Os cidadáns estamos a nos acostumar a que os poderes públicos violentan o Estado de Dereito con tal de que as empresas – que moitas delas foron no pasado galegas, e hoxe xa non – poidan levar adiante os seus negocios.
Tales feitos levan a situacións como as vividas estes días con Unión Fenosa, que coa presenza do Presidente da Xunta e do Conselleiro de Industria, pretendía dar por inaugurada este luns os seus ciclos combinados sen ter a pertinente licenza municipal. As denuncias dos veciños organizados na “Plataforma pola Eliminación das Liñas de Alta Tensión de Oseiro” ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigou á empresa eléctrica a aprazar sine die tal inauguración, por “razóns técnicas”. E todo isto por darlle publicidade de balde a Reganosa na liña de presionar en favor da súa autorización definitiva, que hoxe non ten.
Os veciños de Mugardos están a ocupar o seu Concello por mor do falso Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, recentemente aprobado pola Xunta de Galicia. O pretendido plan “só afecta” aos catrocentos metros inmediatos á planta de gas, obviando a seguridade dos cidadáns situados aos dous quilómetros mínimos a que lle obriga as leis medioambientais, cunha lexislación cada día máis restritiva; e que xunto cos impedimentos que teñen os buques metaneiros en caso emerxencia na estreita ría de Ferrol, deixa fóra da legalidade á Planta de Gas e sen argumentos técnicos. Non valoro aquí a agresión medioambiental para as augas e a ría de Ferrol co circuíto aberto de Reganosa, nin o freo para a Candidatura “Patrimonio da Humanidade” dos Castelos do século XVIII.
Unha cousa é que a UPG e Paco Rodríguez renuncien en beneficio de que as empresas “galegas” radicadas en Madrid desfagan Galicia segundo lles conveña, máis o Presidente da Xunta debera facer país fronte a unha herdanza velenosa e inviable como Reganosa. Sobre todo porque o apoio político da administración galega impide que outros operadores europeos poidan facer no litoral exterior unha planta de gas catro veces superior ao proxecto perigoso, ilegal e non legalizable do Grupo Tojeiro. Algo que xa hai tempo coñecen por estar rexistrada a petición no Ministerio de Industria.
Tamén sería recomendable a elaboración dunha política industrial galega que mereza tal nome. Cando somos exportadores netos de enerxía o futuro industrial galego non pode seguir nas mesmas pautas fraguistas continuadoras do franquismo.
Quero salientar que o bo facer do Comité Cidadán de Emerxencia permitiu incorporar ao conxunto da poboación e dos movementos asociativos, especialmente na cidade de Ferrol. Mais, tamén nos últimos tempos, elementos oportunistas pretenden aproveitarse do traballo realizado desde o ano 2001.
Estes días atrás desde a Consellería de Sanidade desmentía a existencia de “Comisionados para a Catástrofes”, a conta de que un enfermeiro presentábase a si mesmo como voceiro ferrolán emitido informes contrarios a Reganosa. Probablemente, a pretensión de Sanidade era debilitar a loita contra a Planta de Gas, pero, resulta curioso que os feitos reforzan a posición do Comité Cidadán e de aqueles, que desde dentro din que, con e contra Reganosa non vale todo.
En resume: a Planta de Gas ao Porto Exterior de Ferrol. ¡En defensa da vida, da ría e da legalidade!
O mínimo de importancia do do ssanitario fai desnecesario que figure no título. Ou non?
Está ben este artigo , pero a parte final de trasladar á PLATA DE GAS AO PORTO EXTERIOR DE FERROL NON ESTÁ MOI CLARO , LEMBREMOS QUE NESTE LUGAR TAMEN EXISTEN CASAS PRETO DE CARIÑO E A DISTANCIA DE SEGURIDADE CON MUGARDOS E FERROL É INSUFICIENTE.
SAÚDE
Pero que santa cara hai que ter!!, escribir isto sendo militante do PSOE!! Como se este partido non tivese que ver na ubicación e consolidación de REGANOSA na súa ubicación. Non levan no goberno do
Estado desde 2004 e decicindo no Porto de Ferrol? e poderían ter rectificado como asi pediu reiteradamente Francisco Rodríguez... logo porque non o fixeron?
Si Francisco Rodriguez outro que tal baila nese asunto.....Daquela pediria pero agora que??
Carlos Roca, repare no título «...(NON) vale todo».
O título diz que "vale todo". Também diz -insinua- que "(non)vale todo". Contudo, as duas hipóteses estão representadas, uma com mais peso que a outra.
Ou seja, vale e não vale: Ni fu, ni fa. Digo y Diego. Pixie y Dixie. Mortadelo y Filemón. Regasuya y Regadeles.
PsoEspaÑol y gagaga...
Hai que ter cara. O único partido que no seu momento fixo alegacións á pranta de Reganosa en Mugardos foi o BNG. Onde estaban os do PSOE, IU e PP (estes polo menos é evidente que estaban a favor e así a meteron, a golpe de decreto)cando se decidiu emprazala en Mugardos? A Consellería de Industria non ten ningunha posibilidade de autorizar ou desautorizar esa industria; é algo exclusivo do Ministerio de Industria (gobernado no seu día polo PP e hoxe polo PSOE). Así que se tés que pedirlle a alguén que desautorice esa pranta e a cambie de lugar é aos teus amigos do PSOE de Madrid, eses mesmos que se negan a que en Fene se volvan a construir barcos civís. En todo caso podes ir piarlle ao cero á esquerda que é o presidente Touriño (que por certo está a favor da susodita pranta. Tamén tés un alcalde moi cerca (o de Ferrol que era o director de Portos de Galicia) e que non parece estar moi en contra.
As autorizacións para instalar Reganosa en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria.
Só poderían ser estes dous organismos os que poden anular ou decidir o traslado desta industria.
Polo tanto hai que ter moita mala idea para culpar de todo ao BNG. Amiguiño eu pregúntome que fas no PSOE??
Disto o único culpable foi Manuel Fraga que se empeñou no seu momento e construila nesa ubicación e que os que viñeron despois tiveron que tragar incluido o teu querido PSOE, coa diferenza de que no seu momento non moveu un dedo para evitalo mentres o BNG sí. E hoxe quen pode cambiar esa ubicación é o PSOE de Madrid e non o BNG.
Con respecto a IU non sei porque apoian un pranta de gas en Gijón e unha distancia similar das casas da que está esta. Será que como xa conseguiron que non se fagan barcos civís en Fene (porque é mais importante que unha empresa siga sendo pública aínda que non teña plantilla a que sexa privada e xere moitos postos de traballo. Agora queren que tampouco haxa gas e que se regasifique en Asturias. E o soldo do alcalde de Ferrol parécelles excesivo pero votan a favor porque así Iolandita la bonita comunistita cobra una bonita paguita.
Para ver como os comunistas de IU son totalmente contradictorios en canto se trata de defender os intereses de Galicia e os de España:
http://www.asturiasverde.com/2...
http://gijondenuncia.blogspot....
http://www.asturiasverde.com/2...
Hai moita información que non é cuestión de poñer porque todo o mundo pode buscala. Simplemente repito que hai xente con moita cara, con peor idea e que para definilos habería que usar palabras que unha persoa ben educada non usa.
En primeiro lugar quero agradecervos o interese que espertou este artigo meu en Vieiros. Sinceramente.
Supoño que é difícil desde fóra da ría de Ferrol seguir este asunto, xa que arredor de nós houbo quen levantou un Muro de Silencio co obxectivo de que fóra a xente non se enterara. Isto foi así até que os mariscadores/as e participantes do comité cidadán pararon a entrada dos buques metaneros para Reganosa, e a primeira fisura foi feita antes polo documental de "Línea 900" de TVE.
Hai que dicir que no comité cidadán, así como no seu apoio participan todo tipo de xente: independentes, apartidarios, dereita, centro, esquerda, nacionalismo, entidades de diverso tipo, comités de empresa... Esta é unha loita transversal que atinxe a todas as persoas sen ter en conta a súa ideoloxía nin a súa pertenza social.
No meu artigo non hai ningún ataque ao BNG. Son profundamente respectuoso co nacionalismo, especialmente con aqueles que manteñen a coherencia e están pagando unha forte factura tanto dentro do BNG coma fóra. Hai incluso expedientados por non dobregarse.
Pero, si hai unha crítica fonda ao papel que xoga o ferrolán Paco Rodríguez. El usando á UPG obrigou ao BNG en Ferrolterra a virar a posicións pro Reganosa. É o responsable de forzar a dimisión dos concelleiros nacionalistas en Ferrol non afíns ás súas teses, así como o penoso papel que xogou o seu grupo municipal na cidade votando co PP de Juncal, a favor de retirar ao Concello dos contenciosos xudiciais contra Reganosa, algúns xa gañados. O PSOE que ten tamén, indubidablemente, a súa responsabilidade, optou pola abstención, o cal realza aínda máis o papel xogado pola UPG en Ferrol e explica a debacle electoral do 27M do BNG.
Na manifestación do 3 de xuño en Ferrol participaron recoñecidos nacionalistas: Beiras, Camilo, xentes da executiva do BNG... todos eles recibiron o calor dos asistentes. Tamén foron testemuñas de que cando se mencionou a “solidariedade” de Paco – ausente, dixeron por unha viaxe – recibiu un contundente rechazo polos asistentes.
O secretario xeral da UPG leva desde 1999 traballando a prol de Reganosa. Primeiro manifestándose en contra do Porto Exterior, intentaba abrírlle así ao Grupo Tojeiro a porta á instalación da planta en Punta Promontorio (o Porto Exterior nace para dar cabida á planta de gas –principalmente- e ás instalacións perigosas e insalubres do interior da ría de Ferrol); e sempre que había unha fisura na Xunta ou no Goberno estatal con preguntas-trampa, que buscaban “enderezala situación”.
Con respecto ao PSOE, en todos os seus congresos galegos ou comarcais definiuse a favor da planta de gas no Porto Exterior. So desde a vulneración das resolucións congresuais pódese entender o que pasa. A nivel estatal non se van enfrontar a aquilo que teñan decidido en Galicia, todos os organismos estatais cúranse en saúde cos condicionados que foron engadindo á tramitación administrativa da planta. Imposibles de cumprir dentro da ría, polo que se algo pasara “eles nada teñen que ver”, “foron os outros que non cumpriron as súas condicións”.
Xa está ben de citar a Xixón. Se non cumpre a normativa que non a faga. Nada ten que ver con Reganosa. Endesa vai construír unha planta en mar aberto no Adriático pola oposición da cidade de Brindisi.
Reganosa non é a única opción para Galicia, hai operadores privados interesados en outras alternativas, e se a Xunta quere asegurarse a planta que a instale no Porto Exterior de Ferrol, porque aquí si cumpre os condicionantes esixidos pola lexislación española e da unión europea, e ten aprobada a Declaración de Impacto Ambiental.
En fin, grazas por todos os comentarios e grazas a Vieiros.
E imposible por moito que te empeñes en tratar de xustificar a actuación do teu partido batendo contra Paco Rodriguez. Non sei se Paco tomou decisións erradas neste tema pero si sei que ten ben pouca responsabilidade en todo o sucedido comparado co teu partido, ben sabes quen foi o único que presentou alegacións en tempo. Esta ben tratar de buscar un culpable fora pero meu amigo busca dentro do PSOE e o PP que ben coñeces tí os responsabeis.
Pareceme un artigo totalmente tendencioso e malintencionado.
Como sempre: ante unha chapuza, ocupámonos de buscar un chibo expiatorio. Certamente Paco Rodríguez mantivo unha actitude morna respecto ao asunto de Reganosa, o que non exime a Fraga da súa responsabilidade na decisión última de descartar o porto exterior como localización da planta (en clara defensa de intereses particulares e contra o interese xeral). Postos a demandar responsabilidades políticas, habería que ir directamente a pola xugular de don Manuel, e se neste lance se demostrasen conivencias varias, aplíqueselle o correctivo correspondente. O que non é de recibo é que gastemos tanto esforzo en procurar uns responsables que, a día de hoxe, coñecemos ben tod@s. O que me gustaría é escoitar que o noso goberno actual está disposto a asumir os enormes custos económicos de reinstalar Reganosa no porto exterior e esixir que as fiscalías actúen contra quen ordenou a súa instalación dentro da ría. O demais, só serve para botar fume de camuflaxe.
Moi ben revelado o rostro do personaxe que escribe este artigo.
Clarexado que é o PSOE o responsábel de que a planta estexa en marcha porque recebera TODAS as autorización pola súa decisión.
Vista a posición incoerente, oportunista e contraria ao futuro de Ferrolterra de IU.
Que van facer PSOE e IU polo traslado?
Canto vai tardar este?
O BNG está agardando a que se decidan, agora ben non se debe poñer en perigo a nosa producción enerxética nin os ciclos combinados, a subministración á industria e a posibilidade de suministración a fogares.
Eis a diferencia entre uns e outros, responsabilidade e honestidade fronte á demagoxia e a difamación. E niso chegan ser peor que o PP, poñen os seus intereses partidarios e os da súa españa por diante de Galiza.
Xa sabemos que Francisco Rodríguez ten valedores en toda a parte, e onde non os ten manda recado, que axiña aparecen.
Sabemos tamén que estas defensas a ultranza non tentan salvar a imaxe do BNG en Ferrolterra, perdida de vez até que os culpables desta situación, con FR á fronte, non marchen dunha vez.
Sabemos que o que tentan é escurcer a percepción do problema de REGANOSA en toda Galiza, fóra de Ferrolterra.
Sabemos, porque non somos tontos, que tentan enmerdar a todos os demais contendentes políticos para así parecer menos culpábeis, culpabilidade que non negan e que demostran cada vez que falan ao non dicir ren, ao non facer nada para solucionar o problema real de máis de 100.000 veciños, ao non adoptar decisión e actuacións, como outrora, que pidan a volta á legalidade e a restitución da xustiza.
Sabemos, os que somos militantes do BNG e non de ningún partido ou colectivo no seu interior, que o que se está a xogar con REGANOSA é o futuro mesmo do BNG, a súa orientación cara a un modelo de todo vale capitaneado polos de sempre, lonxe da esquerda e da cidadania, ou cara a unha rexeneración democrática da organización.
O BNG é a organización máis coerente e que ten como exclusivo interese o Pais.
O PP sempre foi claro, e sabemos que só quere negocio, dalle igual como e de que xeito.
O papel máis lamentábel é o do PSOE e IU: oportunismo, demagoxia e difamación. No terreo aboado dunha Ferrolterra machacada polos intereses españois que o PP non ten problema en asumir, pero que PSOE e IU queren ocultar, pero son tan ou mesmo máis responsabeis, porque polo menos o PP defende aos SEUS empresarios. PSOE nin eso, e IU faille o xogo.
E isto ocorre desde a reconversión naval, e desde aquela o nacionalismo tentou todo o que na súa estivo para parar a desfeita, ainda non o conseguiu pero se conseguirá tarde ou cedo. E o BNG é o instrumento máis axeitado para iso.
O tempo dará e quitará razóns como sempre.
Ferrolán nado en Narón en 1967. Milita no PSOE galego desde 1991 e participou na fundación da revista "Razón Socialista" (1995), da Asociación Fuco Buxán (1999) e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (2001). Máis na súa Bitácora do Nordés. »