Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pescanova ameaza con levar de Vigo a súa actividade

Con 700 mil euros por posto de traballo "calquera fai negocio"

Os ecoloxistas reprochan os poucos e precarios postos creados e as esaxeradas subvencións recibidas polas piscifactorías.

Redacción / EP - 09:15 25/05/2007

"Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo, a maioría en precario, hai que engadir as inxentes subvencións públicas", láianse os ecoloxistas sobre proxectos como o de Mira. "A macroacuicultura industrial resulta un investimento moi lucrativo para as grandes transnacionais do peixe como pescanova ou Stolt", sinalan. Botando contas das axudas amarradas or Pescanova do goberno portugués conclúen que isto significa que a administración portuguesa estalle pagando á empresa "con cartos públicos" o salario completo dos traballadores "durante nada máis e nada menos que 15 anos". Poden ampliar no Open Vieiros.

Despois de chapapote, cemento
A insistencia este xoves por parte do presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, cos reproches á Xunta pola desautorización do proxecto de Pescanova en Touriñán, levaron ao voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, a asegurar que "como o PP non conseguiu acabar coa Costa dá Morte con chapapote, agora inténtao con cemento". Rego laiouse das declaracións de Núñez Feijóo defendendo a instalación de Pescanova en Cabo Touriñán, xa que supón que é "claramente partidario de esnaquizar o ben máis prezado de Galicia, que é o territorio".

"Está claro que se fose presidente da Xunta, faría con Touriñán o mesmo que fixo con Horacio Gómez en Tomiño: avalar un estrago territorial en terreo protexido para favorecer intereses privados", asegurou o voceiro socialista.

Pescanova insinúa que podería deixar o porto vigués
Referíndose á "lentitude dos seus despachos aduaneiros", o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, asegurou este xoves en Lisboa que a empresa estuda o porto luso de Sines como alternativa posíbel a Vigo para a súa actividade. Ao respecto, a Axencia Portuguesa de Investimentos anunciou que facilitaría a chegada do grupo pesqueiro se decide dar o paso.

Fernández Sousa explicou que "Vigo e Galiza non están nun sitio estratéxico" e dixo que por iso "teñen que dar outras vantaxes para ser competitivos". Por ese motivo, afirmou que non se explica porque no tráfico de colectores, mentres Alxeciras, Bilbao ou Valencia tardan un día en dar os despachos de alfándegas "en Vigo tárdase entre 7 e 8 días en circunstancias normais e máis de 20 se hai algún problema".


5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

uxio1976 #1 25/Maio/2007 uxio1976
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Empresa fundada por un galeguista. Os cartos non teñen patria. Galiza non está nun lugar estratéxico. Os galegos non son un pobo estratéxica e económicamente viable. Os galegos son o pobo. O pobo só é un instrumento do capital. O galeguismo, o nacionalismo, non debe esquecer que non só hai identidades territoriais. O nacionalismo xorde para reivindicar ó pobo, e o pobo era e é a clase traballadora e labrega, e agora ademáis: os xoves que non poden deixa-la súa casa, as nais solteiras que crían soas os seus fillos, os desempregados de longa duración, os empregados do sector servizos sen conciencia de clase e encadeando contratos sen fin... A ninguén destes cidadáns que constitúen o pobo váilles arranxa-lo seu problema Fdez Sousa nin Pescanova. Fundada por un galeguista.

moledo #2 25/Maio/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galiza está num lugar tam estratégico (ou mais ) do que estam outras zonas mais desenvolvidas de Europa e a Península ibérica. Som os Fdez d Sousa os que nom som viavéis como galegos nem como empresários, chuchando de cartos públicos e fardando ao tempo de "empresários".

txari #3 25/Maio/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Co cambio a o empresariado vaiselhe vendo o cú, e todos istas queijas de grandes empresas deixan claro que si agora nom lhes saen as contas e antes lhe saían é por que antes tinhan ajudas e vantages escuras por parte da anterior administraçón. Pescanova nom é umha empresa galega entanto nom está comprometida co desenrolo económico da Galiza. É um pulso onde os portugueses fan de "sparring"

ADEGA #4 25/Maio/2007 ADEGA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agás Vieiros, o bloqueo informativo nos medios(nomeadamente nos escritos -La Voz, p. ex.-) é clamoroso. Iso sí, dam ampla cobertura -case coma unha publirreportaxe- aos proxectos expansionistas dos Sres. de Sousa (Pescanova) e García (Stolt), silenciando as informacións críticas. Por qué será?.
Tedes máis datos sen censuras sobre a realidade da acuicultura industrial na nosa páxina (www.adega.info)

Nenodapobra #5 26/Maio/2007 Nenodapobra
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pescanova o igual que toda-las empresas teñense que axustar a lei, e senón.... a Portugal.

A2b2 #6 26/Maio/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Pescanova habería que facerlle unha análise (sanitaria e química) de todos os seus productos comercias, .... e despois, XA FALAREMOS!

Barcelos #7 27/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como non nos sometemos aos caprichos do señorito, ponse a insultar a Vigo e a Galicia e di que xa non estamos nun sitio estratéxico.

Vaiche coa túa merda a outra parte e métecha por onde che caiba.

Portugueses desconfiade dos traidores e acordádevos do que lle pasou a Viriato.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: