Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Conflito do naval-metal

A policía detén outros tres traballadores logo da toma da Delegación da Xunta

Xa son oito os operarios apresados polas forzas de seguridade do Estado dende que deu comezo a folga indefinida do sector en Vigo.

FAA - 17:30 15/05/2007
Os traballadores observan caer os expedientes dende a rúa

Os traballadores observan caer os expedientes dende a rúa

Tres traballadores do sector naval de Vigo foron detidos no mediodía desta terza feira, en relación cos incidentes acontecidos ao longo da mañá nas dependencias da Delegación provincial do Goberno. Polo momento atópanse retidos en comisaría, á espera de que un avogado sindical se achegue até o lugar para asistilos.

Os manifestantes ocuparon as instalacións e causaron diversos estragos no mobiliario das oficinas, así como dalgúns expedientes oficiais alí arquivados.

A pasada cuarta feira, outros dous traballadores foron interceptados pola policía e levados á comisaría en relación coa agresión ao chofer dun microbús, que previamente tratou de arrolar os manifestantes que cortaban unha das rúas da cidade.

Cúmprese esta terza, tamén, unha semana da detención dos tres primeiros detidos, acusados da queima de contedores de lixo.

Por outra banda, sindicatos e patronal reúnense na tarde deste martes dende as 17.00 horas, logo de que os membros de ASIME se ausentasen da xuntanza da mañá, coa fin de pórlle punto e final ao conflito.


4,29/5 (14 votos)

Comentarios (13)

rla #1 15/Maio/2007 rla
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade é que vivir en Vigo ,estes días no é doado. A maioria dos cidadáns non temos toda a información e vémonos no medio dunha pelexa sindixal que remítenos ao seculo XIX en Inglaterra , mais unha vez as contradcciós do noso desenvolvemento.

Parece que os traballadores do naval viven nunha situación, na que non viven a maioria dos vigueses, para ben e para mal.

Sinto que esta cidade tenha que seguir vivendo nas marxes das normas democráticas, ao millor e o resultado de ser unha cidade rompendo permanentemente os traxes.

Tampouco entendo que a a Administración correspondente non sexa quen de fazer cumplir un convenio. Moitas dúbidas.

Barcelos #2 15/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gustaríame coñecer a opinión de Lavesedo

Anxo #3 15/Maio/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vexo que agora si se publicou a nova dos incidentes no edificio da Xunta, agora espero que as personas causantes dos danos, non queden impunes, porque unha cousa e reivindicar e outra cousa e delinquir, e o que pasou en Vigo e sinxelamente un delito. Sinto se a alguén non lle gosta escoitar esto, pero é a realidade, e os cidadáns estamos fartos de ter que aturar non as reivindicación senon os actos vandálicos e incluso os delitos cometidos por persoas que se agochan tras xente honrada que reivindica os seus dereitos.

Barcelos #4 15/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De acordo contigo Anxo.
Por certo. ¿a Torre de Hércules en Vigo?

alexinho #5 16/Maio/2007 alexinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a min parece-me bem que se manifestem. o que nom me parece normal é que escaralhem o mobiliário urbano porque o pagamos tudos cos nossos impostos. as agresioms ao condutor e agora o que fizerom no edifício da Junta nom tem sentido. eu quero pensar que isto o fam ums poucos desgraciados que nada tenhem que ver coa maioria...

subver #6 16/Maio/2007 subver
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non pretendo ferir sensibilidades, pero semella que o redactor desta noticia conta a feira como lle peta, non si?

Porque semella que tanto os que destrozaron o interior da sé da Xunta coma os que agrediron ao chofer do bus sexan as vítimas de todo isto... Vale que estean reivindicando os seus dereitos, pero a xente da que falo non son máis ca uns nenos de teta que teñen tanta idea do que significa a loita obreira coma a que teño eu da relixión birmana. Para defender o meu non fai falla que destroce o do meu próximo, especialmente se quero que se solidarice coa causa.

Pero bueno, xa digo, menos mal que estes "nenos de teta" son os menos, non vou meter a todo-los folguistas no mesmo saco. Iso sí, non enganemos á xente, o chofer do bus non tratou de arrolar a ninguén, simplemente quixo pasar a face-lo seu traballo, igualiño que os do metal. Xustificar a violencia deste xeito paréceme noxento, e sorpréndeme moito que Vieiros asine algo así.

Proba de que son uns niñatos foron as pintadas que fixeron no interior da sé, con estreleiras galegas e demáis simboloxía da que, por moito que poida concordar eu ideolóxicamente con ela, non tiña absolutamente nada que ver coas reivindicacións que se están a facer, pero ben, de flipados está o mundo cheo.

Ogallá consigan chegar a un acordo e que sexa beneficioso para os folguistas. Penso que nin a administración, nin a patronal, nin a policía están levando este asunto como deberían, porque empeza a ser extremo, e a liberdade dos violentos remata onde empeza a do resto dos cidadáns. A eses poucos violentos egoístas non lles podo desexar ningún ben.

Por desgraza, falo con coñecemento de causa.

xoca #7 16/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparto que a loita obreira por acadar os xustos direitos ten que ser en ocasións moito violenta pero o que non comparto é que uns rebentadores de folga lle fagan tanto dano aos obreiros coma a que lle fixeron os que fixeron os destrozos no edifício da Xunta, eu non teño ali nengún documento pero poderia estar esperando unha resposta da administración e non é xusto o que fixeron, os primeiros que tiñan que separar a estes vandalos son os traballadores, pois con estas atitudes non fan máis que prexudicalos

luisfoz #8 16/Maio/2007 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Normal. As forças repressivas cumprem o papel que o estado lhes reserva: perseguir e reprimir os trabalhadores. Remember 1972.

Anxo #9 16/Maio/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas Barcelos por compartir a miñas ideas, A Torre de Hércules e porque son da Coruña, eso non quita que me guste Vigo, nin que non poda defender os dereitos dos Vigueses.

Subver, coincido contigo no canto de que esta noticia non e imparcial, primeiro intentou silenciarse as desfeitas realizadas no edificio da Xunta, e agora parece como se tratasen de minimizar o problema.

Engadir que o responsable da CIG nas suas declaracións dixo que se produxiran os feitos porque o Presidente da Xunta non falou do conflicto do Metal, esto como mínimo a excusa máis infantil que xamáis escoitei, e penso que debería demitir por esas declaracións, ademáis tampouco podemos decir que foi xente descontrolada, a xente descontrolada arrasaría con todo, pero estes non ben que deixaron sen tocar o andar da consellería donde se reunen cos membros de ASIME e da Xunta que esta tamen a mediar no conflicto.

E unha vergonza para o País, para os seus cidadans e os traballadores que reclaman os seus dereitos, e peor de todo e que nin haberá desculpas, nin dimisións, nin persoas que paguen ante a xustiza polos destrozos causados. Unha triste realidade.

Gaviotero #10 16/Maio/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esto no es cosa de unos desgraciados, porque ayer los sindicatos dijeron comprender lo que había ocurrido. Yo se lo descontaría de la nómina tanto a los terroristas sindicales que perpetran todo esto como a los dirigentes políticos que en una actitud puramente zapateril han decidido no intervenir (hasta hoy) y dar manga ancha a que todo esto ocurra.

No hay derecho al destrozo del mobiliario y aún menos al destrozo de expedientes oficiales que pueden incluir desde ayudas para gente que las necesite a expedientes de adopciones y otros cuyo reinicio puede suponer un grave perjuicio a los afectados.

Una pena que todos estos del naval que ayer salían con pinta de cromañones en la TeleGaita no sean procesados y, al menos, despedidos.

Barcelos #11 17/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa o imaxinaba Anxo. Eu tamén son da Coruña. Gústame Barcelos e a súa historia do Galo e tamén gústame Vigo, e estou cos vigueses e tamén cos traballadores do metal. Cos que respectan a cidade e aos cidadáns.

Aquí, na Coruña, temos aos bombeiros, policías locais e empregados do concello que levan xa 67 días acampados nos "Cantones", á beira do Obelisco co seu "Cantón da Resistencia" e non molestan a ninguén. Bo supoño que ao alcalde non lle gusta a propaganda que lle fan, pero imaxino que lla merece.

E ninguén fala deles.

Así que invito aos reporteiros de Vieiros a que lles saquen unhas fotos e informen ou refresquen as súas reivindicacións para que quede claro que non fai falta esnaquizar nada para que che fagan caso.

luimipi #12 18/Maio/2007 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

iso estaría ben...demostrar que hai outro xeito de face-las cousas. Sen fodela vida a xente que non fixo nada.

O exemplo que se deu en vigo é de noxo.

Anxo #13 20/Maio/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non estou dacordo contigo Barcelos, as reivindicacións dos funcionarios públicos e puramente electoralista ninguén fai unha acampada ate que sexan as eleccións como din, a faras ata que as tuas reivindicacions sexan escoitadas e se plasmen nun novo convenio, e de que non fan dano, tampoco e certo, o outro día inauguraron a sede da Asociación de Veciños da Area Metropolitana e único que se lles ocurriu foi arrincar as fiestras para berrarlle ao alcalde, cando se inaugura unha rúa non so berran ao alcalde senon a homenaxeado cando fai o seu discurso como na Praza adicada a Isaac Diaz Pardo entre outros, non e moi educado que cando se homenaxea a alguén que para él debe ser un día moi especial teña que estar escoitando berros e insultos que non van con él, xa por educación e respecto hacia esa persoa. Asi que o sinto pero non estou contigo nas forma das reivindicación dos funcionarios do Concello de A Coruña, por moi lexitimas que estan sexan.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: