Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORO NOVO ESTATUTO

A proposta de Estatuto do Foro define a Galiza como unha nación que pacta co estado

O Foro do Novo Estatuto presentou o resultado do traballo encargado polo BNG para reformar o estatuto de autonomía. No acto interviñeron Paulo González Mariñas, Xosé Luís Barreiro Rivas e Ramón Villares, que lle entregaron á adxunta da portavocía do BNG, Ánxela Bugallo, o documento de Bases elaborado polo Foro. A proposta define a Galiza como nación, recoñécelle ao Pobo galego o dereito a definir a súa relación co estado español e coa Unión, obriga o coñecemento do galego ou sitúa no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o teito do dereito procesal. Desde finais de setembro, os relatores traballaron na elaboración das propostas en consoancia coas achegas que se recibiron a través dos espazos de participación abertos na web do Foro.
Análise do texto
O novo estatuto que promove o Foro propón a obriga de coñecer o galego
Propoñen que os poderes públicos galegos garantan a cohesión social
• Anteriores: O Foro Social recollerá as demandas da sociedade no debate sobre o novo estatuto

- 17:37 26/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)