Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

A Selección Catalá enfrontarase aos EUA

O partido será o vindeiro 14 de outubro, no mesmo día que a selección estatal marcha xogar a Dinamarca para se clasificar para a Eurocopa 2008. O escenario escollido para o histórico partido podería ser o Estadi Olímpic Lluís Companys de Barcelona.

Redacción - 18:47 28/05/2007
Imaxe duns siareiros cataláns, polas seleccións nacionais

Imaxe duns siareiros cataláns, polas seleccións nacionais

A Federació Catalá de Fútbol e a Federación Norteamericana acaban de asinar un acordo para disputar un amistoso, dentro da competición da FIFA. A selección dos EUA ten previstos varios partidos deste tipo en Europa no mes de outubro e o primeiro é este contra os cataláns. Despois aínda han xogar contra Suíza.

Parece ser que o seleccionador norteamericano Bob Bradley, se mostrou entusiasmado de poder xogar contra "Dúas seleccións europeas de nivel, como son Catalunya e Suíza".

Os EUA tampouco andan mal de nivel, segundo as estatíticas, xa que están no número 29 do ránking de seleccións da FIFA e é unha das equipas que teñen feito unha mellor progresión nos últimos anos. O fútbol, neste tempo, pasou de ser un deporte minoritario e esquecido en norteamérica para ocupar un posto destacado desque teñen selección.

A Liga dos EUA, a Major League Soccer mellora cada tempada o seu nivel; a selección norteamericana xa ten disputado ininterrompidamente os cinco últimos mundiais de fútbol -en Italia, Francia, Corea, Xapón, Alemaña, e tamén na casa-, e os seus xogadores destacan nas ligas europeas. É o caso de DaMarcus Beasley, que xoga no PSV Eindhoven; Michael Bradley, que xoga no Heerenveen; Tim Howard, do Everton; Oguchi Onyewu, do Standard de Lieja); e Kasey Keller, do Borussia Moenchengladbach. O capitán da selección, Landon Donovan, xoga en Los Angeles Galaxy.

Os cataláns, mentres, están a se preparar para os encontros do II Día das Seleccións Catalanas (Dia de les Seleccions Catalanes), que se vai celebrar do 8 ao 10 de xuño en Reus, no que, ademais de partidos internacionais, exhibicións deportivas... vai haber concertos e outras actividades lúdicas de culturais.


2,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: