Un grupo de hackers alemáns ameaza con publicar as pegadas dactilares de Angela Merkel despois das do Ministro de Interior.
A Igrexa da ciencioloxía está a sufrir desde hai varios días unha nova fronte de ataques na internet por parte de militantes antisectas
O rexistrador galego pide á Xunta que contrate todas as súas webs a firmas do país e explica o roubo de datos de 120.000 persoas a un dos seus competidores
"Venezuela é o único país no que existe un decreto de carácter nacional para o uso prioritario de software libre na Administración Pública", segundo afirmou o enxeñeiro Francisco Palm, durante o seu relatorio Pensando a migración como un Hacker no marco do Simposio de Software Libre para a Soberanía Tecnolóxica. O evento, desenvolveuse no auditorio Simón Bolívar da Academia de Software Libre do Estado Falcón, organizado pola Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía do Estado Falcón (Fundacite) e a Fundación Telecentros Educativos Comunitarios (Fundatec).
Tirando do ideario proposto polo propio conferenciante antes mencionado, velaí cinco razóns para turrar dun outro software posíbel que contribúa a unha sociedade mellor:
1.O mundo está cheo de problemas fascinantes esperando ser resoltos.
2.Ninguén debería ter que resolver un problema xa resolto.
3.O aburrimento é malo e insoportábel.
4.A liberdade é boa.
5.A actitude non substitúe á competencia
Por que non lle vai servir a certa empresa queimar millóns para cargarse o software libre? Baixo esa idea iniciou a súa intervención Javier Bustamante Doas, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. A continuación, un subliñado desafiante: “Cales son as razóns para a supervivencia da colaboración?”. Na súa opinión, a vella economía atribuíalle valor a algo cando ese algo era escaso. Pola contra, neste novo escenario, cando hai xente que colabora e intercambia, increméntase o valor da rede. Compartir é positivo.