Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: piratas

30/Abril/2008 /

Os mariñeiros galegos do “Playa de Bakio” xa están na casa

Os oito secuestrados aterraron no aeroporto de Vigo, onde os agardaba o presidente da Xunta.


22/Abril/2008 /

O Congreso xa reclamara hai nove meses protección para os pesqueiros

Desde o PNV, promotores da iniciativa aprobada na Cámara Baixa, critican a "lixeireza" do executivo estatal ao non adoptar as medidas "preventivas" demandadas.


21/Abril/2008 /

A UE condena o secuestro do barco atuneiro por piratas somalís

O goberno español crea unha 'célula' de seguimento, presidida polo xefe de Estado Maior da Defensa. Unha fragata viaxa cara a zona "con carácter disuasorio". Case 200 mariñeiros galegos traballan fronte ás costas dun país onde goberna a violencia.



21/Abril/2008 /

Sen feridos no pesqueiro mentres os secuestradores confirman que pedirán rescate

En conversa coa Radio Galega, un dos mariñeiros do barco secuestrado asegurou que navegan sen dificultades, malia os danos sufridos durante o ataque, e que ningún deles resultou ferido.


21/Abril/2008 /

Secuestrado diante das costas de Somalia un barco con mariñeiros galegos

Piratas somalís fixéronse co control do atuneiro Playa de Bakio, que faenaba en augas internacionais perto da costa africana.


10/Decembro/2007 /

A Sacem francesa logra a autorización para identificar os ordenadores dos piratas

O obxectivo é crear expedientes contra os infractores e logo transmitilos a un xuíz, quen decidirá se hai xulgar a eses usuarios


21/Agosto/2007 /

Roubados datos persoais de centos de miles de usuarios dun portal de emprego

Grave ataque informático contra Monster.com. Os ciberladróns accederon a datos como correo electrónico e número de teléfono dos usuarios.