Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Reimóndez, Molina Foix e Muramaki foron os premiados

Arcebispo Juan de San Clemente para 'O club da calceta'

O alumnado de secundaria de cinco centros de ensino galegos decidiu premiar a María Reimóndez, Vicente Molina Fox e Haruki Murakami, nas categorías de lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira, respectivamente, na XIII edición certame literario.

Redacción - 17:41 27/06/2007
'Kafka na beira', de Haruki Muramaki

'Kafka na beira', de Haruki Muramaki

Este premio, promovido polo Instituto compostelán Rosalía de Castro, foi resolto este mércores 27, logo de seren dadas a coñecer o 6 de marzo as novelas finalistas. O xurado integrábano rapaces de ESO e de Bacharelato do IES Luís Seoane de Pontevedra; do IES Foz, de Foz (Lugo); do IES Xermán Ancochea Quevedo, de Pobra de Trives (Ourense); do IES Cacheiras de Teo (A Coruña) e do propio IES Rosalía de Castro.

Tíñao difícil, fronte a contrincantes como Spam, de Francisco Castro e editada por Galaxia, ou o premio Xerais do ano pasado, Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras. Finalmente, foi a novela precisamente finalista aos Premios Xerais no 2005, O club da calceta, de María Reimóndez, a gañadora deste XIII Arcebispo San Clemente.

En lingua castelá, a vencedora foi El abrecartas, de Vicente Molina Foix, editada por Anagrama, que competía con Mauricio o las elecciones primarias, de Eduardo Mendoza (Seix Barral) e Abril rojo, de Santiago Roncagliolo (Alfaguara). Na categoría de lingua estranxeira (en edicións traducidas), a escolleita foi Kafka en la orilla, de Haruki Murakami (publicada en TusQuets), por riba das outras dúas finalistas, El mar, de John Banville en Anagrama; e Perdido el paraíso, de Cees Nooteboom e editado por Siruela.

O premio está dotado con 3.000 €, e será entregado a finais deste ano ou comezos do que vén. Xa o gañaron autores galegos como Isidro Novo, Suso de Toro, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros ou Teresa Moure, ou, dende o Ámbito hispánico, Javier Cercas, Vargas Llosa, Carmen Martín Gaite ou Almudena Grandes. e da esfera internacional como Abraham Yeshoúa, Antonio Tabucchi, José Saramago, Paul Auster ou Melania G. Mazzucco, entre outros.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'O abrecartas', de Vicente Molina Foix
'O abrecartas', de Vicente Molina Foix
'O club da calceta', de María Reimóndez
'O club da calceta', de María Reimóndez