau #31 hai 11 horas e 34 minutos paupau

ao celso

que lles pregunten aos que baixan á mina -e lles rebentan os pulmons.Porque ai non serve o 50%,non si?
É mais facil solidarizarse coas Koplowich,con Telva; fica todo mais aséptico.Os rebentados da sífile teñen a culpa de todo:son "Os". Houbo un tempo en que se sabia que enfrente estaba o Capital. Agora seica hai morfemas.O de Olga é (tristemente) reaccion organizada ,connivencia co Poder, impostura intelectual e mestura conceptual.Alá ela, alá vós.Non imaxino o Manifesto Comunista con @ .Nin creo que a Marx lle interesase.Se a razón se volve "orgánica", apaga e vámonos. Eu fico con Rosa Luxemburgo.O seu dicir era perigoso:por iso a asasinaron. O de Olga véndeche moito:por iso se promociona.

OBSERVADOR #32 hai 11 horas e 24 minutos OBSERVADOR

Eu o que não entendo é que tem a ver o uso de @ e a "impostura intelectual". Nem que tem a ver uma análise da linguagem de uma perspectiva de defesa do género feminino e a "reaccion organizada, connivencia co Poder" atribuídas à Olga.

Ou não lemos o mesmo texto ou aqui há gato encerrado...

paupau #33 hai 9 horas e 24 minutos paupau

a observador
Pois tenche moito que ver,abofé.
Si, hai gato(e gata) encerrado.O Poder perpetuase facendo ver o que non hai e non deixando ver o que hai .Seria obsceno falar do holocausto dos "xudeus" e "xudeas"-ou do masacre dos/das palestinos/as.Porque se negas a xeralizacion, negas o concepto ( como o haber "Humanidade", á marxe de sexos).A renuncia á abstraccion impide traballar con categorias básicas (burguesia/proletariado vs. Patriarcado).Non é posible pensar.Vívese na pura inmanencia, na infinitude.Creo que a falacia de Olga("o feminino non é categoria gramatical")non é inocente.É ela quen equipara xénero e nacion,ou normalizacion do idioma e uso de @.Mestura categorias ideoloxicas coas gramaticais.Suma cousas que non son iguais.Pensa que o social e o linguistico manteñen unha relacion bixectiva.Confunde sintoma e enfermidade. Clase social e sexo.Estrutura e léxico.
Moral e morfema.Renuncia, atraves da hipóstase da grafia,a ollar o cerne do problema: que a muller,na sociedade capitalista , é un corpo pra explotar-mais ainda que o do home.Que, na loita contra ese horror,cumpre unir intelixencias, e non separar morfemas.

ranciadas #34 hai 8 horas e 4 minutos ranciadas

Bravo paupau, un pracer ler os teus comentarios, eu non me expreso por desgraza tan ben, pero nas ideas concordo completamente, moi claras si señor.

Observador: Estou agardando como soluciona este feito o português. Obrigado.

Majorinus #35 hai 8 horas e 4 minutos Majorinus

O Paupau coloca aqui um ponto pertinente:

«O de Olga véndeche moito: por iso se promociona.»

Concordo, e estaria bem que se nos explicasse por que motivo as presentes estruturas sócio-económicas e políticas ocidentais que (segundo se supõe) são «machistas» e «patriarcais», ao mesmo tempo premiam e colocam em destaque público o discurso do a/o/@, enquanto o discurso de Paupau, por exemplo, é mais «outsider» que o próprio pensamento «transformador» «feminista» dominante.

Hildegarde #36 hai 37 minutos Hildegarde

Este é o primeiro parágrafo da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de
Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

“A violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Todo o contrario, maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa
sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe sobre as mulleres polo feito mesmo de selo, por seren consideradas, polos seus agresores, carentes dos dereitos mínimos
de liberdade, respecto e capacidade de decisión.”


A discriminación positiva está discriminando, valla a redundancia, grupos que tamén estiveron castigados pola sociedade “machista”. A lei de violencia de xénero presupón que a única violencia que é digna de ser considerada é a violencia que exerce un home cara a unha muller. E os outros tipos de violencia, quedan excluídos? Acaso a que exerce unha muller sobre un home por ser estatisticamente menor é menos importante? E a violencia que se exerce dentro dunha parella homosexual, é violencia de xénero?
Algún día terase que abrir o debate da violencia psicolóxica que se exerce sobre as persoas, ou só a física é a importante? Os datos desta última poderían desfacer moitos dos argumentos do lobby femista; ese grupo de persoas que utilizan a súa condición biolóxica para reivindicar a súa supremacía ou para ir escalando nos grupos de poder, e que inflúe de maneira moi negativa sobre a propia muller como ente individual, negándolles toda personalidade xenérica e ofrecéndolles unha visión paternalista de vítimas da sociedade.


Somos homes, somos mulleres, somos iguais e somos distintos, iso ninguén o dubida, o que pasa é que cando se está a falar dun contexto social determinado (a sociedade occidental) deberiamos ser persoas e deixarnos de sexismo excluínte

Declárome a partir de agora masculinista.

Sobre a linguaxe sexista? A moita xente non lle viría nada mal un coñecemento filolóxico mínimo.

Dato curioso:
Segundo a Real Academia Galega.
homes.m. 1. Animal da especie humana, a máis evolucionada da Terra, que se caracteriza fundamentalmente por adopta-la posición vertical, ter linguaxe articulada, intelixencia moi desenvolvida e facultade de razoar. É propio do home equivocarse. O home é un ser social. CF. persoa. 2. Individuo da especie humana, de sexo masculino. Os órganos reprodutores do home. Homes e mulleres teñen os mesmos dereitos.

Vemos aquí como a primeira acepción tamén engloba as mulleres. Home como ser humano, que era o significado do latín, no que existía unha forma vir/viris para designar o individuo de xénero masculino, de aí vén viril, virilidade...

Termos dos que recomendo buscar información:
Machismo
Masculinismo
Femismo
feminismo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Olga Castro

Olga Castro Vázquez

Naceu en Lugo en 1980. É licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e en Tradución e Interpretación pola Uvigo, onde prepara a súa tese de doutoramento sobre tradución, linguaxe e xénero.