Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PESAR DAS CRÍTICAS

A Xunta aproba o Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa

Era o último paso necesario antes da aprobación definitiva da licenza de actividade.

Redacción - 13:45 19/07/2007
Tags:

O Consello da Xunta deulle luz verde este xoves ao Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa. O plan establece os sistemas de respostas a posíbeis situacións de risco. A documentación baséase na información aportada pola propia empresa e que foi supervisada polo Goberno.

O plan establece un perímetro de seguridade de 400 metros que, segundo a Xunta, é a zona de risco en caso de accidente. O plan vai estar dispoñíbel na páxina web da Dirección Xeral de Protección Civil tan axiña como se publique no Diario Oficial de Galicia, DOG.

Ao remate do Consello da Xunta, o presidente, Emilio Pérez Touriño, explicoulle aos xornalistas que este era o último paso antes da aprobación definitiva da licenza de actividade. Este trámite ten que resolvelo o Ministerio de Industria.


5/5 (2 votos)

Comentarios (9)

carlosroca #1 19/Xullo/2007 carlosroca

O PSOE de Touriño deu a autorización. Que vai facer o IU que goberna en Ferrol con ese mesmo PSOE?

Calidonia #2 19/Xullo/2007 Calidonia

O BNG e Industria son cómplices. Que pensas facer ti co BNG?

dalai #3 19/Xullo/2007 dalai

que vergoña!!!

Calidonia #4 19/Xullo/2007 Calidonia

Segundo o Goberno galego, o texto realizouse no cumprimento dos reais decretos 1254/1999 (ollo), 1196/2003, 119/2005 e 948/2005, que establecen as medidas de control dos riscos en accidentes graves con substancias perigosas.

Unha veciña de Mugardos certifica que a súa vivenda se atopa a tan só 150 metros duns tanques de almacenamento de gas licuado da planta, polo que denuncia que as instalacións incumpren o Real Decreto 1254/1999 (ollo) sobre a distancia a núcleos de poboación.

Tirado de http://www.xeracion.com/nova/2...

carlosroca #5 20/Xullo/2007 carlosroca

http://www.bng-galiza.org/ferr...
O BNG non engana, fixa posicións e as cumpre. Do resto non podemos dicir o mesmo....
Repito a pergunta, que vai facer IU en Ferrol, vai seguir no goberno co PSOE que acaba de aprobar o plano de emerxencia? El non era un tema fundamental, o primeiro en importancia? Pasou a ser o problema número....?

Chela #6 20/Xullo/2007 Chela

Veña! Que máis lle poden botar por riba a Ferrol? Ben se sabe que hai vivendas ao lado da Planta de Gas, a menos de 400 metros como di Calidonia.

Moita xente de Ferrol ollaba con esperanza o cambio de goberno municipal. Que tristura!!!

Cando morrerá Ferrol? Poñémoslle data??

Tino #7 20/Xullo/2007 Tino

IU-EU: caladiños en Madrid sen dicir pio cando se aprobou a planta.
Piden unha planta igual para Asturias.
Unha señora ,,certifica" q a sua casa está a X metros da planta: unha persoa non pode certificar nada, terao q facer un fedatario publico. E por q IU non impediu a creación da planta ao lado desa casa antes?
Deixou q fixeran o problema e agora fanse os defensores do povo!!!

ecoe #8 20/Xullo/2007 ecoe

É que o bng non está no allo en Trasancos? Qué lles pasou ós Lastra e compañía desde hai ben tempo? Ónde está a claridade en público das posicións bng?

Calidonia #9 20/Xullo/2007 Calidonia

Carlos, deixa de xustificar o que non se pode xustificar. O BNG de Ferrolterra, a CIG das Pontes, os deputados varios en Cortes e no Parlamento non actuaron para defender a legalidade, actuaron para legalizar o ilegal e para garantir que todas as falsidades e ocultacións puideran seguir o seu curso, e actuaron para axilizar os trámites a sabendas de resolucións xudiciais en contra. O BNG recurriu desde a Xunta, que é á vez xuíz e parte neste tema, unha resolución do máximo tribunal de xustiza galego, preferindo gañar tempo e optando pola resolución nun tribunal de xustiza alleo. E así milleiros de cousas. As hemerotecas demostran como a inmensa maioría do electorado do BNG na época da alcaldía de Xaime Bello estaba en contra da localización de REGANOSA no interior da ría, e esa é a causa da debacle: que todo mundo sabe que o BNG se baixou os pantalóns diante dos poderosos vendendo ao pobo da comarca.

Se prefires vivir coa venda nos ollos é o teu problema, pero non deberías falar desde Vigo sen coñecemento de causa, sen ter vivido durante máis de 8 anos este engano e sen ter a túa casa e a túa vida afectada por este problema.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: