Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pola normalización das viñetas

En galego, por Tutatis!

Con esta expresión de Astérix, a Ciberirmandade da Fala protesta perante a decisión de Bruño-Salvat de non publicaren as aventuras na nosa lingua.

Redacción - 13:45 28/05/2007
Obélix na campaña da Mesa

Obélix na campaña da Mesa

Comparan a decisión da editora cunha manobra de imperialismo romano contra a pequena aldea da Gali(z)a na que vivían o astuto Astérix, o sabio druída Panorámix, o lambón Obélix co seu canciño Idéfix ou o bardo da voz estridente, Asurancetúrix. O célebre personaxe creado polo enxeño e os pinceis de René Goscinny e Albert Uderzo xa falou unha chea de idiomas, traducido a máis de cen linguas, entre elas, latín, grego ático, asturiano, farsi, mirandés, corso, ou vintenove dialectos alemáns. Xa contamos tamén con varias das aventuras en galego, mais agora, con motivo da publicación en homenaxe a Uderzo Astérix e os seus amigos, só saíron edicións en catalán e castelán.

Dende a Ciberirmandade propoñen dúas alternativas: "mandar o noso bardo - gaiteiro, Gaiteranceturix, para tocarlles a gaita día e noite aos directivos de Salvat-Bruño", aínda que non é factíbel pola "apertada axenda" do músico; ou ben "falar con Panorámix e Abraracúrcix, mobilizar a aldea galega, e, despois de tomar un pouco de beberaxe de "amorprópriux", mandarlle uns cantos ciber-menhires á editorial". Se optamos por enviar o noso "menhir", podemos facer a inscrición aquí. Tamén a Mesa pola Normalizacións Lingüística iniciara unha campaña con este fin.


4,33/5 (9 votos)

Comentarios (3)

Dias #1 28/Maio/2007 Dias

Existem em galego-português 33 títulos do Astérix. Todos quantos os que foram publicados na versom original.

eugalego #2 29/Maio/2007 eugalego

Um gallifante pra Dias.

LOIS_DE_SILAN #3 29/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

Precisamente!, porque non hai demanda abondo é polo que non o sacan en galego!
Amais, nótase que se le moi ben en castelán!

Moi mal se pensades que pola vía do xogo da oferta-demanda ides conseguir o respecto dos dereitos lingüísticos na Galiza....NINGUNHA LINGUA CON RELATIVAMENTE POUCOS USUARIOS TÉN NINGÚN FUTURO COAS REGRAS DO MERCADO LIBRE!

O album saíu publicado no 2005 e xa vai aló medio 2007 e ben vedes o resultado das vosas colosais presións!

A normalización do galego, o respecto dos dereitos lingüísticos na Galiza non se acada con estas reivindicacións atomizadas, senón esixindo o cumprimento do ordenamento xurídico....é ó Parlamento, é á Xunta, é ós Tribunais,...é ós poderes públicos a quen corresponde esixir a Salvat-Bruño e mais ÓS RESTANTES OPERADORES LINGÜÍSTICOS o respecto dos dereitos lingüísticos na Galiza...deixádevos de dar xostregadas ó ar!...acabaredes cansos e non vai haber mexunxe máxico que vos restaure as forzas!...a min non me custa nada desexarvos sorte, mais non vos é o camiño!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: