Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xogos Náuticos Intercélticos

Os galegos destacan entre todos os deportistas dos países celtas

Os Xogos Náuticos Intercélticos están a se desenvolver en Morlaix, en Bretaña, até o domingo 22 de xullo.

Redacción - 10:10 18/07/2007
A delegación galega

A delegación galega

Na sexta feira 13 de xullo comezaron en Morlaix os Xogos Náuticos Intercélticos, nos que Galiza participa con deportistas das federacións de surf, piragüismo, remo, actividades subacuáticas e vela.

As probas fóronse sucedendo, e os primeiros resultados destas son favorábeis para a delegación galega. Entre as proezas deportivas dos galegos, hai que destacar a do combinado da Federación Galega de Remo, que gañou todas as regatas nas que competiu. Tamén foi así en kayak polo feminino (venceron a Euskadi e a Cornualles). En kayak polo masculino, a Federación Galega de Piragüismo venceu tamén a Euskadi por 8 a 0.

Na modalidade de vela adaptada, José Barrio, competidor de Mini Ji de vela adaptada, só puido ser oitavo, logo de ter problemas co seu barco, que sufriu a rotura dunha peza en plena regata.

Nesta web pódese completar toda a información sobre os Xogos Náuticos Intercélticos, e ver as fotografías da delegación galega en Morlaix (Bretaña).


4.9/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: